Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151324 - Ensino e Aprendizaxe de Competencias Comunicativas:Lingua e Literatura Galegas (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN.NON
Blanco Garcia, Carmen.NON
PENA PRESAS, MONSERRAT.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Bloque I:Lingua e literatura galega.

    - Coñecer ferramentas e recursos ós que poder acudir para a resolución de dúbidas, para a ampliación de coñecementos ou para a obtención de datos de cara á reflexión lingüística e literaria.
    -Recoñecer, a partir de textos diversos, as características que distinguen os dous planos da variación diamésica (oral e escrita) e as variacións da diversidade literaria.
    -Consolidar un dominio avanzado na produción de textos orais e escritos en lingua galega e no coñecemento e na comprensión da literatura galega para a súa posterior aplicación na profesión docente.

    Bloque II:Didáctica da lingua e da literatura galega.

    -Aprender o emprego dos medios instrumentais adecuados para a práctica docente nesta área, desenvolvendo unidades didácticas de lingua e literatura, planificando contidos e actividades e definindo os criterios de avaliación de cada etapa.
    -Dominar os contidos conceptuais e procedementais precisos sobre a lingua e a literatura galegas para desenvolver o proceso de ensino-prendizaxe.
    -Coñecer e analizar o marco curricular legal da área na etapa de educación primaria.

    Contidos
    Bloque I. Lingua e literatura galega.

    a) Lingua oral e lingua escrita. Características específicas. Variación e estándar. A lingua estándar como referente da docencia: o estándar oral e o estándar escrito.
    b) A literatura na ensinanza. Creación, coñecemento, comunicación e acción. Funcións ética, estética e lúdica. A literatura galega: interpretacións e comprensión na súa historia e textos.

    Bloque II. Didáctica da lingua e da literatura galega.

    a) O currículum da lingua e da literatura galega na Educación Primaria.
    b) A educación lingüística en lingua galega: problemática e retos. O enfoque comunicativo a través das catro destrezas básicas.
    c) A educación literaria en lingua galega: claves para o seu desenvolvemento. Animación á lectura e escritura creativa. A literatura infantil e xuvenil galega.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bloque I
    ÁLVAREZ, R. e XOVE, X. (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
    BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA, bvg http://www.udc.es/
    CASTELLÀ LIDON, Josep M. (2004). Oralitat i escriptura: dues cares de la complexitat del llenguatge. Barcelona: Publicacións de l’Abadia de Montserrat.
    FERNÁNDEZ REI, F. (1990). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.
    FERNÁNDEZ REI, F. e HERMIDA GULÍAS, C. (ed.) (2002). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
    FERNÁNDEZ REI, F. (coord.) (2012). Arquivo do Galego Oral (AGO), en http://ilg.usc.es/ago.
    GONZÁLEZ, M. e SANTAMARINA, A. (coords.).Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). ILG / RA G, 2004.
    ILG / RAG (2003). Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. ILG-RAG [18ª edición].
    http://www.realacademiagalega.org/recursos
    REGUEIRA, X.L. (coord.) (1998). Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
    REGUEIRA, X.L (1999) “Estándar oral e variación social”, en ÁLVAREZ, R. e VILAVEDRA, D (editores): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. T. I. Pp. 855-875. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
    RODRÍGUEZ FER, C. (1991). Arte literaria. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
    RODRÍGUEZ FER, C. (ed.) (1992). Comentarios de textos contemporáneos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
    RODRÍGUEZ FER, C. (ed.) (1994). Comentarios de textos populares e de masas, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, Vigo.
    TARRÍO VARELA, A. (1994). Literatura galega, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, Vigo
    VILAVEDRA, D. (1999). Historia da literatura galega, Vigo: Editorial Galaxia, Vigo.

