G3151327 - Didáctica da Educación Física (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA materia de Didáctica da Educación Física está dirixida á adquisición, por parte do alumnado, de estratexias de intervención no Ámbito da Educación Física escolar.
O obxectivo principal é dotar ao alumnado dos coñecementos, habilidades e destrezas necesarias para poder observar, intervir e reflexionar sobre os contextos e os procesos de ensino e aprendizaxe nas clases de Educación Física
Para alcanzar este obxectivo xeral e desrrollar as competencias que se establecen no Plan de Estudos para esta materia proponse os seguintes obxectivos específicos:
Obxectivos referidos ao saber.
1. Coñecer e comprender o concepto actual da Educación Física, a súa contrucción histórica e o seu valor educativo.
2. Coñecer o deseño currícular na Educación Física. Os seus elementos. A súa utilización e a súa aplicación na escola.
3. Entender as competencias básicas e a súa implicación para a aprendizaxe para toda a vida.
4. Coñecer os metodos didácticos da Educación Física mediante a organización e estructuración de unidades e programacines didácticas de E.F.
5. Coñecer e aprender a deseñar e organizar unha programación didáctica na área de E.F.
6. Adquirir concocimientos teórico-prácticos relativos ás capacidades perceptivos-motrices, das habilidades e destrezas, da expresión e comunicación corporal, do xogo e actividades deportivas, da saúde corporal e das capacidades físicas.
Obxectivos referidos ao saber facer.
1. Analizar o curriculum da área de Educación Física, adoptando unha actitude reflexiva e crítica da orientación que se lle dá a esta materia no contexto educativo.
2. Elaborar propostas curriculares e levalas á práctica, mostrando alternativas coherentes cunha perspectiva educativa da Educación Física. Reflexionar sobre a práctica realizada, analizando as diferentes propostas e propor novas alternativas
3. Aplicar satisfactoriamente os metodos didácticos da Educación Física mediante a organización e estructuración de unidades e programacines didácticas de E.F.
3. Deseñar métodos concretos e obxectivos de avaliación educativa no ámbito da Educación Física.
4. Desenvolver condutas de observación-experimentación que axuden a avaliar e comprender as condutas motrices do alumnado
Obxectivos ao saber ser
1. Valorar o concepto actual da Educación Física, a súa contrucción histórica e o seu valor educativo.
2. Recoñecer o valor educativo dela educación física como elmeento para o desenvolvemento armónico dos nenos e nenas desta etapa educativa
3. Valorar a importancia da educación física como medio para promiver estilos de vida saudable para o desenvolvemento da saúde física e emocional dos nenos e as nenas.
4. Estimular o respecto á pluralidade, favorecendo unha actitude tolerante ante as diferenzas individuais.
ContidosCONTIDOS TEÓRICOS:
BLOQUE TEMÁTICO I: A EDUCACIÓN FÍSICA: CONCEPTO, HISTORIA E EVOLUCIÓN.
Tema 1. A Educación Física: Concepto, evolución histórica e desenvolvemento das diferentes concepcións.
Tema 2. Tendencias renovadoras e actuais da Educación Física.
BLOQUE TEMÁTICO II: A área DE EDUCACIÓN FÍSICA NO CURICULUM DA EDUCACIÓN PRIMARIA.
Tema 3. Deseño e desenvolvemento curricular e a súa relación coa Educación Física.
Tema 4. Contribución da área á consecución das competencias básicas.
Tema 5. Os obxectivos da Educación Física na Educación Primaria.
Tema 6. Os contidos da Educación Física na Educación Primaria
Tema 7. Orientacións metodológicas e criterios de avaliación.
BLOQUE TEMÁTICO III: A DIDÁCTICA DA EDUCACIÓN FÍSICA.
Tema 8. A metodoloxía de ensino: Métodos de ensino e recursos educativos en Educación física.
Tema 9. A sesión en Educación Física.
Tema 10. A avaliación en Educación Física: Avaliación do proceso de aprendizaxe e do proceso de ensino: estratexias, técnicas e instrumentos de avaliación.
BLOQUE TEMÁTICO IV: DESEÑO E DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMACIÓNS EN EDUCACIÓN
FÍSICA.
Tema 11: Deseño e desenvolvemento de programacións didácticas de Educación Física. (Enmarque curricular. Obxectivos didácticos. Contidos. Actividades de ensino-aprendizaxe. Temporalización. Recursos e medios. Avaliación. Atención á diversidade).
Tema 12: Deseño e desenvolvemento de unidades didácticas de Educación Física.
Tema 13: Deseño e desenvolvemento de sesións de ensino/aprendizaxe en Educación Física.
