G3151448 - Educación Emocional (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| CLE_01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | SI | NON |
| TI-ECTS_01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA partir do desenvolvemento da teoría das intelixencias múltiples de Gardner (1993), popularizada máis tarde por Goleman, todos coñecemos a importancia da intelixencia intrapersonal, que permite comprenderse e traballar con un mesmo, e a interpersonal, que permite comprender a e traballar cos demáis.
Ambas forman parte da intelixencia emocional que se define como a capacidade de coñecer as nosas propias emociones, xestionalas eficazmente, motivarnos a nos mesmos, recoñecer as emociones dos demáis e establecer relacións positivas con outras personas. Todos temos la necesidade de sentirnos ben con nos mesmos, desenvolver as nosas fortalezas e potencialidades e ter unha actitude positiva ante a vida, o cal implica ter confianza en un mesmo e poder establecer boas relacións interpersonales. Pero todas estas capacidades non son innatas senon que poden ser aprendidas e desenvolvidas. De esto ocúpase a Educación Emocional que ten como finalidade o desenvolvemento integral da persona armonizando os compoñentes cognitivos e afectivos e aumentando así o benestar personal e a integración social.
Nos últimos anos, a educación emocional foi obxecto de numerosas investigacións e tense demostrado que unhos adecuados niveis de intelixencia emocional axudan a afrontar con maior éxito os contratempos cotiás e o estrés laboral ao que se enfrentan os docentes no contexto educativo.
Por elo, é importante que os futuros docentes se atrevan a repensar a educación desde os parámetros da educación emocional xa que esta, no solo é o eixo vertebrador da convivencia senón que está estreitamente vinculada á saude mental e á calidade de vida polo que se convirte nun aspecto imprescindible para afrontar os profundos cambios estructurales e sociales que se están producindo.
Desde este plantexamento inicial, os nosos obxectivos para esta asignatura son os seguientes:
1. Tomar conciencia da importancia de desenvolver a propia intelixencia emocional e adquirir unha adecuada competencia emocional como base para lograr un bo desenvolvemento personal e profesional que lle permita desenvolver a competencia emocional dos seus alumnos.
2. Coñecer e comprender o marco conceptual das emocións como punto de partida para desenvolver un programa de educación emocional para a escola e desenvolver as destrezas e habilidades necesarias para a sua adecuada implementación.
3. Coñecer diversos programas ou proxectos de educación emocional en Galicia e no contexto español e europeo.
Contidos1. Marco conceptual das emocións: os sentires básicos, emocións, sentimentos, sensacións e estados de ánimo. O desenvolvemento emocional na primeira infancia. Socializacion emocional: o papel da familia, a escola e os iguaís no desenvolvemento emocional.
2. A integración da Educación emocional no sistema educativo. Contidos e procedementos na educación emocional. Autoconciencia – autocoñecemento, Autorregulación – autocontrol, Automotivación, Empatía e Destreza social
3. Programas de educación emocional dirixidos a Educación Infantil e Primaria en España e oitros países
4. O desenvolvemento emocional do profesorado. Identidade profesional e benestar emocional dos docentes.
** Estes contidos estarán máis desenvolvidos na guía docente que se entregará ao alumnado o primero dia de clase.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Abelleira Bardanca, A. y Amigo Quintana, M. (Coords.) (2009): Medrando sans. De sentimento en sentimento, de emoción en emoción. Xunta de Galicia. Dispoñible on line: http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/Sentimentos.pdf
Carpena, A. (2003), Educación socioemocional en al etapa de primaria, Barcelona, Octaedro.
Diaz Navarro, M.C. (2010): El piso de abajo de la escuela. Biblioteca de infantil, 3. Barcelona, Graó.
López Cassà, E. (coord) (2003), Educación emocional. Programa para 3-6 años, Barcelo- na, Praxis.
López Cassà, E. (2011). Educar las emociones en la infancia ( de 0 a 6 años). Reflexiones y propuestas prácticas. Madrid, Wolters Kluwer España S.A.