    Dicionarios:
    CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (2009). Gran dicionario Xerais da lingua. 2 Volumes. Vigo: Xerais.
    CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (2011). Dicionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais.
    FERNÁNDEZ DEL RIEGO, F. (1992). Diccionario de escritores en lingua galega, 2ª ed., Sada-A Coruña: Ediciós do Castro.
    FERNÁNDEZ SALGADO, B, (dir) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
    RAG (1997). Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña, en http://www.realacademiagalega.org/dicionario
    REGUEIRA, X.L. (coord.) (2012). Dicionario de pronuncia da lingua galega, Instituto da Lingua Galega–Real Academia Galega en http://ilg.usc.es/pronuncia.
    http://www.realacademiagalega.org/recursos.
    VILAVEDRA, D. (coord.) (1995 e 2000). Diccionario da literatura galega, 2 vol., Vigo: Editorial Galaxia. http://www.realacademiagalega.org/recursos.

    Bloque II:

    CASSANY, D. et al (2007). Enseñar lengua. Barcelona: Graó.
    CERRILLO, P (2010). Sobre lectura, literatura y educación. México: Porrúa.
    COLOMER, T. (1999). Introducción a la literatura infantil y juvenil. Madrid: Síntesis.
    DELMIRO COTO, B. (2002). La escritura creativa en las aulas. Barcelona: Graó.
    MARTÍN VEGAS, R.A. (2009). Manual de Didáctica de la Lengua y la Literatura. Madrid: Síntesis.
    MENDOZA FILLOLA, A. et al. (2006). Didáctica de la lengua para la enseñanza primaria y secundaria. Madrid: Akal.
    SÁNCHEZ MIGUEL, E. (2010). La lectura en el aula. Qué se hace, qué se debe hacer y qué se puede hacer. Barcelona: Graó.
    SILVA VALDIBIA, BIEITO (coord.) (1994). Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico. Santiago: ICE-Universidade de Santiago de Compostela.
    SILVA VALDIBIA, BIEITO (coord.) (2001). A lingua e a literatura: algúns aspectos didácticos. Santiago de Compostela: ICE-Universidade de Santiago de Compostela.
    SILVA VALDIBIA, B. e MOURIÑO CAGIDE, X. (2002). “Os materiais para o ensino e a aprendizaxe da lingua galega”. En Monteagudo Romero, H. e Bouzada, X. O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Santiago: Consello da Cultura Galega.
    XUNTA DE GALICIA (trad.) (2005). Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas.Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/ Centro Ramón Piñeiro.

    Competencias
    E45. Adquirir formación literaria e coñecer a literatura galega.

    E46. Coñecer o currículo escolar da lingua e a literatura galegas.

    E.47. Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente en lingua galega.

    G1 Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria e o corpo de coñecementos didácticos en torno ós procedementos de ensinanza e aprendizaxe.

    G2. Deseñar, planificar e avaliar os procesos de ensinanza e aprendizaxe da lingua e literatura galegas.

    G5 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas e contribuír á resolución pacífica de conflitos, coa aplicación práctica dos principios dos dereitos humanos. Estimular e valorar o esforzo persoal do alumnado.

    T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
    Metodoloxía da ensinanza
    Sesións expositivas (24 horas). Nelas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos que fundamentan os contidos da materia, con especial atención a aqueles que supoñan maior dificultade de comprensión. A explicación das profesoras apoiarase con frecuencia na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos. Supoñerán para o alumnado 35 horas de estudo autónomo.

    Sesións interactivas (24 horas). Taballaranse de forma aplicada algúns dos contidos vistos nas sesións expositivas. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo. Todas estas tarefas estarán guiadas e supervisadas polas profesoras. Suporán 45 horas de traballo persoal do alumnado.


    Titorías (3 horas). O alumnado será atendido en sesións de titoría , en grupos reducidos, coa fin de orientar o seu traballo e aprendizaxe. Dedicaranse especialmente á resolución de dúbidas sobre a materia ou tamén sobre as lecturas obrigatorias ou complementarias. Supoñerán 19 horas de traballo autónomo do alumnado.

