Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151462 - Inglés: a diversidade cultural e as súas manifestacións (Optativo Mención en Lingua Estranxeira: Inglés) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ RUA, PAULA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. XERAIS
    Nesta asignatura preténdese ofrecer unha panorámica xeral dos principais aspectos socioculturais de países do mundo anglosaxón, tomando o Reino Unido como orixe e punto de referencia dentro dos países de fala inglesa. Ao mesmo tempo que contribúe ao desenvolvemento das destrezas produtivas e receptivas en lingua inglesa, a asignatura axudará ao alumnado a sistematizar e aumentar os seus coñecementos previos sobre aspectos históricos, culturais e lingüísticos relativos á civilización británica, e permitiralle establecer comparacións produtivas entre o seu propio contexto cultural e o da sociedade británica, así como o doutras sociedades de fala inglesa. O obxectivo último e primordial da asignatura é capacitar ao alumnado para incorporar os coñecementos e a conciencia cultural adquiridos á súa futura práctica docente.

    2. ESPECÍFICOS
    Polo que respecta ao desenvolvemento das habilidades produtivas e receptivas para a comunicación nunha lingua estranxeira, ao longo do curso espérase que o alumnado consolide o nivel de inglés B1 a B2 do Marco Común Europeo de Referencia (intermedio a intermedio superior, ou niveis PET a FCE de Cambridge). Ademáis, a través das actividades levadas a cabo dentro e fóra da aula (traballos escritos, presentacións orais, actividades de avaliación grupal, etc.), espérase que o alumnado desenvolva competencias xenéricas relacionadas co pensamento crítico, o traballo en equipo, e a selección, análise e tratamento da información. Ao remate do curso, o alumnado terá acadados os seguintes obxectivos específicos relacionados cos contidos da asignatura:
    - Adquirir coñecementos sobre as características xeográficas básicas das Illas Británicas.
    - Adquirir coñecementos sobre os principais acontecementos históricos relacionados coas Illas Británicas, e entender o xeito en que eses acontecementos contribuiron a construír o Reino Unido como país.
    - Familiarizarse cos principais aspectos da cultura británica contemporánea.
    - Aprender a relacionar eses aspectos co contexto cultural propio, e
    - Adquirir coñecementos e desenvolver destrezas que capaciten aos estudantes para introducir aspectos culturais na aula de inglés.

    Contidos
    Ao longo do curso vanse introducir e desenvolver contidos conceptuais, procedimentais e actitudinales. Polo que respecta aos contidos conceptuais, o alumnado familiarizarase con diferentes aspectos da historia, cultura e civilización británicas, isto é, cuestións de identidade, xeografía e historia, política e institucións, relixión, educación, traballo e economía, vivenda, transporte e benestar social, artes e medios de comunicación, deportes, tempo libre e vida familiar, comidas e bebidas, ou vacacións e festividades.

    En canto aos contidos procedimentais, o alumnado continuará coa práctica integrada das catro destrezas lingüísticas co fin de mellorar ou consolidar o seu nivel de competencia comunicativa na lingua estranxeira. Finalmente, polo que respecta aos contidos actitudinais, o alumnado desenvolverá a capacidade para apreciar a diversidade cultural e para amosar actitudes tolerantes e respectuosas cos falantes doutras linguas, así como para promover o desenvolvemento desas actitudes e capacidades comunicativas e apreciativas nos seus futuros estudantes.

    Nota importante: esta asignatura, por mor das suás características particulares, precisa dunha actualización periódica dos seus contidos. Esa actualización será levada a cabo polo profesor na aula, polo que o alumnado que non asista de xeito regular ás clases será responsable de actualizar pola súa conta os contidos empregando material complementario de traballo, co fin de responder adecuadamente ás cuestións que se formulen na avaliación.

    Bibliografía básica e complementaria
    Lectura obrigatoria (fragmentos dispoñibles en fotocopiadora)
    Vaughan-Rees, M., Sweeney, G e Cassidy, P. 2007. In Britain. 21st Century Edition. Student’s Book. London: Chancerel International Publishers

    Bibliografía básica
    Collie, J. e Martin, A. 2000. What’s it like? Life and Culture in Britain Today. Cambridge: C.U.P. [Fac: M ENG.DI 230 1,2; casete na Fac. Filoloxía]
    Garwood, Ch., Gardani, G. e Peris, E. 1996. Aspects of Britain and the USA. Oxford: O.U.P. [Fac: M ENG.DI 39; M HEU 17; M HEU 46; Intercentros HEU 209]
    Gill, S. e Cancová, M. 2003. Intercultural Activities. Oxford: O.U.P. [Fac: M ENG.DI 201]
    O’Driscoll, J. 1999. Britain. The Country and Its People. Oxford: O.U.P. [Fac: M ENG.DI 13; ENG 461]
    Smith, J. 2012. Exploring British Culture. Cambridge: C.U.P. [Fac: M ENG 260/ 1,2]

