G3151423 - Ensino e Aprendizaxe do Coñecemento do Medio (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica das Ciencias Experimentais
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO alumnado deberá adquirir os coñecementos relacionados coa fundamentación do ensino e aprendizaxe do coñecemento do medio natural, social e cultural, propio da etapa de Educación Primaria, necesarios para:
1.- Comprender os conceptos, teorías e principios que lles permitan dispoñer de marcos interpretativos para a aprendizaxe-ensinanza da Área de Coñecemento do medio natural, social e cultural.
2.- Analizar e valorar a estrutura curricular da Área de Coñecemento do medio natural, social e cultural.
3.- Utilizar os coñecementos teóricos adquiridos para a realización de traballos individuais e grupais.
ContidosTEMA 1.- O Coñecemento do Medio natural, social e cultural na Educación Primaria
1.1.- Concepto de Medio. Evolución e perspectiva actual.
1.2.- A área de Coñecemento de Medio na Educación Primaria.
TEMA 2.- O coñecemento científico e as implicacións didácticas
2.1.- A ciencia hoxe: análise das relacións Ciencia-Tecnoloxía-Sociedade .
2.2.- O desenvolvemento sostible como meta.
TEMA 3.- Recursos educativos e propostas de ensino-aprendizaxe
3.1.- Os recursos educativos.
3.2.- Deseño, desenvolvemento e avaliación de propostas de ensino-aprendizaxe.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA
- AA.VV., Constructivismo y enseñanza de las Ciencias, Diada, Sevilla, 1988
- AA.VV., Diez años de investigación e innovación en enseñanza de las Ciencias. CIDE 1983-1993, MEC, Madrid, 1993.
- AA.VV., El desarrollo del pensamiento científico-técnico en Educación Primaria, MEC, Madrid, 2010.
- AA.VV., Perspectivas para las ciencias en la educación primaria. MEC, Madrid, 2004.
- ASKASIBAR, I. e outros, La sostenibilidad, un compromiso de la escuela. Graó, Barcelona, 2006.
- BOIRA, J. e outros, Espacio subjetivo y geografía, Nau Llibres, Valencia, 1994.
- CARMEN, L. del, El análisis y secuenciación de contenidos educativos, ICE-Horsori, Barcelona, 1996.
- CARRETERO, M.; POZO, J. e ASENSIO, M. (comp.), La enseñanza de las Ciencias Sociales, Visor, Madrid, 1989.
- CHALMER, A., Qué es esa cosa llamada Ciencia, Siglo XXI, Madrid, 1987.
- CHARPAK, G., Manos a la obra: Las Ciencias en la Escuela Primaria, Siglo XXI, Madrid, 2006.
- FRIERA SUÁREZ, F., Didáctica de las ciencias sociales. Proyecto didáctico Quirón, Ediciones de la Torre, Madrid, 1995.
- GARCÍA RUÍZ, A. L. (dir. e coord.), Didáctica de las Ciencias Sociales en la Educación Primaria, Algaida, Sevilla, 1993.
- GIORDAN, A. e VECCH, I., Los orígenes del saber, Díada, Sevilla, 1989.
- HARLEN, W., Enseñanza y Aprendizaje de las Ciencias, MEC-Morata, Madrid, 1999.
- HERRERO FABREGAT, C., Geografía y educación. Sugerencias educativas, Huerga y Fierro, Madrid, 1995.
- HOLLOWAY, G., Concepción del espacio en el niño según Piaget, Paidós, Barcelona, 1992.
- KUHN, T., La estructura de las revoluciones científicas, FCE, México, 1975.
- LEMKE, J. L., Aprender a hablar Ciencia. Lenguaje, aprendizaje y valores, Paidós, Barcelona, 1977.
- LÓPEZ RODRIGUEZ, R. e GARCÍA GANDOY, J. A., A Axenda 21 Escolar Galega, Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2004.
- LUC, J. N., La enseñanza de la historia a través del medio, Kapelusz, Madrid, 1985.
- MARCHESI, A., Conceptos espaciales, mapas cognitivos y orientación en el espacio, Estudios de Psicología, 14-15, pp.85-92, 1983.
- MARTÍN DEL POZO, R., Aprender para enseñar Ciencias en Primaria: una propuesta para la formación del profesorado, Díada, Sevilla, 2007.
- MARTÍNEZ, L. e GARCÍA, S. (ed.), La Didáctica de las Ciencias. Tendencias actuales, Universidade de A Coruña, 1999.
- MEINARDI, E., e outros , Educar en Ciencias, Paidós, 2010.
- NOVAK, J. e GOWIN, D., Aprendiendo a aprender, Martínez Roca, Barcelona, 1988.
- OGBORN, J. e outros, Formas de explicar, Santillana, Madrid, 1998.
- OSBORNE, R. e FREYBERG, P., El aprendizaje de las Ciencias, Narcea, Madrid, 1991.
- PAGÉS, J., El tiempo histórico, en BENEJAM, P. e PAGÉS, J.(coord.), Enseñar y aprender ciencias sociales, geografía e historia, ICE/Horsori, Barcelona, 1997.
- PIAGET, J., El desarrollo de la noción de tiempo en el niño, FCE, México, 1978.
- POZO, I., El niño y la historia, MEC, Madrid, 1985.
- TREPAT, C. e COMES, P., El tiempo y el espacio en la didáctica de las ciencias sociales, Graó, Barcelona, 1998.
CompetenciasXerais:
G1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá.
G7.- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G9.- Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
G10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Específicas:
E26/E32.- Coñecer o currículo escolar das ciencias experimentais e sociais.
E29.- Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sostible.
E30/E37.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
Básicas:
B1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
T1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4.- Competencia informacional.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe, intentando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula.
As actividades presenciais en grupo expositivo (24 horas) consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesorado, de modo que esta explicación se converta nun elemento importante cara á súa integración no proceso de construción de coñecementos por parte dos estudantes, que deberán empregar 35 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia.
As actividades en grupo interactivo, como estratexia intermedia cara á comunicación co grupo de clase (24 horas), procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada fundamentalmente na resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias de laboratorio e no contorno, e o estudo de casos. Estas actividades requirirán 45 horas de traballo persoal do alumnado, coa fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesorado, tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesións atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
Na medida do posible utilizarase o campus virtual da USC como ferramenta de comunicación.
Ao pretender unha metodoloxía participativa é indispensable a asistencia habitual a clase.
Sistema de evaluaciónNa avaliación terase en conta:
a.- Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio, ou nas saídas de campo (10%).
b.- Elaboración e presentación de informes ou traballos escritos que poidan ser requiridos polo profesorado ao longo do curso (individualmente ou en pequenos grupos), que comprendan reflexións sobre os contidos abordados nas sesións expositivas (poñendo de manifesto o aprendido), así como sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas (30%).
c.- Presentacións orais na aula (10%).
d.- Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva (50%).
Para superar a materia será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais.
Na primeira oportunidade de avaliación da materia é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) no apartado d) para que se lle poda sumar a puntuación dos apartados a), b) e c).
A cualificación acadada nos apartados a), b) e c) terase en conta na segunda oportunidade ou seguintes de avaliación.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.
O alumnado repetidor e con exención de docencia deberá falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre no primeiro caso e na mesma semana da solicitude da exención no segundo, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalEsta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva presencial de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas ou de laboratorio, e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
- Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaA metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.