G3151444 - Xogo Infantil (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Didáctica da Expresión Corporal
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| CLE_01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| TI-ECTS_01 | Ordinario | Horas de Titorías | SI | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaConceptuais (saber):
*Conceptualizar significativamente terminoloxía relacionada cos contidos da materia.
*Coñecer as teorías sobre o xogo, a súa evolución e ás súas características.
*Identificar a importancia do xogo no desenvolvemento infantil e o seu papel como recurso metodolóxico.
*Identificar as características do xogo nas nenas e nos nenos.
* Coñecer algúns xogos tradicionais.
Procedimentais (saber facer):
*Analizar os elementos e contidos básicos do xogo infantil, para poder tomar decisións reflexivas e argumentadas.
*Planificar e poñer en práctica simulada xogos e formas xogadas para a etapa educativa correspondente; analizando, reflexionando, interpretando e sacando conclusións das observacións das prácticas realizadas.
*Recoñecer a importancia do xogo como factor de integración, adaptación social, igualdade e convivencia.
*Expresarse oralmente en galego, de xeito que a mensaxe sexa clara, coherente e convincente.
*Recoñecer e empregar a linguaxe non verbal como un reforzo á comunicación verbal, evitando que aquela contradiga a mensaxe enviada coa palabra.
*Manexar con actitude crítica e reflexiva os recursos documentais da materia, empregando con rigor académico a información extraída das diferentes fontes.
*Presentar traballos académicos de calidade universitaria, tanto na cuestión de forma como na de contido, tanto oralmente como por escrito, conforme criterios que se lle ofrecerán ao alumnado.
Actitudinais (saber ser):
*Tomar conciencia da importancia do xogo como actividade vital para o desenvolvemento humano.
*Analizar, a partir de práctica e da teoría, a transmisión de valores a través dos xogos competitivos e cooperativos, coa finalidade de acadar unha opinión consciente sobre unha cuestión que impregna a vida social e, polo tanto, escolar.
*Vivenciar xogos diversos tanto para: recoñecer as característica dos mesmos, analizar os roles que xeran, comprender os recursos que precisan e tomar conciencia dos valores que poden transmitir.
*Recoñecer, como futuras e futuros docentes, a influencia da propia percepción corporal e motriz sobre as expectativas motrices que se proxectan nos demais.
*Valorar a importancia da investigación e o traballo en equipo para o desenvolvemento da profesión docente.
*Construír unha conciencia reflexiva, innovadora e comprometida coa formación permanente.
ContidosTeorías do xogo infantil.
Evolución do xogo ao longo do desenvolvemento infantil
Características do xogo.
O xogo como recurso de aprendizaxe.
Xogo e xénero.
Os xogos tradicionais.
Os xogos competitivos e cooperativos.
Os xogos e a diversidade.
Sesións prácticas: prácticas de ensinanza referidas aos contidos teóricos da materia.
Bibliografía básica e complementariaAIXLINE, V.(1984): Terapia de juego. México D.F., Diana.
ARRÁEZ, Juán Miguel (2000): ¿Puedo jugar yo?. El juego modificado. Propuestas para la integración de niños y niñas con necesidades educativas especiales. Proyecto Sur de Ediciones. S.L.
GARCÍA MARÍN, Carmen; MARTINEZ TEN, Amparo (2004): El juego de las cuatro esquinitas del mundo. Madrid, Catarata.
GUITART, Rosa (1997): 101 Juegos. Juegos no competitivos. Barcelona, Graó.
MORA, Josep María; DÍEZ, Robert; LLAMAS, Josue (2003): Un mundo en juego. Barcelona, INDE.
MOYLES, Janet (1990): El juego en la educación infantil y primaria. Madrid, Morata.
PELEGRÍN, Ana (2008): Cada cual que atienda a su juego. Madrid, Anaya.
RÍOS HERNÁNDEZ, Mercedes(1998): El juego y los alumnos con discapacidad. Barcelona, Paidotribo.
ROMANÍ, Arturo (1979): Xogos infantiles de Galicia. A Coruña, Follas Novas.
CompetenciasXerais
G5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G10. Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
Específicas
E.2. Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6.
E. 3. Coñecer os fundamentos de atención temperá.
Básicas
B.2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Transversais
T.1 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza As actividades de gran grupo terán unha orientación formativa e nelas desenvolveranse os contidos da materia que supoñen unha maior complexidade para o alumnado. A aclaración de conceptos e a interrelación de contidos novidosos cos xa adquiridos, contribuirán a favorecer as aprendizaxes.
A docente empregará varias técnicas expositivas e, nalgunhas ocasións o estudantado realizará determinados exercicios referidos aos contidos tratados.
As actividades en grupo mediano centraranse nas sesións prácticas específicas da materia, a análise reflexiva das mesmas, os debates sobre as citadas propostas, o estudo de casos e análise de documentos de texto e/ou audiovisuais, e a toma de conciencia das propias aptitudes, actitudes e valores.
As sesións de titoría estarán orientadas tanto cara á atención e supervisión dos grupos de traballo –dúbidas, recursos, problemas de relación e traballo en equipo–, como ao alumnado de xeito individual.