    Bibliografía complementaria
    McDowall, D. 2006 (1989). An Illustrated History of Britain. Essex: Longman. [Fac: M HEU 176; Intercentros HEU 204]
    Musman, R. 1987. Background to English Speaking Countries. London: Macmillan. [CC Ed. Santiago: 802 231]
    Musman, R. 1993. Background to the USA. London: Macmillan. [Fac: M HUN 89]
    O’Callaghan, B. 2004 (1990). An Illustrated History of the USA. Essex: Longman. [Fac: M HUN 86; Intercentros HUN 131]
    Oakland, J. 1986. British Civilization: An Introduction. London: Routledge. [Intercentros HIS 1]
    Room, A. 1996. An A to Z of British Life. Oxford: O.U.P. [Fac: M ENG 12; Intercentros E.HUM 127]
    Tomalin, B. e Stempleski, S. 1994. Cultural Awareness. Oxford: O.U.P. [Fac: M ENG.DI 34]

    Recursos electrónicos (consultados: 15 de maio 2013)
    British Council: Learn English
    [http:// http://learnenglish.britishcouncil.org/en/uk-culture]

    British Culture, British Customs and British Traditions [http://www.learnenglish.de/britishculture.htm]

    Life in the USA: Web guide to American Life for Immigrants and Americans [http://www.lifeintheusa.com/]

    Project Britain: Your Guide to British Life, Culture and Customs [http://www.projectbritain.com]

    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS
    G.1.Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación, e didáctica do seu ensino e aprendizaxe.
    G.3. Capacidade para abordar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües, e capacidade para afrontar a lectura e o comentario crítico de textos.
    G.4. Capacidade para deseñar e manexar espazos de aprendizaxe baixo os principios de igualdade e respecto á diversidade.
    G.11. Capacidade para coñecer, seleccionar e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    E1. Capacidade para comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao periodo que abrangue entre os 6 e os 12 anos no seu contexto familiar, social e escolar.
    E2. Capacidade para coñecer as características do alumnado desa etapa e dos seus contextos motivacionais e sociais.
    E52. Capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
    E53. Capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados e para promover as competencias correspondentes nos estudantes.

    COMPETENCIAS BÁSICAS
    B.1. Capacidade para amosar a adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos a área de estudo.
    B.2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao ámbito profesional, co fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
    B.4. Capacidade para transmitir información en ámbitos especializados e non especializados.

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
    T.1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras

    Metodoloxía da ensinanza
    A asignatura desenvolverase ao longo dun cuadrimestre, en sesións semanais (expositivas, interactivas e de titorías grupais) que se impartirán preferentemente en inglés, co fin de desenvolver a competencia específica de ‘Expresarse oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira’, así como a competencia transversal referida ao dominio dunha lingua estranxeira.
    Tanto nas sesións expositivas (en grupo grande) como nas interactivas (en grupo mediano) vanse introducir diversos temas relacionados coa cultura británica mediante actividades de diferentes formatos (textos orais e escritos con preguntas de comprensión, exercicios de elección múltiple, preguntas de resposta aberta, xogo de roles, presentacións orais, actividades de aprendizaxe cooperativa, etc.), destinadas a desenvolver a competencia comunicativa do alumnado, a súa capacidade para o comentario crítico de textos, e as súas habilidades para o traballo en equipo. Esas actividades contribuirán así mesmo a aumentar os seus coñecementos sobre aspectos culturais dos países de fala inglesa e a desenvolver as competencias referidas á aplicación nas aulas de tecnoloxías da información e da comunicación.
    As actividades non presenciais orientaranse cara ao desenvolvemento tanto das destrezas comunicativas como das didácticas, aplicando e consolidando os coñecementos adquiridos nas sesiones presenciais e exercitando a aprendizaxe autónoma.
    Finalmente, as titorías grupais se levarán a cabo como sesións de orientación encamiñadas á resolución de problemas e á supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo e cooperativo. Así mesmo, instarase ao alumnado a que acuda a titorías individuais no despacho do profesor para obter a orientación e supervisión que precise.

    Sistema de evaluación
    Detállase a continuación o proceso de avaliación previsto para a asignatura (sistema, porcentaxe na cualificación, actividades e competencias avaliadas):
    1. Participación (5%): listas de control, presentacións na aula. Competencias: G3, G4, E1, E2, E52, E53, B1, B2, B4, T1
    2. Probas específicas (40%): Exame escrito. Competencias: G1, G3, G4, G11, E1, E2, E52, E53, B1, B2, T1
    3. Informes escritos e outras producións (40%): controles periódicos, exercicios de preparación de presentacións, traballos escritos. Competencias: G1, E1, E2, E52, E53, B1, B2, T1
    4. Presentacións orais (15%): presentacións na aula. Competencias: G1,G11, E1, E2, E52, E53, B1, B2, B4, T1

    Polo que respecta ás actividades de avaliación e o seu peso na cualificación, para superar a asignatura cómpre obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10, cos mínimos que a continuación se detallan. Nas actividades de avaliación comprobarase o grao de adquisición de contidos de tipo sociocultural e a súa aplicación didáctica, así como o desenvolvemento das destrezas comunicativas orais e escritas na lingua estranxeira.