    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):

    a) PARTICIPACIÓN NA AULA*: 5%.
    b) PROBAS ESPECÍFICAS: 60%.
    c) INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS CIENTÍFICAS**: 30%.
    d) PRESENTACIÓNS E OUTRAS PRODUCIÓNS ORAIS: 5%.

    Cada profesora avaliará a totalidade da actividade correspondente ós contidos impartidos por ela. Ademais, na 1º sesión, cada profesora informará ó alumnado das probas e producións concretas que establece para a súa parte.

    Para aprobar a materia será necesario ter superados os dous bloques da materia. Poderase facer media entre ambos sempre que ningunha das dúas cualificacións sexa inferior a 4 (sobre 10). Para poder superar a materia cómpre obter unha media de 5 puntos.

    *A asistencia ás aulas é obrigatoria, ó tratarse dun sistema de avaliación continua. Unha ausencia superior ó 20% imposibilita a avaliación do alumnado.
    ** Os diversos exercicios e traballos encargados terán que ser entregados / presentados nas datas que se acorden no seu momento na aula. A entrega puntual destes traballos será un requisito imprescindible.


    O alumnado que obteña DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE por parte da Xunta de Facultade e o acredite debidamente rexerase, tanto para a convocatoria de xaneiro coma na de xullo, polo sistema de avaliación que se describe na convocatoria de xullo. Aquelas persoas que opten por este sistema deberán poñerse en contacto coas profesoras no momento en que teñan solicitada a dispensa de asistencia.

    O alumnado que asista a entre o 50 e o 80% das sesións presenciais non poderá ser avaliado do apartado A, mais si poderá obter puntuación nos apartados B, C e D.

    O alumnado que asista a menos do 50% das sesións presenciais non poderá ser avaliado do apartado A. Dada a natureza da materia, unha asistencia tan limitada inflúe na puntuación final dos apartados C e D que, como se sinalou, son avaliados en función dos traballos escritos e as exposicións orais que o alumnado realiza nas sesións presenciais.

    CONVOCATORIA DE XULLO:

    1. O alumnado que teña que acudir á convocatoria de xullo só terá dereito á realización da proba específica, e manteránselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados (A, C, D).

    2. Se no período ordinario non obtivo cualificación nalgún dos 4 apartados, participará na mesma proba final que especificamos no parágrafo anterior pero a súa cualificación será, como máximo, de 6 puntos. [Neste caso non se admitirán outro tipo de traballos].

    ALUMNADO REPETIDOR:
    Para o alumnado repetidor, por primeira vez, da materia a avaliación reducirase á proba final (común ós casos anteriores), e poderáselle respectar, durante o seguinte curso académico as cualificacións obtidas nos restantes apartados obxecto de avaliación, así como a súa proporcionalidade.

    No caso do alumnado que repite a materia por segunda vez e sucesivas deberá falar coas docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, coa fin de concretar o plan de traballo que cómpre seguir para superar a materia.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Como consta na Memoria da Titulación, nesta materia obrigatoria de 6 créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial (clases expositivas, clases interactivas, titorías, exames) e 99 horas a traballo autónomo e preparatorio (lecturas, recensións, redacción de traballos escritos, preparación de exposicións e exercicios de diverso tipo).
    Recomendacións para o estudo da materia
    -Asistir ás clases presenciais, nas que se darán as pautas e orientacións precisas para a realización do traballo autónomo e permitirán levar un seguimento continuado do traballo realizado polo alumnado mediante a participación na aula e a realización de diversos traballos.
    -Participar activamente no traballo común nas aulas cunha actitude aberta e respectuosa cos compañeiros e compañeiras e coas docentes.
    -Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.
    -Recoméndase, polo ben común do alumnado, evitar o plaxio nas súas producións científicas. Os traballos entregados deberán ser orixinais.
    Observacións
    O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas que se establezan para a entrega de traballos. Recoméndase que se poña en contacto coas profesoras en canto teña solicitado esa dispensa de asistencia e que manteña un seguimento activo da materia mediante as titorías e o contacto cos compañeiros.