Palou Vicens, S. (2008 ). Sentir y crecer. El crecimiento emocional en la infancia. Biblioteca de infantil, 2. Barcelona, Graó.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bisquerra, R. (2000), Educación emocional y bienestar, Barcelona, Praxis.
Csikszentmihalyi, M. (1998b), Aprender a fluir, Barcelona, Kairós.
Delors, J. (1996), La educación encierra un tesoro. Informe a la UNESCO de la Comisión Internacional sobre la Educación para el Siglo XXI, Madrid, Santillana-Unesco.
Fernández-Berrocal, P. e Ramos-Díaz, N.S. (2004), Desarrolla tu inteligencia emocional, Barcelona, Kairós.
Gardner, H. (1995), Inteligencias múltiples. La teoría en la práctica, Barcelona, Paidós.
Goleman, D. (1996), Inteligencia emocional, Barcelona, Kairós. Disponible en: http://webs.uvigo.es/pmayobre/master/textos/evangelina_garcia/inteligencia_emocional.pdf
Jares, X. R. (2001a), Aprender a convivir, Xerais, Vigo.
Marina, J.A.; López Penas, M. (1999), Diccionario de los sentimientos, Barcelona, Com- pactos Anagrama.
Punset, E. (2006), El alma está en el cerebro. Radiografía de la máquina de pensar, Bar- celona, Aguilar-Santillana.
Punset, E.(2005), Viaje a la felicidad. Las nuevas claves científicas, Barcelona, Destino.
Seligman, M. (2003), La auténtica felicidad, Madrid, Javier Vergara.
Shapiro, L. (1998), La inteligencia emocional de los niños, Barcelona, Ediciones B.
Zaccagnini, J.L. (2004), Qué es la inteligencia emocional: la relación entre pensamientos y sentimientos en la vida cotidiana, Madrid, Biblioteca Nueva.
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS
G2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.4.- Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.5.- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respeto aos demás. Promover a autonomía e a singularidad e de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
EC12. Conciencia emocional: desenvolver a capacidade para tomar conciencia das propias emocións e das emocións dos, incluindo a habilidade para captar o clima emocional dun contexto determinado.
EC13. Regulación emocional: desenvolver a capacidade para manexar as emocións de forma apropiada tomando conciencia da relación entre emoción, cognición e comportamento e desenvolvendo estratexias de afrontamento e autoxeneración de emocións positivas.
EC14. Autonomía emocional: desenvolver a capacidade de autoxestión personal, autoestima, actitude positiva ante a vida, responsabilidade, capacidade para analizar críticamente as normas sociais, a capacidade para buscar axuda e recursos, así como a autoeficacia emocional.
EC15. Competencia social: desenvolver a capacidade para manter boas relacións con outras personas adquirindo habilidades sociais, de respeto, actitudes pro-sociais, asertividade, e desenvolvendo a capacidade para unha comunicación efectiva.
EC16. Competencias para a vida e o benestar: desenvolver a capacidade para adoptar comportamentos apropiados e responsables que permitan aos futuros docentes afrontar satisfactoriamente os desafíos diarios da vida na aula así como las situacións excepcionais que poidan surxir favorecendo así a aparición de experiencias de satisfacción e benestar personal e profesional.
EC17. Competencia didáctica: ser capaz de diseñar un programa de educación emocional integrado no currículum de Educación Infantil ou Primaria e desenvolver as destrezas e habilidades necesarias para a súa adecuada implementación.
COMPETENCIAS BÁSICAS MECES
Estas competencias son as establecidas polo Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, (MECES).
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
B.3. Que os estudantes teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
Das catro competencias transversais establecidas pola USC nas Liñas Xerais para a implantación dos estudos de grao e posgrao (aprobadas polo Consello Galego de Universidades o 05/11/2007), esta asignatura, ainda que terá en conta todas as competencias transversais establecidas, contribuirá de maneira especial ao aprendizaxe e desenvolvemento das competencias T3 e T4.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoria e práctica. Para elo combinanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvolvense a través dunha metodoloxia de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar, ás veces, exposicións orales e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construcción de coñecemento.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoria dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados pola profesora tanto a través da guia docente e dun dossier de lecturas e materiais en formato impreso e a través da plataforma virtual.