CONTIDOS PRÁCTICOS
O desenvolvemento dos contidos prácticos da materia deseñáronse en función dos 5 grandes bloques de contidos do Curriculum de Educación Física en Educación Primaria para poder adquirir unha bagaxe mínima nesta materia así como sesións onde os alumnos poidan experimentar diferentes estilos de ensino (desde os máis directivos ata os creativos):
1. Sesións de desenvolvemento práctico do bloque de “O corpo: imaxe e percepción”
2. Sesións de desenvolvemento práctico do bloque de “Habilidades motrices”
3. Sesións de desenvolvemento práctico do bloque de “Actividades físicas artístico-expresivas”
4. Sesións de desenvolvemento práctico do bloque de “Actividade física e saúde”
5. Sesións de desenvolvemento práctico do bloque de “ Xogos e deportes”
6. Sesións de desenvolvemento dos estilos de ensino: Mando directo , asignación de tarefas , resolución de problemas.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA FUNDAMENTAL
CHINCHILLA, J., & ZAGALAZ, M. (1997). Educación Física y su Didáctica en Primaria. Jaen: Jabalcuz.
CONTRERAS, O. (1998). Didáctica de la Educación Física. Un enfoque constructivista. Barcelona: INDE.
SÁNCHEZ BAÑUELOS, F. (. (2002). Didáctica de la Educación Física (en primaria). Madrid: Prentice Hall.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ALONSO, P. (1994). La Educación Física y su didáctica. Madrid: ICCE.
ANNICCHIARICO, R. (2005). Manual de didáctica de la Educación Física. Santiago de Compostela: CopyNino.
ANTÚNEZ, S., DEL CARMEN, L., IMBERNÓN, F., PARCERISA, A., & ZABALA, A. (1995). Del Proyecto educativo a la programación de aula. Barcelona: Grao.
BAYER, C. (1986). La enseñanza de los juegos colectivos deportivos. Barcelona: Hispano-Europea.
BLÁNDEZ, J. (1995). La utilización del material y del espacio en Educación Física. Propuestas y recursos didácticos. Barcelona: INDE.
BLÁZQUEZ, D. e. (1995). La iniciación deportiva y el deporte escolar. Barcelona: INDE.
BLÁZQUEZ, D. (1990). Evaluar la Educación Física. Barcelona: INDE.
CAMERINO, O; CASTAÑER, M. (2001). De la renovación pedagógica a un enfoque global sistémico de la Educación Física. En B. VÁZQUEZ, O. CAMERINO, M. GONZÁLEZ, F. DEL VILLAR, J. DEVIS, & P. SOSA, Bases educativas de la Actividad Física y el Deporte (págs. 85-102). Madrid: Síntesis.
CARREIRO DA COSTA, F. (1996). Condiçoes e factores de ensino-aprendizagem e conducta motoras significtivas: uma análise a partir da investigaçao realizada em Portugal, Sociedade Portuguesa. Boletin de Educaçao Física, nº14 .
CASTAÑER, M., & CAMERINO, O. (1983). La conciencia corporal. En VV.AA., Fundamentos de la Educación Física para Enseñanza Primaria. Barcelona: Inde.
CASTAÑER, M., & CAMERINO, O. (1996). La Educación Física en la Enseñanza Primaria. Barcelona: INDE.
CECCHINI, J. (1993). Historia de la Educación Física. Oviedo: Gráficas Fonseca.
COLL, C. (1989). Diseño Curricular Base y Proyectos Curriculares. Cuadernos de Pegagogía nº 168 , 8-14.
CONTRERAS, O. (2000). Hacia una Educación Física que tenga en cuenta la diversidad. En E. y. RIVERA, Educación Física ante los retos del nuevo milenio (págs. 13-22). Granada: Adhara.
CONTRERAS, O. (2009). Intervención intercultural desde la Educación Física. En VV.AA., La Educación Física en la sociedad actual (págs. 91-113). Sevilla: Wanceulen.
CONTRERAS, O., DE LA TORRE, E., & VELÁZQUEZ, R. (2001). Iniciación Deportiva. Madrid: Síntesis.
CRATTY, B. (1982). Desarrollo perceptual y motor en los niños. Buenos Aires: Paidós.
DELGADO NOGUERA, M. (1991). Los Estilos de enseñanza en la Educación Física. Propuesta para una Reforma de la Enseñanza. Granada: ICE de la Universidad de Granada.
DELGADO, M; TERCEDOR, P. (2002) Estrategias de intervención en educación para la salud desde la Educación Física. Barcelona: Inde.
DEVIS, J. (1996). Educación Física, deporte y currículum. Investigación y desarrollo curricular. Madrid: Editorial VISOR.
DEVIS, J., & PEIRÓ, C. (1992). Nuevas perspectivas en Educación Física: la salud y los juegos modificados. Barcelona: Inde.
FAMOSE, J. (1992). Aprendizaje Motor y dificultad de la tarea. Barcelona: Paidotribo.