Coa finalidade de contribuír a que o alumnado –futuras mestras e mestres– sexa capaz de empregar competentemente a lingua galega, tanto na comunicación oral como escrita, a materia desenvolverase en galego e o alumnado deberá realizar os traballos e resto de dinámicas avaliables nesta lingua.
Sistema de evaluaciónParticipación nas sesións prácticas: 15% da nota final. O alumnado deberá ter asistido como mínimo ao 80% das sesións prácticas e implicarse activamente nelas para poder ter cualificación neste apartado e superar a materia na 1ª oportunidade. Controlarase a asistencia.
(Competencias que se pretende avaliar: G5, G10, E2, E3, B2, B3•, B4, T1)
Probas específicas: 40% da nota final. Haberá unha proba final obrigatoria para todo o alumnado.
(Competencias que se pretende avaliar: G5, G10, E2, E3, B2, B3, B4, T1)
Informes escritos e outras producións: 30% da nota final. Consistirán en informes realizados a partir do traballado nas sesións prácticas –a docente concretará no seu momento os criterios para a elaboracións dos mesmos–, e un traballo en grupo sobre unha temática da materia –que será detallado no programa ampliado, conxuntamente coa data de entrega–.
(Competencias que se pretende avaliar: G5, G10, E2, E3, B2, B3, B4, T1)
Presentacións orais: 15% da nota final. Que consistirán en exposicións sobre os traballos de grupo, en presentacións e dirección de sesións prácticas, en debates sobre os casos estudados, etc. Nos traballos de grupo só serán avaliadas no apartado de presentacións orais as persoas que leven a cabo a exposición.
(Competencias que se pretende avaliar: G5, G10, E2, E3, B2, B3, B4, T1)
Para aprobar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10), sumando as valoracións dos catro apartados, e ter superado a proba específica.
O alumnado que non supere a materia na 1ª oportunidade –xaneiro– pode atoparse nunha das seguintes circunstancias
• Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións interactivas ou prácticas e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, presentarase ao exame da 2ª oportunidade, en xullo, e manteránselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
• Se no período ordinario non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba específica de xullo que o alumnado que se atopa no caso anterior, pero a súa cualificación será de 7 puntos como máximo e deberá obter un mínimo de 5 puntos para superala. Neste caso non se terán en conta as cualificacións de traballos que entregara previamente, nin se admitirán outro tipo de traballos.
O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) poderá:
• Optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario dende inicios do semestre e, neste caso, acadará novas cualificacións nos diversos apartados de avaliación.
• Optar por non participar da actividade ordinaria da materia, neste caso manteránselle as cualificacións obtidas no curso anterior, podendo mellorar só aquelas referidas a informes ou producións individuais –estes traballos serán entregados como data límite o día da proba final–, ademais terá que presentarse de novo á proba específica.
Todo o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto coa docente (empregando o horario de titorías) nas primeiras semanas de semestre, para concretar o seguimento da materia.
No caso do alumnado con dispensa de docencia teórica (exención parcial), este deberá pasar a falar coa docente necesariamente na mesma semana na que solicita a exención, para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é preciso, acordar as adaptacións avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
Este mesmo criterio se seguirá co alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sempre que a súa situación estea xustificada.
Tempo de estudo e traballo persoal122,5 horas totais (38,5 presenciais e 74 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
- Actividades expositivas en gran grupo: 18 horas presenciais e 25 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 18 horas presenciais e 36 de traballo autónomo.
- Actividades titoriais en pequeno grupo: 2,5 horas presenciais e 13 de traballo autónomo.
Recomendacións para o estudo da materia- Entrega da ficha persoal á docente durante os primeiros días de curso.
- Asistencia continuada ás sesións prácticas e expositivas, e participación activa nelas.
- Realización dos traballos e actividades programadas.
- Adquisición na fotocopiadora do centro do programa ampliado ou guía docente que a profesora deixará a inicios de semestre. Nese documento detallaranse os aspectos referentes ao desenvolvemento da materia.
-Nos traballos e documentos que o alumnado presente, seguiranse as seguintes normas:
• Todos os traballos da materia se escribirán en galego e, previamente á entrega, se pasará o corrector pertinente. Con isto se busca desenvolver a competencia comunicativa escrita nesta lingua.
• Se empregará unha linguaxe non sexista que consistirá na utilización de xenéricos reais ou no nomeamento explícito dos dous xéneros lingüísticos. Visibilizando a presenza das mulleres sempre que esa sexa a realidade presentada nos textos ou na fala.
• Non se empregará ningún tipo de plastificado. Reducindo o petróleo necesario para a elaboración do citado material.
• Sempre que sexa posible se imprimarán as follas polas dúas caras. Reducindo o uso de papel.
• Se limitará o uso das “negriñas” e maiúsculas. Reducindo o gasto de tinta ou tóner.
ObservaciónsA USC é unha universidade presencial, polo que é preceptiva a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de aula. As adaptacións desta norma xeral a casos específicos exporanse na guía docente da materia; pero sempre se buscará garantir a equidade na avaliación e a igualdade de oportunidades entre todo o alumnado.
En tales circunstancias, o alumnado non asistente habitual deberá respectar as datas establecidas de entrega de traballos, sendo tamén recomendábel que manteña contacto co docente a través das titorías para asegurar o axeitado progreso na materia e a superación dos seus obxectivos de aprendizaxe.