Na guia docente da asignatura, que se entregará ao inicio do curso, desenvolverase con máis detalle tanto as actividades a realizar nas distintas sesións de traballo como a relación dos recursos necesarios.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia realizarase a partir da valoración dos distintos elmentos que figuran na ficha da materia no plan de estudos e que contemplan a utilización de distintos instrumentos. Asi mesmo, deberán terse en conta unha serie de normas e circunstancias que condicionan a avaliación e, polo tanto, a superación da materia.
8.1. Instrumentos da avaliación
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
Peso na cualificación: 10% (1 punto)
Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, Observación da profesora e valoración das actividades de clase (actividades colaborativas, exposicións orais de actividades puntuais, etc)
Indicadores/orientacións para a avaliación: Asistencia continuada ás clases e Participación activa nas actividades que se desenvolvan en clase (lecturas, análise de documentos, procura de información sobre un tema e exposición ante a clase, etc). Autoavaliación do alumno/a sobre as aprendizaxes adquiridas na materia e sobre o seu nivel de implicación na mesma.
B. PROBAS ESPECIFICAS
Peso na cualificación: 50% (Máximo 5 e mínimo 2,5 puntos)
Instrumentos de avaliación: Exame escrito (preguntas tipo test e varias preguntas curtas e/ou unha pregunta de desenvolvemento)
Indicadores/orientacións para a avaliación: Na proba tipo test téñense en conta as respostas negativas (unha negativa elimina unha positiva). É preciso ter a metade das respostas positivas (despois de descontar ás erróneas) para superar a proba.
C. TRABALLOS E INFORMES
Peso na cualificación: 30% (Máximo 3 e mínimo 1,5 puntos)
Instrumentos de avaliación: Portafolio e realización de actividades colaborativas
Indicadores/orientacións para a avaliación: Con carácter xeral, valorarase a estructura do informe, organización da información, calidade lingüística, rigor científico dos contidos e calidade estética da presentación. Tamén é preciso obter unha valoración positiva na realización das actividades colaborativas que se realicen. Os/as alumnos/as que non participen nas actividades colaborativas non obterán ningunha nota por ditas actividades. Estes indicadores concretanse de xeito máis específico nas indicacións dos traballos e actividades que se inclúen na guía docente.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
Peso na cualificación: 10% (1 punto)
Instrumentos de avaliación: Exposición final do traballo de grupo
Indicadores/orientacións para a avaliación: Exposición fluida e explicación clara dos contidos, manexo da linguaxe non verbal, calidade da presentación audiovisual e correcta utilización da mesma durante a exposición. Na guia docente especifícanse con máis detalle estes indicadores.
8.2. Normativa e condicións da avaliación
Ainda que na Guia Docente da materia se especificarán con máis detalle todas as actividades e criterios de avaliación, con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
1.CUALIFICACIÓN MINIMA: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/a deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida nos apartados B (Probas específicas) e C (Traballo de grupo).
2.ASISTENCIA: Controlarase a asistencia en todas as sesións presenciais (expositivas, interactivas e titorias). A asistencia a clase ten unha incidencia directa na avaliación, polo que debemos ter en conta diferentes casuísticas:
a)Asistencia a un 80% o máis das sesións presenciais: Para obter unha valoración positiva pola asistencia a clase é preciso asistir como mínimo ao 80% das sesión presenciais, ademáis de implicarse activamente nas actividades que se soliciten. Estas actividades non son recuperables.
b)Alumnado que asiste a menos do 80% das sesións presenciais. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais), non será calificado no apartado A (participación na aula). Tendo en conta as causas da ausencia a clase, e cando a profesora o estime oportuno, estes alumnos e alumnas poderán presentar traballos e realizar exposicións orais, pero sempre con carácter individual, en ningún caso poderán formar parte dun grupo de traballo. Asi mesmo, aqueles alumnos e alumnas que, polas razóns que sexa (xustificadas ou non) teñan 4 ou máis faltas de asistencia ás reunións de traballo en grupo (tanto presenciais como fora da aula) quedarán excluidos do traballo de grupo e deberán continuar o traballo de xeito individual.