    A) Actividades de avaliación continua: 6 puntos.
    a) Traballo de grupo para exposición na aula sobre un tema relacionado coa cultura británica e a súa aplicación didáctica na aula de lingua estranxeira: 3 puntos.
    b) Actividades grupais orais e escritas realizadas na aula: 1,5 puntos
    c) Controles individuais periódicos dos contidos impartidos durante o curso: 1,5 puntos

    ADVÍRTESE AO ALUMNADO QUE, DE ACORDO CO REGULAMENTO ACADÉMICO, CALQUERA PLAXIO DETECTADO NAS ACTIVIDADES DE PRODUCIÓN ESCRITA SERÁ DEBIDAMENTE PENALIZADO. AS SANCIÓNS PODERÁN VARIAR DESDE A INVALIDACIÓN DO TRABALLO ATA A PERDA POR PARTE DO ALUMNADO IMPLICADO DO SEU DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA.

    B) Actividades de avaliación final: 4 puntos (avalíanse no apartado de probas específicas). Nota mínima esixida: 1.6 puntos. De non obterse esa nota mínima non se valorarán as actividades de avaliación continua e a asignatura considerarase suspensa. A proba escrita incluirá en todo caso preguntas sobre contidos relativos a aspectos culturais do mundo anglosaxón desenvolvidos na aula durante o curso, así como cuestións prácticas relacionadas co ensino de elementos socioculturais na aula de lingua estranxeira.

    Tendo en conta os requisitos xerais das asignaturas nos novos graos e especialmente as características particulares desta asignatura, o sistema de avaliación que se ofrece ao alumnado por defecto é o detallado anteriormente, isto é, avaliación continua + proba final, o cal implica a asistencia obrigatoria a un mínimo do 80% das sesións.

    Non obstante, contémplase a posibilidade de que, en casos excepcionais (por exemplo, alumnado con dispensa: ver “Observacións”), e previo asesoramento co profesor, poida levarse a cabo a avaliación exclusivamente mediante a realización dunha proba final na que a cualificación máxima que se poderá obter será de APTO (5). A proba incluirá cuestións teóricas (5 puntos) e prácticas (5 puntos) sobre aspectos culturais do mundo anglosaxón e a súa introdución na aula, e a nota mínima esixida será de 2 puntos en cada unha das partes (teoría e práctica). Para superar a asignatura cómpre obter unha cualificación mínima total na proba de alomenos 5 puntos e unha cualificación non inferior a 2 puntos en cada unha das partes. De non obterse esa cualificación mínima en cada parte, non se sumarán as cualificacións parciais e a asignatura considerarase suspensa.

    No caso de que non se cumpran os obxectivos previstos e sexa necesaria a realización dunha proba de recuperación, o alumnado poderá elixir, previo asesoramento co profesor, entre manter o sistema de avaliación continua (no que se conservarían as cualificacións obtidas durante o curso, e se repetiría a proba final coa mesma distribución de puntuacións), ou ser avaliado únicamente mediante a proba final anteriormente mencionada. En posteriores convocatorias o sistema de avaliación por defecto será a avaliación final.
    Finalmente, advírtese que o alumnado que incumpra sistemáticamente e sen xustificación os criterios de asistencia será avaliado exclusivamente mediante a proba final antes mencionada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tal e como figura na Memoria da titulación, para o correcto desenvolvemento desta asignatura está previsto que o alumnado adique aproximadamente 112,5 horas, das que 38,5 corresponden a traballo presencial na aula e 74 a traballo autónomo e preparatorio. Para máis información sobre o traballo del alumnado, ver os apartados “Avaliación” e "Recomendacións para o estudo da asignatura".

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para aproveitar ao máximo a asignatura, é aconsellable que o alumnado asista regularmente ás clases e ás titorías grupais e individuais, co fin de que o profesor poida monitorizar o seu traballo e solventar posibles problemas. Tamén é recomendable levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fora da aula, planificar o traballo autónomo e distribuir o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe que o Centro pon á súa disposición, e participar activa e razoadamente nas actividades da aula.
    A asignatura disporá dunha páxina no Campus Virtual, onde o alumnado poderá localizar documentos e materiais de interese.

    Observacións
    Prerrequisitos
    Non existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura. Non obstante, recoméndase posuír un nivel mínimo inicial de competencia comunicativa na lingua inglesa equivalente ao B1 do MCER (nivel intermedio, ou PET de Cambridge). Así mesmo, é aconsellable ter cursado e aprobado a asignatura obrigatoria “Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas: Inglés”. Finalmente, recoméndase tamén posuír un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.

    Outras observacións:
    O alumnado que, por circunstancias excepcionais, non poida asistir de xeito continuado ás sesións presenciais poderá acollerse ao sistema de avaliación mediante proba final coas características mencionadas no apartado “Avaliación”. Para iso, deberá contactar obrigatoriamente co profesor da asignatura, ben antes do comezo das clases, ou dentro da primeira quincena lectiva para informar da súa situación e, de ser o caso, establecer un plan de traballo individualizado.
    Para facilitar o desenvolvemento e a superación da asignatura, recoméndase que o alumnado que se atope nesa situación procure traballar de xeito continuado e se manteña en contacto co profesor mediante titorías, plataformas virtuais, correo electrónico, etc.