Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151224 - Ensino e Aprendizaxe de Competencias Comunicativas (Francés) (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Francesa e Italiana
  • Áreas: Filoloxía Francesa
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LELIEVRE HOUISEAU, GERARD PROSPER.SI
PLANAS ROCA, Mª ANGELES.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Francés


  • Obxectivos da materia
    -Atinxir un nivel de competencia comunicativa na lingua francesa equivalente ao nivel B1-B2 do MCER.
    - Dominio das catro destrezas lingüísticas (expresión oral e escrita, comprensión oral e escrita) nivel B2
    -Ter coñecementos socioculturais sobre a sociedade francesa e a súa lingua.Uso dos documentos auténticos.
    -Saber organizar unha unidade didáctica e utilizar materiais e recursos didácticos. (recursos virtuais e Tics)
    - Coñecer os principais métodos audiovisuais do francés e saber utilizalos.
    Contidos
    Os contidos da asignatura distribúense en dous bloques, que se desenrolan simultáneamente: bloque lingüístico e bloque didáctico.
    Dentro do bloque lingüístico procurárase capacitar ao alumnado para o manexo das principais estructuras e funcións da lingua estranxeira, pasará o mesmo co vocabulario básico relacionado con contextos da vida cotiá e profesional. Como obxectivo preténdese o desenrolo das destrezas para a comunicación oral e escrita até atinxir un nivel de competencia B2 do MCER(nivel intermedio-superior), que permita ao futuro docente afrontar situacións de ensino dunha lingua estranxeira (francés) con confianza e eficacia, introducir conceptos básicos de tipo lingüístico e sociocultural, e proporcionar un modelo axeitado de producción lingüística aos seus estudantes. Como resultado do desenrolo das destrezas de comprensión e expresión oral e escrita, o alumnado será capaz de:
    1. Intercambiar información sobre temas cotiáns e resolver problemas.
    2. Utilizar vocabulario básico relacionado co ensino de linguas e con situacións cotiáns (educación, tempo libre, traballo, relacións humanas...)
    3. Empregar estructuras morfosintácticas básicas (tempos verbais, clausulas d erelativo, voz pasiva, oracións condicionais, etc.)
    4. Usar de forma efectiva os compoñentes fonéticos da lingua (sóns, ritmo, entoación)
    5. Comprender textos orais e escritos breves sobre temas familiares ou de interés profesional, e extraer deles información xeral e específica.
    6. Expresar oralmente razóns ou opinións, narrar acontecementos e descrever situacións ou experencias de forma clara organizada.
    7. Redactar textos narrativos, descriptivos ou argumentativos sinxelos sobre temas de interés persoal ou relacionados co ensino da lingua estranxeira.
    8.Recoñecer semellanzas e diferencias socioculturais con paises onde se fala a lingua estranxeira e introducir aspectos socioculturais na aula.
    Dentro do bloque didáctico, procurárase familiarizar ao alumnado con coñecementos básicos de tipo teórico e práctico sobre o ensino da lingua estranxeira(francés) na etapa de educación primaria, para capacitalo para afrontar situacións de ensino-aprendizaxe. Os contidos organizáranse en cinco unidades:
    1.- Enfoques e métodos para o ensino da lingua estranxeira.
    2.-O manexo da aula: Organización e interacción.
    3.- O ensino das catro destrezas.
    4.- Materiais e recursos didácticos( prestando atención aos recursos virtuais e ás Tics)
    5.- Programación anual, unidades didácticas e avaliación.