c)Alumnado que asiste a menos do 50% das sesións presenciais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación non serán avaliados nos apartados A (Participación), C (Traballos e informes) e D (exposicións orais). Deberán presentarse ao exame final, que terá unha valoración máxima de 5 puntos, e poderán completar esta cualificación coa realización das actividades propostas pola profesor e que deberán ser defendidas nunha entrevista individual. As actividades propostas poden consistir na lectura e comentario crítico de libros e/ou artigos ou una resolución dun caso práctico no que se apliquen os contidos da materia. O plan de traballo establecerase individualmente no horario de titorias.
d)Alumnado con exención de docencia. Aqueles alumnos e alumnas que soliciten a exención de docencia deberán informar á profesora desta situación na mesma semana en que se solicite a exención, a fin de concretar o seu plan de traballo e as condicións e criterios para a avaliación da materia
3.REALIZACIÓN DE TRABALLOS E INFORMES
Os informes e traballos que se entreguen á profesora para a súa valoración deben cumprir co rigor científico esixido para un traballo académico:
-Estructura: todo informe debe constar de portada, indice, introducción, corpo do informe debidemente numerado e organizado, conclusións ou reflexións finais, referencias bibliográficas e, de ser o caso, anexos.
-Calidade lingüística: ortografía e sintaxe. os traballos que presenten faltas de ortografía serán penalizados.
-Citación adecuada das fontes bibliográficas. Realizacion adecuada das citas bibliográficas directas e indirectas que se empreguen no corpo do texto. As citas mal recollidas serán penalizadas. Aqueles traballos que recollan frases textuais ou ideas orixinais sin citar a fonte bibliográfica serán calificados negativamente, podendo ser causa de suspenso do traballo.
-Referencias bibliográficas segundo a normativa APA. As referencias bibliográficas mal citadas poderán ser penalizadas.
-Orixinalidade: o plaxio, total ou parcial, dun traballo será motivo de suspenso. Cando se trate dun traballo en grupo, a calificación será extensible a todos os membreo do grupo.
4.RECUPERACIÓN DA MATERIA:
a)Alumnado que non supera a materia na primeira oportunidade (período ordinario) e debe ir á oportunidade de xullo . Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir á titoria na primeira semana do segundo cuatrimestre para concretar o plan de traballo a realizar para a recuperación da materia. Este plan de traballo realizarase individualmente para cada alumno tendo en conta as suas condicións ao longo do cuatrimestre e favorecendo o mellor aproveitamento dos recursos para a superación da materia.
b)Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores (é dicir, alumnado repetidor). Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación, deberán pasar pola titoría dentro das duas primeiras semanas do semestre para concretar coa profesora un plan de traballo específico tendo en conta as circunstancias e condicións da súa situación no curso anterior.
Tempo de estudo e traballo persoalAo tratarse dunha materia de 4,5 créditos ECTS, correspóndenlle 112,5 h de traballo do alumno/a. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 38,5h
- Actividades expositivas en gran grupo: 18 h
- Actividades interactivas: 18 h
- Actividades de titoria e supervisión programadas: 2,5 h
Horas de traballo autónomo do alumnado fora da aula: 74 horas
Total: 112,5 horas
Na guía docente da asignatura figura unha descrición máis detallada das actividades coa correspondente asignación de horas e distribución temporal no cuatrimestre.
Recomendacións para o estudo da materia1.Ter unha actitude positiva cara o traballo emocional e a introspección.
2.A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
3.É recomendable posuír ordenador e conexión a internet e coñecementos de informática a nivel básico de usuario.
4.Plantexarse un estudo comprensivo e non memorístico da materia
5. É moi importante realizar un traballo continuado todas as semanas.
6. Amosar, tanto nas intervencións en clase como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa Infancia. Non esquezades que vivir a educación é moito máis que saber empregar unhas ferramentas técnicas e didácticas.
ObservaciónsA USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflexado no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Escola. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia ás clases.
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por caracteristicas de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero solo se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/