Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151451 - Historia, Patrimonio e Educación en Galicia (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Historia Contemporánea e de América , Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación, Historia Contemporánea, Didáctica das Ciencias Sociais
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FREIRE CEDEIRA, ARACELI.NON
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Que o alumnado sexa quen de identificar, analizar e valorar os trazos fundamentais do evoluir histórico de Galiza entre os séculos XVI e XX

    - Que o alumnado identifique e valore o patrimonio material e inmaterial de Galiza

    - Que o alumnado saiba empregar as ferramentas didácticas axeitadas para pór en valor, dun punto de vista tanto social como educativo, o patrimonio galego

    - Que o alumnado coñeza, analice e valore os trazos fundamentais da evolución histórica da educación en Galiza
    Contidos
    Grandes etapas do desenvolvemento histórico de Galiza

    O patrimonio material e inmaterial de Galiza. Usos sociais e educativos

    Creación e desenvolvemento das institucións educativas en Galiza

    Profesorado, renovación pedagóxica e innovaciones educativas en Galiza
    Bibliografía básica e complementaria
    - AA.VV. (1995): Le patrimoine culturel et sa pédagogie. Strasbourg, Éditions du Conseil de l'Europe
    - Ayán, X. e Gago, M. (2012): Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI. Ames, 2.0 Editora
    - Ballesteros, E. (et al.) (2003): El patrimonio y la didáctica de las CC.SS. Cuenca, Asociación Universitaria de profesores de didáctica de las CC.SS.
    - Costa Rico, A. (2004): Historia da educación e da cultura en Galicia. Vigo, Xerais
    - Couceiro Domínguez, E. e Gómez Pellón, E. (eds.) (2012): Sitios de la antropología : patrimonio, lenguaje y etnicidad : textos en homenaje a José Antonio Fernández de Rota, A Coruña : Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
    - Dubert, I. (coord.) (2012): Historia de la Galicia moderna. Siglos XVI-XIX. Santiago de Compostela, Universidade
    - Estepa, J. (et al.) (2001): Museo y patrimonio en la didáctica de las CC.SS.. Huelva, Universidad
    - Fernández de la Rota, J.A. e Irimia Fernández, M.P.: Betanzos frente a su historia, sociedad y patrimonio , A Coruña : Fundación Caixa Galicia, 2000
    - Fernández de Rota, J.A.: “Riqueza y patrimonio : el factor humano”, en R. Ledesma y F. Vicente Castro (eds.) (2011): Caminos que unen historia, paisaje y turismo : experiencias patrimoniales en Argentina y España : (publicación homenaje a José Antonio Fernández de Rota y Monter). Badajoz, Psique-Ex, pp. 65-79
    - Fernández de Rota, J.A.: “Arquitectura, vida y patrimonio”, en P. Castro Seixas, X. Pereiro Pérez, P. Mota Santos (coords.) (1998): Seminario Internacional Cultura e Arquitectura. Cultura e arquitectura, incursións antropolóxicas no espacio construído : actas do Seminario Internacional "Cultura e Arquitectura", Santiago de Compostela : Edicións Lea, pp. 151-168
    - Fontal, O. (2003): La educación patrimonial. Teoría y práctica para el aula, el museo e internet. Gijón, Trea
    - Herrero Pérez, N. (2003): "Antropoloxía, patrimonio cultural e educación. Observando procesos de patrimonialización en Galicia", Adaxe,nº 19, p. 23-45
    - IDEGA (2006): Os montes veciñais en man común. O patrimonio silente: natureza, economia, identidade e democracia. Vigo, Xerais
    - Juana, J. de e Prada, J. (coords.) (2005): Historia contemporánea de Galicia. Barcelona: Ariel
    - Martínez-Risco, L. (2003): "Poder e educación: identidade e patrimonio", A Trabe de Ouro, nº 54, p. 169-80
    - Peña Saavedra, V: (2012): Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Gale,ga
    - Peña Saavedra, V. (2006): "MUPEGA: espazos museográficos e discurso expositivo", en IX Coloquio Galego de Museos. Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Patrimonio, p. 77-92
    - Peña Saavedra, V. (2010): "La conservación del patrimonio, una responsabilidad pedagógica", en E. Collelldemont (et al.) (coords.): Memoria, ciudadanía y museos de educación, Vic, Universitat, p. 29-55 (edición en CD)
    - Pereira, D. (2000): O patrimonio marítimo de Galiza. S.l., Federación Galega pola Cultura Marítima
    - Pose, H.M. (2009): "Cinco apontamentos sobre educación patrimonial e labor municipal", Revista Galega de Educación, nº 44, p. 76-9
    - Proxecto Ronsel (2008): Plan para a salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial de Galiza. Santiago de Compostela, Proxecto Ronsel
    - Ruiz Berrio, J. (ed.) (2010): El patrimonio histórico-educativo. Su conservación y estudio. Madrid, Biblioteca Nueva- Saavedra, P. (1994): La vida cotidiana en la Galcicia del Antiguo Régimen. Barcelona, Crític
    Competencias
    Xerais:
    G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros profesionais do centro.
    G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal dos estudantes.
    G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
    G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
    G9. Valorar a responsabilidade individual e colectiva na xestión dun futuro sustentábel.
    G12. Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.

