Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151325 - Ensino e Aprendizaxe da Medida, Probabilidade e Estatística (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Áreas: Didáctica da Matemática
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA LOSADA, MARIA DE LOS ANGELES.SI
GARCIA LOSADA, MARIA DE LOS ANGELES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer o tratamento curricular da matemática na Educación Primaria e as implicacións cara á súa ensinanza e aprendizaxe.

    - Adquirir unha formación matemática básica que capacite aos estudantes para levar a cabo o seu labor docente, con énfase nos contidos que atinxen á medida, probabilidade e estatística.

    - Interrelacionar as nocións matemáticas con situacións reais, tentando fomentar no futuro docente de Primaria unha idea positiva sobre a ensinanza da matemática e a matemática en xeral.

    - Desenvolver a capacidade de analizar, razoar e comunicar eficazmente argumentacións matemáticas.

    - Coñecer elementos necesarios para intervir no proceso de ensinanza/aprendizaxe da medida, probabilidade e estatística: dificultades e erros, estratexias, recursos e métodos didácticos.

    - Percibir o coñecemento matemático como parte da nosa cultura, con un carácter interdisciplinar e socialmente útil.

    Contidos
    Temas a desenvolver:

    1. Magnitudes e a súa medida

    2. Estimacións. Aproximación e error

    3. Organización, representación e análise de datos

    4. Tratamento do azar e probabilidade

    5. Dificultades de aprendizaxe da medida, probabilidade e estatística

    6. Propostas curriculares para a educación primaria


    Contidos recorrentes:

    Resolución de problemas

    Materiais e recursos

    Currículo escolar de matemáticas

    Bibliografía básica e complementaria
    Dentro da colección "MATEMÁTICAS. CULTURA Y APRENDIZAJE" da editorial Síntesis, os libros que tratan os contidos do programa constitúen un recurso básico. Outro material bibliográfico orientador dos contidos:
    - ALSINA, A. (2004): Desarrollo de competencias matemáticas con recursos lúdico-manipulativos para niños y niñas de 6 a 12 años. Ed. Narcea.
    - ÁLVAREZ, A. (1996): Actividades matemáticas con materiales didácticos. MEC. Madrid. -- ---
    - BATANERO, C. (2001). Didáctica de la Estadística. Granada: Grupo de Investigación en Educación Estadística. Departamento de Didáctica de las Matemáticas.Universidad de Granada. [Recuperable en, http://www.ugr.es/local/batanero/].
    - BATANERO, C y GODINO, J.D... (2003). Estocástica y su didáctica para maestros. Departamento de Didáctica de las Matemáticas. Universidad de Granada. ISBN: 84-932510-0-3. [ 75 páginas; 1,5 MB] (Recuperable en, http://www.ugr.es/local/jgodino/)
    - CANALS, M. A.(2009). Estadística, combinatoria y probabilidad. Colección Los Dossiers de M.A. Canals, nº103. Ed. Associació de Mestres Rosa Sensat.
    - CANALS, M. A. (2009). Medidas y geometría. Colección Los Dossiers de M.A. Canals, nº 108. Ed. Associació de Mestres Rosa Sensat.
    - CASTRO, E. (ed.) (2001). Didáctica de la matemática en Educación Primaria. Síntesis. Madrid. -CHAMORRO, M.ª C. (2003): Didáctica de las Matemáticas, Ed. Pearson.
    - DICKSON, L., BROWN, M. e GIBSON, O. (1991). El aprendizaje de las matemáticas. Labor e MEC. Barcelona.
    -ENGEL, A. (1975). Estadística y Probabilidades en la Escuela. Barcelona, Teide.
    - GETE, J.C. e outros (1989): Medida y realidad. Ed. Alhambra.
    - GODINO, J. D. e RUIZ, F. (2003). Matemáticas y su Didáctica para maestros. Departamento de Didáctica de las Matemáticas. Universidad de Granada. ISBN: 84-932510-1-1. (Recuperable en, http://www.ugr.es/local/jgodino/)
    - GOÑI, J. M. (2000): El curriculum de Matemáticas en los inicios del siglo XXI, Biblioteca UNO, ed. GRAÓ.
    - MEAVILLA, V. (1995). Medir sin esfuerzo, Ed. Alhambra longman, 1995.
    - MEC. (2006). RD 1513/2006, de 7 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas da Educación Primaria. BOE, 8 de decembro de 2006, núm. 293.
    - NCTM (2003). Principios y Estándares para la Educación Matemática. Sevilla: SAEM Thales.
    -PRADA de, M.D. (1990): Cómo enseñar las magnitudes, la medida y la proporcionalidad. Ed. Ágora.
    - XUNTA DE GALICIA (2007). Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 9 de xullo de 2007, núm. 132.


    WEBGRAFÍA:
    http://www.aulainfantil.com
    http://www.buenaonda.fm/mates
    http://capileiraticrecursos.wikispaces.com/RECURSOS+PARA+E.+PRIMARIA
    http://descartes.cnice.mecd.es
    http://www.divulgamat.net/
    http://www.educa.madrid.org
    http://www.matematicalia.net/
    http://www.matematicas.net
    http://www.redemat.com
    http://thales.cica.es
    http://www.ugr.es/~jgodino/edumat-maestros/welcome.htm

    Revistas españolas de investigación e experiencias en Educación Matemática:
    - "EPSILON", publicada pola Sociedad Andaluza de Profesores de Matemáticas THALES.
    - "GAMMA", publicada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática.
    - "NÚMEROS", da Sociedad Canaria de P. de M. ISAAC NEWTON.
    - "SUMA", editada pola Federación Española de Profesores de Matemáticas.
    - "UNO", editada por GRAÓ.

