Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151463 - Escola Rural de Galicia (Optativo Mención en Tutoría e Xestión de Centros) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Socioloxía
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Socioloxía
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
COBAS GONZALEZ, PAMELA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
TI-ECTS_01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta asignatura pertence ao cuarto curso (segundo semestre) do Plano de Estudos do Grao de Mestre/a de Educación Primaria da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, con carácter optativo.

    Os obxectivos principais da materia son:

    1. Ofrecer unha visión panorámica da configuración e do desenvolvemento do sistema educativo en Galicia, contextualizándoo no seu marco rural.
    2. Analizar algúns dos procesos educativos de maior significación no devir da sociedade galega contemporánea, nas súas vinculacións dinámicas e interactivas cos demais segmentos da realidade.
    3. Facilitar a adquisición das destrezas intelectuais necesarias e dos coñecementos requiridos para unha comprensión máis óptima da problemática educativa da Galicia actual rural.
    4. Familiarizarse co uso e a consulta dos acervos bibliográficos e documentais máis relevantes e comúns que se empregan na materia.
    6. Identificar as expectativas, demandas e respostas sociais que se suscitan ante a configuración e o funcionamento do sistema escolar rural Galego.
    8. Analizar a situación e o estado actual do sistema educativo na Comunidade Galega nas súas vinculacións interactivas cos segmentos que configuran o tecido rural do país.

    10. Relacionar e articular de forma integrada os contidos da disciplina co corpus cognitivo doutras materias do plano de estudos do que fai parte, a fin de que os coñecementos adquiridos acaden maior relevancia e significación, e contribúan, asemade, a unha capacitación máis óptima dos futuros mestres.

    A concreción destes obxectivos irase facendo efectiva ao longo do semestre que, como secuencia temporal, lle corresponde á materia para o desenvolvemento dos diferentes núcleos temáticos e a realización das actividades programadas. Nas sesións de traballo na aula, o alumnado recibirá unha información máis detallada co propósito de ampliar, clarexar e matizar os enunciados que aquí se formulan en forma de obxectivos.

    Contidos
    1. A educación en Galicia nas súas coordenadas socio-históricas e culturais.
    1.1. Configuración e desenvolvemento do sistema escolar rural.

    2. A política educativa no marco autonómico.
    2.1. Traspaso de competencias e descentralización administrativa na xestión do sistema educativo rural.
    2.2. Transferencia de recursos, servizos e funcións.
    2.3. A Administración educativa autonómica: estrutura orgánica e funcións.

    3. Realizacións institucionais e práctica educativa.
    3.1. Estado actual do sistema educativo en Galicia: centros e servizos.
    3.2. Lingua, cultura e educación rural: avances, debates e novos retos.


    Bibliografía básica e complementaria
    Barreiro, X. R. (1993): Galicia. Historia contemporánea. Enseñanza y cultura. T. VI. A Coruña, Hércules de Ediciones.
    Consellería de E. e O. U (1997 e 2000): Lexislación xeral sobre a ensinanza non universitaria na comunidade autónoma de Galicia. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia. 4 tomos.
    Consello Escolar de Galicia (1994-2010): Informes varios. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
    Costa, A. (1996): A Reforma da educación (1906-1936). Sada, Edcs. do Castro.
    Currás, C. (1995): A educación compensatoria en Galicia. S. de Compostela, Serv. de Publ. da Universidade.
    Gabriel, N. de (1990): Leer, escribir y contar. Sada, Ediciós do Castro.
    XIX e XX. A Coruña, Servizo de Public. da Universidade da Coruña.
    Graña, V. (comp.) (2001): Lexislación da lingua galega. A Coruña, Xunta de Galicia.
    I.C.E. (1988-1990): A educación en Galicia. Informe cero. Santiago de Compostela, Univ. de Santiago, 2 vols.
    Peña, V. (1991): Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar. Santiago de C., Xunta de Galicia, 2 vols.
    VV. AA.. (1984): La educación en Galicia. Aproximación a la situación actual. Bordón. Nº 253, maio-xuño.