    Bibliografía básica e complementaria
    -Grand-Clément, Odile (2007) Civilisation en dialogues, niveau débutant, + CD, CLE international, Paris.
    - Grand- Clement, Odile (2008) Civilisation en dialogues, niveau intermédiaire, +CD, CLE international, Paris
    -Grégoire, Maia; Thiévenaz, Odile (1995) Grammaire progressive du français avec 500 exercices,CLE international, Paris
    -Miquel, Claire (2009) Vite et Bien 1, Méthode rapide pour adultes(A1, A2)+CD, CLE international, Paris.
    - Miquel, Claire (2011) Vite et Bien 2, Métode rapide pour adultes (B1, B2) + CD, CLE international, Paris.
    - Miquel, Claire (2004) Communication progressive du français avec 300 activités, + CD, niveau débutant, Cle international, Paris
    - Miquel, Claire (2004) Communication progressive du français avce 365 activités, + CD, niveau intermédiaire, CLE international, Paris
    - Miquel, Claire (2005) Grammaire en dialogues, niveau débutant, +CD, CLE international, Paris
    - Miquel Claire (2007) Grammaire en dialogues, niveau intermédiaire, + CD, CLE international, Paris
    -Steele, Ross(2002) Civilisation progressive du français avec 300 activités, CLE international, Paris

    Competencias
    Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:

    Competencias xerais (G):

    G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
    G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe d elinguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
    G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.

    Competencias específicas (E) da materia:

    E51 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
    E52 Expresarse, oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira.
    E53 Desenrolar e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.


    Competencias transversais (T):

    T1- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.

    Metodoloxía da ensinanza
    A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1, 5 horas en grupo expositivo e tres de 1,5 horas en grupos interactivos. Cada estudante contará asímesmo con 3 horas de títorías programadas, distribuídas ao longo do transcurso da materia en dúas sesións de 1,5 horas debidamente fixadas no horario.
    As actividades formativas en grupo expositivo están concebidas para desenvolver , aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado. O profesorado utilizará a exposición, e o alumnado resolverá determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as seguintes competencias:G1,G2,G3, G4,G11,E50,E51, E52,E53,B2, B4, B5,T1.
    As actividades en grupo interactivo desenvolveranse no marco de métodos de resolución de problemas lingüísticos e didácticos, preferentemente implicando tamén un importante traballo autónomo individual e en grupo. Isto propiciará o desenvolvemento das competencias máis ligadas ao pensamento crítico:G3, E50,E51,E52,E53,B2,B4,T1
    Nas sesións de titorías programadas o alumnado será atendido en grupos moi reducidos, tratarase de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias citadas.
    Sistema de evaluación
    A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:

    -PARTICIPACIÓN NA AULA (G3, G11, E50,E51,E52,E53,,B1,B2,B3, T1): 10%
    -PROBAS ESPECÍFICAS (G1,G3,G11,E51,E52,E53,B1,B2,B3,T1):50%
    -INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (G1,G3,E50,E51,E52,E53,,B1,B2,B3,T1): 30%
    -PRESENTACIÓNS ORAIS (G1,G3,G11,E51,E52,E53, B1, B2, B3, B4,T1): 10%

    A asistencia ás sesións de clase nos diferentes grupos, a implicación nas actividades programadas, así como a entrega en tempo e forma dos traballos propostos, será polo tanto condición necesaria para a superación da materia

    Tempo de estudo e traballo persoal
    HORAS PRESENCIAIS: 51 HORAS EN FUNCIÓN DE

    -ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (24 HORAS)
    Actividade expositiva
    Práctica en grupo clase
    Presentación dun plan d etraballo
    Realización de proba escrita

    -ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (24 HORAS)
    Resolución de problemas
    Estudo de casos
    Debates
    Proxectos e traballos

    -ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (3 HORAS)
    Reflexión traballo grupo
    Discusión de proxectos

    HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 HORAS en función de

    -ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (35 HORAS)
    Lectura de documentos
    Estudo
    Preparación de proba escrita
    -ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (45 HORAS)
    Lectura de documentos
    Preparación de presentacións
    Búsqueda de información complementaria
    Reflexión en pequenos grupos
    -ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (19 HORAS)
    Resolución de dúbidas
    Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo
    Actividades de autoavaliación

    HORAS TOTAIS:150


    Recomendacións para o estudo da materia
    Estar interesado/a pola lingua e a cultura francesa ou francófona.
    Mostrar disposición e interés hacia outras linguas e sistemas culturais.