FERNÁNDEZ, E. et al. (2002) Didáctica de la Educación Física en la Educación Primaria. Madrid: Editorial Síntesis.
FERNÁNDEZ HUERTA, J. (1974). Didáctica. Madrid: UNED.
FERNÁNDEZ, J., RUIZ, M., & FUSTER, M. (1997). Los materiales didácticos de Educación Física. Sevilla: Wanceulen.
GALERA, A. (2001). Manual de didáctica de Educación Física I. Paidós: Barcelona.
GARAIGORDOBIL, M. (2003) Juegos cooperativos y creativos para grupos de niños de 8 a 10 años. Madrid: Pirámide.
GARCÍA RUSO, H. (1994). Diferentes perspectivas acerca de la teoría curricular en el campo de la Educación Física. En VV.AA., Actas del I congreso Nacional de Educación Física de Facultades de CC. de la Educación y XXII de Escuelas Universitarias de Magisterio. Sevilla: Wanceulen.
GARCIA RUSO, H. (1997). La formación del profesorado en Educación Física: problemas y expectativas. Barcelona: Inde.
GARCIA RUSO, H. (1997) La Danza en la escuela. Barcelona: Inde.
GONZALEZ, M.E. (1998) (coord.) Educación Física en primaria. Fundamentación y desarrollo curricular. Vol. I, II, III, IV, V. Madrid: Paidotribo.
LAPIERRE, A., & AUCOUTURIER, B. (1980). El cuerpo y el inconsciente en educación y terapia. Barcelona: Editorial Científico-Médica.
LE BOLUCH, J. (1969). La Educación por el movimiento. Buenos Aires: Paidós.
LE BOULCH, J. (1991). El deporte educativo. Barcelona: Editorial Paidós.
LE BOULCH, J. (1972). La educación por el movimiento en edad escolar. Buenos Aires: Editorial Paidós.
LE BOUCH, J. (2001) El cuerpo en la escuela en el S. XXI. Barcelona: Inde.
LLEIXA, T. (2003) Educación Física hoy. Realidad y cambio curricular. Barcelona: Inde.
MARCOS BECERRO, J. (1990). Salud y deporte para todos. Madrid: Ed. EUDEMA.
MECD (2003) Los fundamentos teórico- didácticos de la Educación Física. Madrid: MECD
MOSSTON, M. (1982). La enseñanza de la Educación Física. Barcelona: Ed. Paidós.
MOSSTON, M., & ASHWORTH, S. (1993). La enseñanza de la Educación Física. La reforma de los estilos de enseñanza. Barcelona: Ed. Hispano Eurpoea.
PALACIOS, J. (1995). Xogos Motores. Santiago de Compostela: LEA.
PÉREZ, R. (1997). Xogos populares en Galicia. Santiago de Compostela: Lea.
PIERÓN, M. (1988). Didáctica de las actividades físicas y deportivas. Madrid: Gymnos.
REAL DECRETO 1513/2006, de 7 de diciembre, por el que se establecen las enseñanzas mínimas de la Educación primaria.BOE 293 (43053 – 43102) MECD.
RODRÍGUEZ, J. (2000). Historia del Deporte. Barcelona : INDE.
ROMERO, S., DE PABLO, J., COLAS, P., BUZÓN, O., BARRAGAN, R. (2007). Educación Física, Deporte y Nuevas Tecnologías. Málaga. Consejería de Turismo, Comercio y Deporte de la Junta de Andalucía.
RUÍZ, L. (1978). Aprendizaje de las habilidades motrices. Buenos Aires: Paidós.
RUÍZ, L. (1995). Competencia Motriz. Elementos para comprender el aprendizaje motor en Educación Física. Madrid: Gymnos.
RUÍZ, L. (1994). Deporte y aprendizaje. Madrid: Ed. VISOR.
RUIZ, L. (1987). Desarrollo motor y actividades físicas. Madrid: Gymnos.
SÁNCHEZ BAÑUELOS, F. (1988). Bases para una Didáctica de la Educación Física y el Deporte. Madrid: Gymnos.
SINGER, R. (1986). El aprendizaje de las acciones motrices en el deporte. Barcelona: Ed. Hispano Europea.
STENHOUSE, L. (1984). Investigación y desarrollo del curriculum. Madrid: Ed. Morata.
TORO, S., & ZARCO, J. (1995). Educación Física para niños y niñas con necesidades educativas especiales. Málaga: Aljibe.
VÁZQUEZ, B., CAMERINO, O., GONZÁLEZ, M., DEL VILLAR, F., DEVIS, J., & SOSA, P. (2001). Bases educativas de la actividad física y el deporte. Madrid: Síntesis.
VV.AA. (2009). La educación física en la sociedad actual. Sevilla: Wanceulen.