    No desenvolvemento do programa farase uso doutros recursos que salientaremos no momento oportuno.
    Competencias
    Competencias e resultados da aprendizaxe que o alumnado debe adquirir:

    Competencias xerais (G):

    G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
    G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
    G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
    G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.


    Competencias específicas (E) da materia:

    E38. Adquirir competencias matemáticas ( estimación e medida, organización e interpretación da información, azar e probabilidade).
    E39. Coñecer o currículo escolar de matemáticas.
    E40. Analizar, razoar e comunicar propostas matemáticas.
    E41. Expor e resolver problemas vinculados coa vida cotiá.
    E42. Valorar a relación entre matemáticas e ciencias como un dos alicerces do pensamento científico.
    E43. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.

    Competencias transversais (T):

    T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1,5 horas en grupo expositivo e unha de 1,5 horas en grupo de seminario. Cada estudante contará así mesmo con 3 horas de titorías programadas, distribuídas ao longo do transcurso da materia.

    As actividades formativas en grupo expositivo están concebidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado. O profesorado utilizará a exposición, e o alumnado resolverá determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as seguintes competencias: G1, G8, G11; E38, E39, E40, E41, E42; B1, B4; T3. Tamén servirán para que os/as estudantes presenten traballos e outras producións ante os seus compañeiros, e para o debate en grupo clase.

    As actividades en grupo interactivo desenvolveranse preferentemente no marco de métodos de resolución de problemas matemáticos e didácticos, coa utilización de recursos e materiais, implicando tamén un importante traballo autónomo individual e en grupo. Isto propiciará o desenvolvemento das competencias máis ligadas ao pensamento crítico e, en xeral, á boa parte das competencias citadas (G1, G2, G4, G11; E38, E39, E40, E41, E42, E43; B2; T3).
    O debate, a lectura e comentario de documentos e a realización e exposición de traballos, requerirá unha porcentaxe elevada de horas de dedicación persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado.
    Nas sesións de titorías programadas o alumnado será atendido en grupos moi reducidos; tratarase de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias G1, G2, G8, G11; E38, E39; E40; B1, B2, B3.

    Outras actividades prácticas:

    As prácticas a realizar no exterior terán un carácter máis trasversal e interdisciplinar que as demais actividades. No seu desenvolvemento poderán estar implicadas outras áreas de coñecemento. Como exemplo temos a práctica “Estudo de parcelas e especies arbóreas e arbustivas no Parque Rosalía de Castro”, que implica tamén á materia Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais II.

    Así mesmo, o alumnado disporá de aula virtual de apoio á materia.

    Sistema de evaluación
    A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:

    Parte I:

    A) PARTICIPACIÓN NAS SESIÓNS PRESENCIAIS (G8, G11, E38, E39, E40, E41, E42, E43, B1, B2, B3, T3): 10%

    B) INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS OU ORAIS (G1, G2, G4, G8, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, T3): 30%

    C) PRESENTACIÓNS ORAIS (G1, G2, G8, G11, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, B4, T3): 10%

    Parte II:

    D) PROBAS ESPECÍFICAS (G1, G8, E38, E39, E40, E41, B1, B2, B3): 50%

    PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO TER SUPERADO AS DÚAS PARTES: parte I e parte II.


    Orientacións cara á avaliación:

    - Parte I: A implicación nas sesións presenciais e nas actividades programadas, así como a presentación en tempo e forma dos documentos, proxectos e traballos requeridos, será entón, condición necesaria para a superación da materia.
    - As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia, sedundo a normativa vixente na USC.
    - Para poder optar a cualificación positiva no apartado (A) será necesaria, que non suficiente, a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais. O alumnado en condición de dispensa de asistencia ás clases teóricas, contactará co profesorado da materia nas dúas primeiras semanas de inicio das clases.

    - A proba específica, recollida como parte II, consistirá nun exame ou exames escritos sobre coñecementos de matemáticas e da súa didáctica reflectidos no programa. Será por tanto necesario superar tamén esta proba para ter a opción de, á súa vez, superar a materia.

    - A criterio do profesorado, poderanse conservar algunhas das cualificacións para xullo e para o curso académico seguinte.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    HORAS PRESENCIAIS: 51 horas en función de

    - ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (24 horas)
    Actividade expositiva
    Práctica en grupo clase
    Presentación dun plan de traballo
    Realización de proba específica

    - ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO /SEMINARIO (24 horas)
    Resolución de problemas
    Estudo de casos
    Debates
    Proxectos e traballos

    - ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (3 horas)
    Reflexión traballo grupo
    Discusión de proxectos

    HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas en función de

    - ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (35 horas)
    Lectura de documentos
    Estudo
    Preparación de proba específica

    - ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO/SEMINARIO (45 horas)
    Lectura de documentos
    Preparación de presentacións e materiais
    Búsqueda de información complementaria
    Reflexión en pequenos grupos

    - ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (19 horas)
    Resolución de dúbidas
    Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo
    Actividades de autoavaliación

    HORAS TOTAIS: 150

    Recomendacións para o estudo da materia
    Atendendo á metodoloxía que se vai seguir, e ao sistema de avaliación exposto, a asistencia ás clases e o traballo nelas, favorecerá a adquisición dos contidos e a recollida de información.

    Por outra banda, a consulta da bibliografía e a webgrafía que se recomendan , axudará ao alumnado a avanzar nas súas aprendizaxes e consolidalas.
    Dada a formación heteroxénea que o alumnado amosa ao respecto dos contidos matemáticos, faise necesario un seguimento e atención ás veces individualizado, cobrando especial importancia o traballo en titorías e a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe.

    O alumnado que necesite dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá facelo saber ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que sexan valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu).



    Observacións
    O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas, deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, sendo necesario, como xa quedou sinalado, que manteña contacto co profesorado para garantir o óptimo desenvolvemento da materia.