    REFERENCIAS ELECTRÓNICAS:
    -Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/portal/
    -Consello da Cultura Galega: http://consellodacultura.org/
    -Consello Escolar Galicia. Informe sobre o estado e situación do sistema educativo en Galicia. Cursos 2002-2003 a 2004-2005:www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/CEG/Evolucion. PDF.

    REVISTAS
    Cuadernos de Pedagogía, Escuela Española, Innovación Educativa, Organización y Gestión Educativa, Revista de Educación, Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, entre outras.

    Competencias
    a) Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos mestres, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
    b) Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos.
    c) Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos).
    d) Manter unha permanente actitude de formación e de actualización verbo do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
    e) Identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora na práctica educativa rural.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
    - Acadar un coñecemento básico e preciso sobre o desenvolvemento e a estruturación da educación rural en Galicia.
    - Realizar un achegamento aos indicadores sociais que tipifican o contexto rural galego.
    - Contribuír ao coñecemento comprensivo dos riscos que constitúen o sistema educativo nas súas varias manifestacións de planificación e xestión.
    - Analizar a problemática relacionada coa normalización do galego e examinar planes, programas e iniciativas que se teñan desenvolvido ou se estean a desenvolver actualmente, en particular no tocante á educación rural.

    OUTRAS COMPETENCIAS, DESTREZAS E HABILIDADES QUE CÓMPRE ATINXIR DENDE A MATERIA
    - Dominar as categorías conceptuais básicas e a terminoloxía técnica máis usual do campo de saber no que se encadra a materia.
    - Ser capaces de identificar as expectativas, demandas e respostas sociais que se suscitan ante a configuración e a implantación do sistema escolar en Galicia.
    - Posuír as destrezas intelectuais necesarias para analizar a situación e o estado actual do sistema educativo na Comunidade Galega nas súas vinculacións interactivas cos segmentos que configuran o tecido social do país.
    - Demostrar habilidade, solvencia e rigor no uso e tratamento dos acervos bibliográficos e documentais de toda natureza que se empreguen na construción e desenvolvemento da materia.
    - Acreditar actitudes positivas cara á disciplina e recoñecer o seu sentido e utilidade nos currícula pedagóxicos.
    A concreción destas competencias, destrezas e habilidades irase facendo efectiva ao longo do semestre que, como secuencia temporal, lle corresponde á materia para o estudo e tratamento dos seus diferentes núcleos temáticos e a realización das actividades programadas. De todos os xeitos, o alumnado recibirá nas primeiras sesións de clase unha información máis polo miúdo co propósito de ampliar, clarexar e matizar os enunciados que aquí figuran expostos de maneira sucinta.

    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades que se poderán desenvolver nesta materia serán as seguintes:
    - A exposición dalgúns temas do programa ou partes destes polo profesor.
    - A presentación de documentos fotocopiados, para o seu estudo e debate.
    - Fomentarase a realización de coloquios e debates en todas as actividades cuxa temática se preste a facelo.
    - Realización de exercicios e actividades prácticas grupais nos temas que se prestan máis a iso.
    - Outro recurso didáctico para a presentación e/ou ilustración dalgúns temas sería a utilización de material audiovisual (películas, vídeos, etc.).
    - Realización de traballos teóricos sobre diversos temas relacionados co temario da materia.
    - A lectura e recensión crítica, realizada a nivel individual, dalgúns libros relacionados coa temática da materia.

