G3151322 - Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais II (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo central é responder á cuestión ¿Como ensinar ciencias naturais de forma
que se favoreza unha aprendizaxe significativa? Pode desglosarse no desenvolvemento destas capacidades:
- formular problemas para traballar en clase, relativos aos seres humanos e a saúde, aos seres vivos, ao medio físico e ás paisaxes do mundo.
- actualizar e analizar contidos das ciencias naturais, asociados ao coñecemento do medio natural, obxecto de aprendizaxe na educación primaria.
- propoñer obxectivos susceptibles de ser avaliados, e relativos ós distintos tipos de contidos.
- deseñar actividades de ensino e aprendizaxe, que teñan en conta os problemas que se presentan nas clases, nas que se integren destrezas e técnicas relacionadas co traballo no laboratorio
- analizar criticamente materiais curriculares, textos e proxectos de ciencias en primaria, e propoñer modificacións para o seu uso en clase.
- aplicar diferentes criterios para a selección e secuenciación de contidos.
- identificar distintos problemas de aprendizaxe en situacións reais ou simuladas.
- utilizar diferentes fenómenos, sucesos, seres vivos ou obxectos naturais do contorno como recurso e motivación para o traballo na aula
Contidos1- Natureza e estrutura das Ciencias da Vida e da Terra. Prácticas científicas.
2- As ciencias naturais no currículo de educación primaria. O desenvolvemento das competencias científicas. Os bloques de contido no currículo de Educación Primaria: Os seres humanos e a saúde. As plantas e os animais. O medio físico: espazo e materiais.
3- O ensino e a aprendizaxe das ciencias da vida e da terra. Obxectivos de aprendizaxe das ciencias naturais en primaria: aprendizaxe e uso de modelos; ideas do alumnado; destrezas de indagación; desenvolvemento de actitudes e valores. Análise e deseño de propostas didácticas.
4- Estratexias e recursos para o ensino das Ciencias da Vida e da Terra na Educación Primaria.
Interactivas
-Realizaranse sesións de laboratorio e 1 saída de campo.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
- Carmen L. del (1996) El análisis y secuenciación de los contenidos educativos. ICE Universidad de Barcelona / Horsori. Barcelona
- Claxton G. (1994) Educar mentes curiosas. El reto de la Ciencia en la Escuela. Visor, Madrid.
- Harlen W. (1989) Enseñanza y Aprendizaje de las Ciencias. Morata /MEC, Madrid.
- Jiménez Aleixandre M.P. (1996) Dubidar para aprender. Xerais, Vigo.
- Jiménez Aleixandre, M. P. (2010) 10 Ideas clave: Competencias en argumentación y uso de pruebas. Barcelona: Graó.
- Jiménez Aleixandre M.P., Caamaño, A. Oñorbe, A., Pedrinaci, E. e de Pro, A. (2003) Enseñar Ciencias. Barcelona: Graó
- Martí, J. (2012) Aprender ciencias en la educación primaria. Barcelona: Graó.
- Osborne R. y Freyberg P. (1991) El aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de la Ciencia infantil. Narcea, Madrid.
- Pujol, R. M. (2003) Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria. Madrid: Síntesis
- Sanmartí, N. (2007). Evaluar para aprender. Barcelona: Graó
- Shores, E. F. y Grace, C. (2004) El Portafolio paso a paso. Infantil y Primaria. Barcelona: Graó.
- Tann C. (1990) Diseño y desarrollo de unidades didácticas en la Escuela Primaria. Morata / MEC, Madrid.
- Xunta de Galicia (2007) Currículo da Educación Primaria. DOG, 9 xullo 2007.
- Zembal-Saul, C., McNeill, K. L. y Hershberger, K. (2013). What's your evidence? Engaging k-5 students in constructing explanations in science. Boston, MA: Pearson.
Bibliografía complementaria
- Revistas ALAMBIQUE, AULA de Innovación Educativa, Boletín ENCIGA
- Gutiérrez R. et al (1990) La Enseñanza de las Ciencias en la Educación intermedia. Rialp, Madrid.
- Pozo J.I., P. Echeverría M.P., Domínguez J., Gómez M.A. e Postigo Y. (1994) La solución de problemas. Santillana, Aula siglo XXI, Madrid.
CompetenciasCompetencias Xerais
G.1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G.2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G.8.- Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G.9.- Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
G.10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
G.11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias Específicas
E.25.- Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Bioloxía e Xeoloxía).
E.26.- Coñecer o currículo escolar destas ciencias.
E.27.- Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá.
E.28.- Valorar as ciencias como un feito cultural.
E.29.- Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sostible.
E.30.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
Competencias Básicas
B.1.- Demostrar que se posúen e comprenden os coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.- Aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área de estudo.
B.3.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5.- Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Transversais
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe.
Tanto nas sesións expositivas como nas interactivas traballaranse de forma integrada os contidos conceptuais e didácticos.
As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da asignatura por parte do profesorado. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio e co contorno. Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polos profesores tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesión se atenderá aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación con as súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa asignatura.
Úsase a aula virtual como ferramenta de comunicación.
Ao ser una metodoloxía participativa é indispensable a asistencia a clase.
Sistema de evaluaciónNa avaliación terase en conta:
Parte 1:
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio e na saída de campo, incluíndo presentacións oráis.
b. Elaboración dun portfolio individual que comprenda unha reflexión escrita sobre os contidos abordados nas sesións expositivas, poñendo de manifesto o aprendido, así como sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas.
Para superar a materia será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais.
Parte 2:
c. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva.
A contribución de cada un dos apartados á cualificación final será:
- Apartado a: 15%
- Apartado b: 35%
- Apartado c: 50%
O alumnado repetidor e con exención de docencia deberán falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre no primeiro caso e na mesma semana da solicitude da exención no segundo, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
Os alumnos que non superen a materia na convocatoria de xuño e se presenten na convocatoria de xullo deberán falar previamente co profesorado para concretar o plan de traballo.
Calquera outra situación excepcional deberá comunicarse ó docente.
Tempo de estudo e traballo persoalEsta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas de laboratorio e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
- Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaA metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.