    B1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e se soe atopar a un nivel que, se ben apóiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que supoñen coñecementos procedentes da avangarda do seu eido de estudo.
    B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

    T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T3. Coñecemento instrumental das TIC

    Específicas:
    EC 29. Coñecer os grandes rasgos do desenvolvemento histórico do territorio de Galiza, en especial nos aspectos sociais, culturais e educativos
    EC 30. Identificar e analizar os aspectos destacados do patrimonio material e inmaterial de Galiza, así como seus empregos sociais e educativos
    EC 31. Analizar os hitos fundamentais do desenvolvemento do sistema escolar e da educación en Galiza en relación co contexto social
    EC 32. Coñecer e empregar o patrimonio cultural e educativo de Galiza como recurso didáctico
    EC 33. Desenvolver actitudes de aprezo e conservación do patrimonio histórico, cultural e educativo de Galiza
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía de traballo fundarase nos métodos activos e dialóxicos nos que se combinan de forma flexible as actividades en gran grupo, grupo mediano e pequenos grupos. As actividades en gran grupo deben servir para presentar información, organizar lecturas e traballos dos estudantes, realizar saídas de estudo e visitas a lugares de interese. As actividades en grupo mediano permiten realizar lectura e discusión de textos, debates sobre temáticas específicas, formular e discutir propostas de traballo. As actividades en grupo pequeno e individuais permiten facer o seguimento e orientar o traballo dos estudantes.
    Sistema de evaluación
    - Participación na aula: 10% da nota final (para ter nota neste apartado hai que asistir ao 80% das sesións)
    - Probas específicas: 50% da nota final
    - Informes escritos: 30% da nota final
    - Presentacións orais: 10% da nota final

    A criterio do profesor/a, e sempre co acordo da totalidade do alumnado, poderase optar por outro sistema de avaliación.

    O alumnado repetidor e/ou con exención de docencia deberá falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre no primeiro caso e na mesma semana da solicitude da exención no segundo, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
    Os alumnos/as que non superen a materia na convocatoria de xuño e se presenten na convocatoria de xullo deberán falar previamente co profesorado para concretar o plan de traballo.
    Calquera outra situación excepcional deberá comunicarse ó docente
    Tempo de estudo e traballo persoal
    38.5 horas de traballo en aula e 74 de traballo autónomo do alumnado, das que:
    18 horas en grupo grande (con 25 horas de traballo autónomo do alumnado)
    18 horas en grupo mediano (con 36 horas de traballo autónomo do alumnado)
    2.5 horas en grupo pequeno ou individual (con 13 horas de traballo autónomo do alumnado)