    Combinaranse diversas modalidades de traballo docente-discente:
    - A exposición dalgúns temas do programa ou partes destes polo profesor.
    - A presentación de documentos fotocopiados para realizar unha análise-valoración en pequenos grupos e finalizar cun debate de todo o grupo-clase.
    - Fomentarase a realización de coloquios e debates en todas as actividades cuxa temática se preste a facelo.
    - O profesor formulará preguntas, problemas ou dilemas relacionados con determinadas cuestións do programa que terán que responder os grupos de traballo.
    - Realización de exercicios e actividades prácticas grupais.
    - Presentación e/ou ilustración dalgúns temas a través da utilización de material audiovisual.
    - A intención de facer a clase máis dinámica, amena e interesante lévanos a propoñer un gran número de actividades variadas que, con carácter voluntario, permiten atender á diversidade de intereses dos distintos alumnos.
    - Realización de traballos teóricos sobre diversos temas relacionados directamente co temario da materia ou complementarios a esta. Os alumnos interesados neles poden pedirlle ao profesor as pautas para a súa realización e establecer con este os momentos de encontro para realizar o seu seguimento.
    - A lectura e recensión crítica individual dalgúns libros relacionados coa temática da materia. Para facela, poderán escollerse os libros que se prefiran de entre a lista dos sinalados polo profesor.

    Sistema de evaluación
    A cualificación final será o resultado de diferentes tipos de procedementos:
    1) Unha avaliación continua a través do seguimento do traballo elevado a cabo polos/ás alumnos/ás nos diversos ámbitos: a participación e achegas nas clases, seminarios, prácticas, etc.
    2) O desenvolvemento das diversas actividades propostas como recensións, traballos teóricos, análise de incidentes críticos, estudos de caso, elaboración de casos, informes e relatos, análise de materiais, representación de roles, etc.
    3) A realización dun exame sobre os contidos do temario.

    Nesta perspectiva, contémplase:
    - A elaboración e entrega de traballos escritos que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Poderán realizarse individualmente e/ou en pequenos grupos.
    - Para obter unha valoración positiva na asignatura deberán estar realizadas y entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha das de carácter obrigatorio. Poderá haber tamén traballos optativos e outros de carácter voluntario. Todos eles concretaranse a principios de curso.
    - Nas primeiras sesións de clase, tendo en conta o calendario de realización de traballos, estableceranse as datas límite para a recollida de actividades individuais e de grupo.

    O alumnado ao que se lle conceda a exención oficial de docencia terá a obrigación de achegar o documento oficial de exención ó docente e de entregar todos os traballos no prazo establecido.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades e horas presenciais: 38,5horas.
    Actividades en gran grupo (expositivas 18 horas):
    Actividade expositiva
    Discusión
    Presentación de plans de traballo
    Realización de proba específica.
    Actividades en grupo mediano (interactivas 18 horas):
    Proxecto de traballo
    Estudio de casos
    Análise de documentos
    Debate
    Actividades en pequeno grupo (individuais, tutoría 3 horas):
    Comentario de documentos
    Auto-avaliación
    Reflexións
    Actividades e horas de traballo autónomo: 74 horas.
    Actividades de grupo expositivo (25 horas)
    Lectura e análise de documentos
    Estudio e preparación de proba específica
    Práctica independente
    Actividades en grupo interactivo (36 horas)
    Lectura e análise de documentos
    Preparación das presentacións
    Búsqueda de información complementaria
    Elaboración de materiais, traballo en subgrupo (proxecto)
    Estudio
    Actividades en grupo pequeno e individual (13 horas)
    Lectura de documentos
    Resolución de dúbidas
    Actividades de autoavaliación
    HORAS TOTAIS: 62,5 Horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Traballar e participar activamente nas diversas actividades propostas, tanto dentro coma fóra da aula. Ter iniciativa e interese. A aula enténdese como un espazo para a construción de coñecementos, mediante a interacción entre os participantes. En consecuencia, valórase a asistencia á clase e a participación activa nela.

    En particular, recoméndase:
    -Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da asignatura nos seus diversos apartados.
    -Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
    -Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas polo profesorado, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da asignatura.
    -Facer uso das titorías -a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- que posibiliten a mellora significativa da aprendizaxe, personalizar as opcións metodolóxicas e pedagóxicas, segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.


    Observacións
    -Responsabilidade medioambiental:
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.