ZABALA, A. (1993). Diseño y desarrollo curricular (5ª ed.). Madrid: Narcea.
ZABALA, A. (1990). El curriculum en el Centro Educativo. Barcelona: ICE Universidad de Barcelona.
ZABALZA, M. (1996). Didáctica de la Educación Infantil. Madrid: Narcea.
ZAGALAZ, M. (2001). Corrientes y tendencias de la Educación Física. Barcelona: INDE.
ZAGALAZ, M. (2002). Los enfoques curriculares en la enseñanza de la Educación Física. En VV.AA., Didáctica de la Educación Física (págs. 27-44). Madrid: Prentice Hall.
ZAGALAZ, M., ARTEAGA, M., & CACHON, J. (1998). Diferencias entre didáctica general y didctica de la Educación Física en el curriculum del maestro especialista. En VV.AA., Actas del Congreso Internacional de Educación Física (págs. 194-198). Almería: Editorial Española.
CompetenciasCompetencias xerais
G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidad e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5. Fomentar a convivencia no aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo entre os estudantes.
Competencias específicas
E58. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde a educación física.
E59. Coñecer o currículo escolar da educación física.
E60. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fóra da escola.
E61. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
Competencias básicas
B.1.Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3.Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional
Metodoloxía da ensinanza Tendo en conta as características da materia é necesario desenvolver unha metodoloxía que integre teoria e práctica. Para iso combinaranse as sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións de laborartorio centradas na aplicación práctica dos coñecementos. As actividades iniciais estarán orientadas a obter información que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes significativas. A metodoloxía docente empregada nas actividades formativas porá máis énfases na aprendizaxe autónoma e significativo do alumno, sen esquecerse que a aprendizaxe é un proceso dependente do ensino. A metodoloxía será activa, colaborativa e participativa axudando ao estudante a recompilar e organizar a información, a formar e construír conceptos, a construír e verificar hipóteses partindo das súas indagacións, a expresar os seus coñecementos e transferir os conceptos dun contexto a outro. En definitiva, estáselle ensinando de xeito activo, colaborativa e participativa a ?aprender a aprender?.
Tanto a metodoloxía como todas as actividades enunciadas están, en maior ou menor medida, relacionadas con todas as competencias enunciadas. Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquier outra que contribúa á construción de coñecemento.
Tamén se realizarán sesións programadas de tutoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados pola profesora tanto a través da guía docente e materiais en formato impreso como a través da plataforma virtual da USC.
Sistema de evaluación1. Participación no aula: 15% do total da nota. Rexistrarase a asistencia mediante firma en lista que se pasará nas sesións interactivas/laboratorio.
2. Probas específicas: 50% do total da nota. Exame final na data indicada.
3. Informes escritos e outras producións: 25 % do total da nota. Traballo grupal final e actividades.
4. Presentacións orais:10% do total da nota. Presentacións orais dos traballos realizados.
Condicións para superar a materia.
A. ASISTENCIA: Como mínimo o alumno/a debe asistir ao 80% das sesións interactivas/laboratorio para poder puntuar neste apartado. Para recibir cualificación neste apartado, ademais de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante deberá implicarse activamente nas sesións.
B. PUNTUACIÓN MINIMA EN EXAME: Para superar a materia, o alumno/a debe obter un mínimo da metade da cualificación máxima no examne final. É dicir, o exame valorarase sobre 10, de tal xeito que sacar un 10 no exame, significa ter un 5 na nota final da materia, polo que para superar a materia, todo o alumnado debe alcanzar un 5 no examne para que poida sumar coas demais cualificacións( Participación no aula, Informes escritos e outras producións e presentacións orais).
C. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acuda a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia sen puntuar nos apartados anteriores.
D. RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supere a materia no período ordinario, pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
a. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse unicamente ao exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
b. Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se atopa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidese realizar durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
c. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena de curso.
Tempo de estudo e traballo persoalTEMPO DE ESTUDO PARA AS ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
* Actividades en gran grupo: 25 horas
* Actividades en grupo mediano: 25 horas
* Actividades en pequeno grupo ou individuais: 10 horas
TOTAL HORAS: 60
- TEMPO DE ESTUDO DE TRABALLO PERSOAL:
* Actividades en gran grupo: 30 horas
* Actividades en grupo mediano: 50 horas
* Actividades en pequeno grupo ou individuais: 10 horas
TOTAL HORAS: 90
Recomendacións para o estudo da materia1. A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
2. É recomendable dispor de computador con conexión a internet e coñecementos de informática a nivel básico de usuario.
3. Mostrar unha actitude activa e participativa nas seiones de ensino aprendizaxe da materia.
ObservaciónsA USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia a clase.
O alumnado que necesite algún tipo de adaptación ou apoio específico por NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só teranse en conta a lestes efectos aqueles casos que sexan valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/