Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151445 - Teoloxía Católica e a súa Pedagoxía (Optativo Relixión Católica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VAZQUEZ CARBALLO, JOSE MARIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    DATOS DESCRIPTIVOS A materia "Teoloxía Católica e a súa Pedagoxía" pertence o módulo do mismo nome, con 6 ECTS, de carácter optativo, moi útil para completar o módulo de 24 créditos ECTS, que poden cursarse noutras facultades, xa a distancia ou online, sempre coa orientación é a titoría do profesor da USC. Cos 24 ECTS tense dereito ao título DECA (Declaración Eclesiástica de Competencia Académica) de Teoloxía que capacita para impartir clases de relixión e outras materias afins. O obxetivo principal é capacitar e preparar ao alumnado para exercer de profesores no ensino relixioso escolar, na Educación Infantil e Primaria, garantindo así unha formación relixiosa e moral católica de calidade. Outros obxectivos: 1. Repensar a importancia e a universalidade do Feito Relixioso nas diferentes culturas, descubri-lo entronque do Xudaísmo co Cristianismo e a orixinalidade e especificidade do Feito Relixioso cristiá. 2. Promover a lectura bíblica, o manexo dos textos: símbolos, xéneros literarios, contextos, intencionalidade relixiosa dos textos. 3. Presentar unha teoloxía bíblica básica a través dos grandes temas da historia da salvación e axudar a comprensión da revelación progresiva de Deus en Cristo, palabra encarnada. 4. Descubrir as manifestacións do Cristianismo na nosa cultura. 5. Ofrecer unha síntese teolóxica actualizada dos contidos esenciais da fe cristiá. 6. Proporcionar unha axeitada articulación da fe co conxunto dos saberes (fe/cultura; fe/ciencia/ razón e fe...). 6. Afondar na dimensión ético-moral do ser humano plantexando a educación en valores ético-cívicos dende a perspectiva cristiá. 7. Recoñecer o sentido vital que proporciona a mensaxe evanxélica e transmitilo na escola. 8. Consolidar o sentido eclesial e evanxelizador do profesorado de relixión, como enviado pola igrexa diocesana. 9. Afondar na peculiaridade da misión evanxelizadora do profesorado de relixión no ámbito escolar. 10. Realiza-la síntese personal da doutrina católica. 11. Traducir os temas centrais da nosa fe á linguaxe e a mentalidade dos destinatarios. 12. Sinalar os elementos concretos en que o neno pode fundamentar os valores cristiáns . 13. Preparar pedagóxica e didácticamente para o desenrolo do curriculo de Relixión nos niveis educativos de Infantil e Primaria.
    Contidos
    Descriptor: A Relixión cristiá no contexto das grandes relixións da humanidade, o monoteismo trinitario no contexto dos monoteísmos non personalistas; introducción á cultura bíblica e descubrimento da súa mensaxe relixiosa, humana e social. Finalidade e sentido do ensino relixioso. A centralidade da persona de Xesús de Nazaret; Xesucristo como camiño, verdade e vida. Os Evanxeos. Cuestións relacionadas coa antropoloxía, cos orixes e coa teoloxía da esperanza. A Igrexa, a misión do profesor, a vocación do profesor de relixión, bases para unha pedagoxía e didáctica da ERE na escola. Neste sensto desenrólanse os temas esenciais, que en síntese son os seguintes: Razón de ser e identidade da ERE. A figura e identidade do profesor de relixión. Contidos e procedementos do profesor de infantil e primaria. Utilización de narracións bíblicas na aula. Elaboración de unidades didácticas. Tema 1: O Evanxeo e a nova evanxelización 1.1. A busca de sentido e a liberdade da fe 1.2. A boa noticia na transmisión da cultura 1.3. Contidos esenciais da nova evanxelización aplicados á realidade escolar 1.4. O valor humanizador do relixioso. Evanxelización e desenvolvemento persoal 1.5. Principais dificultades para a evanxelización na escola Tema 2: A Misión 2.1. A comunidade dos crentes: sentido eclesial 2.2. O envío a evanxelizar na escola: unha forma orixinal do ministerio da palabra 2.3. O profesor de Relixión católica hai presente á Igrexa na escola 2.4. A nosa proposta: unha nova forma de vida e de relacións humanas Tema 3: O sentido evanxelizador da ERE en diálogo coa cultura 3.1. Evanxelización e inculturación da fe 3.2. A Igrexa e a cultura. A relación entre a fe e a razón 3.3. O home á busca de Deus. Relixión e cultura 3.4. Raíces cristiás da cultura española 3.5. Os desafíos da postmodernidade 3.6. A tarefa da ERE: inserir o evanxeo no corazón da cultura Tema 4: O profesorado de Relixión católica 4.1. O sentido evanxelizador do profesor 4.2. Talante e carisma 4.3. Referencias e modelos 4.4. Formación Tema 5: A persoa humana 5.1. A creación: imaxe de Deus 5.2. A vocación: unión con Deus 5.3. A condición humana: pecado e graza 5.4. O sentido último da vida Tema 6: A Trindade como misterio central do cristianismo, implicacións ético sociais que comporta a fe neste misterio. 6.1. O misterio da Santa Trindade 6.2. O Pai e o seu coidado amoroso 6.3. O Fillo e a súa entrega 6.4. O Espírito Santo e a súa vitalidade
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA - X. M. Domínguez Prieto, El profesor cristiano: identidad y misión, PPC, Madrid, 2012. - A. Besinger, No mentir a los niños acerca de Dios, Sal Terrae, Santander, 2002. - R. Tschirch, Dios para niños, Sal Terrae, Santander, 1986. - J. Burón Orejas, Psicología y conciencia moral, Sal Terrae, Santander, 2010. - L. González - Carvajal Santabárbara, Esta es nuestra fe. Teología para universitarios, Sal Terrae, Santander, 2012. - B. Sesboüé, Creer. Invitación a la fe católica para las mujeres y hombres del siglo XXI, San Pablo, Madrid, 2000. - F. Torralba Roselló, ¿Ah sí? ¿Cómo hablar de Dios a los niños?, Claret, Barcelona, 2010. J. Mario Vázquez Carballo, Trinidad y sociedad. Implicaciones éticas y sociales en la teología trinitaria de L. Boff, Estudios Trinitarios, Salamanca, 2008 BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA - A. Ávila, Para conocer la psicología de la religión, Verbo Divino, Estella, 2003. - C. Esteban Garcés, Didáctica del área de religión, Ediciones San Pío X, Madrid, 1998. - R. Artacho, La enseñanza escolar de la religión, PCC, Madrid, 1989. - R. Artacho, Enseñar competencias sobre la religión. Hacia un currículum de religión por competencias, DDB, Bilbao, 2009. - Q. Calvo Cubillo, Educación de la conciencia, PPC, Madrid, 2010. - Id. Moral para Marta, PPC, Madrid, 1998. - Comisión Episcopal de Enseñanza y Catequesis, El profesor de religión católica, 1998. - F. Oser, El origen de Dios en el niño, PCC, Madrid, 1996. - B. Grom, Psicología de la religión, Herder, Barcelona, 1994. - P. Maimí Pons, Pedagogía de la fe, Ediciones San Pío X, Madrid, 1998. A. Pérez Tripiana, M. A. Sobrino López, Jesús en el museo del Prado, PPC, Madrid, 2009;- J. A. Rivera Moreno, Sociología del hecho religioso cristiano, Ediciones San Pío X, Madrid, 2001. - Pilar Herranz Ybarra, Psicología evolutiva I, volumen 2: Desarrollo social, Uned, 2002. Enlaces - www.conferenciaepiscopalespañola.es - www.profes.net - www.auladereli.es
    Competencias
    Xerais: G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes. G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa. Específicas: E34. Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico. E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos. E36. Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e a súa relación coa cultura. Básicas: B.1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo. B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. Transversais: T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
    Metodoloxía da ensinanza
    Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica, reflexión e experiencias de fe tanto no que respecta a historia, como a arte e o compromiso social. Para elo complementaránse as sesións expositivas coas interactivas, incluíndo visitas guiadas a monumentos, centros sociais de atenciaón a nenos e xoves en ambientes de marxinación, experiencias de socialización e de convivencia, etc. Sesións que se desenvolven a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo. O alumnado realizará exposicións orais e presentacións con apoio de materiais audiovisuais relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir de actividades tales como lecturas bíblicas, textos básicos de pedagoxía relixiosa, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións e debates, etc. A participación activa dos alumnos na clase, constitúe, xunto coas explicacións e materiais distribuídos nas sesións de clase, a mellor ferramenta de aprendizaxe nesta materia. As explicacións intentarán apoiarse o máis posible na experiencia inmediata do alumno e na percepción do seu medio. Nas sesións de titoría os alumnos terán a posibilidade dunha atención personalizada, de consultas a tódolos niveis, e incluso faránse sesións programadas dirixidas á orientación e supervisión dos traballos que o alumnada vaia realizando, tanto a nivel personal coma en grupo.
    Sistema de evaluación
    A asistencia e participación en clase son obrigatorias para todos os alumnos matriculados na materia. O profesor verificaraas pasando lista. Como sistemas de evaluación utilizaránse os seguintes porcentaxes de calificación correspondentes: Participación na aula, 20%, dous puntos. Probas específicas, 20/%, dous puntos. Informes escritos e outras produccións, 40%, catro puntos. Presentacións orais, 20%, dous puntos. O alumno deberá participar activamente tanto a nivel persoal, coma en grupo, en actividades expositivas, interactivas, en titorías e nas actividades de experiencias sociais, artísticas, etc. A avaliación da materia realizarase a partir da volaración dos distintos elementos que figuran na ficha da materia no plan de estudos e que contemplan a utilización dos elementos descriptos anteriormente. Teránse en conta normas e circunstancias comúns a outras materias tales como saber escribir e investigar, coñecer normas de publicación, etc.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten un total de 48 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas co grupo clase, actividades de grupo en seminarios, estudos de casos, guías e orientación de traballos e titorías, ademais da realización dunha proba exame de 2 horas. Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 90 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 dedicaranse ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentacións orais e unhas 19 para o traballo de lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos. A USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clases. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar e exención oficial de docencia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Aínda que non se indican requisitos previos convén ter uns coñecementos básicos sobre o fenónmeno relixioso no mundo e na sociedade, sobre a Biblia non só como unha gran obra da literatura universal senón como se concibe nas relixións, Palabra Inspirada. Recoméndase repasar previamente algunhas destas cuestións. É importante a asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan. É recomendable posuír ordenador, conexión a internet e coñecementos básicos de informática. Plantexarse un estudo comprensivo, dende a razonabilidade, e non só memorístico da materia. Suponse unha actitude ética, responsable, de afecto as relixións, a todas, especialmente ao Cristianismo e de compromiso social e coa infancia. A motivación para elixir esta asignatura supón unha vocación de disponibilidade e servizo á Igrexa, o mundo da educación. o maxisterio e os nenos máis aló dos coñecementos, das técnicas ou das teorías didácticas. Valorase moito a opción polos máis desfavorecidos, e polos valores da bondade, da beleza e da búsqueda da verdade.
    Observacións
    SOBRE O TITULO DECA: Para mais información sobre este título en internet, Conferencia Episcopal Española, COMISIÓN EPISCOPAL DE ENSEÑANZA Y CATEQUESIS, CF. DECA. AHÍ, EN ESE SITIO TAMÉN ESTÁ O "curriculo" das materias, con materiais e desenrolo destes.
    RESPONSABILIDADE AMBIENTAL: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia hai que ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir dúas caras en calidade "borrador". - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos