Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151464 - O Entorno: Implicacións Didácticas para a Aprendizaxe na Escola Primaria (Optativo Mención en Tutoría e Xestión de Centros) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo básico da materia é lograr que os alumnos/as sexan capaces de analizar contornos naturais e sociais, identificando, recoñecendo e aproveitando os seus elementos para poder deseñar propostas de actividades educativas no contorno, valorando e promovendo os recursos que o medio natural e social proporciona.
    Contidos
    TEMA 1.- A escola e o contorno.
    TEMA 2.- Os recursos educativos procedentes do contorno.
    TEMA 3.- Recursos específicos: traballos de campo.
    TEMA 4.- As institucións e a organización social. Os medios de comunicación social.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA

    - BURNIE, D. (1989). A árbore. Biblioteca Visual Altea. Madrid.
    - BUSQUETS, Mª. D. (1994). Los Temas Transversales. Claves de la formación integral, Santillana, Madrid.
    - CAAMAÑO, A. (coord.) (2010). Didáctica de la Biología y la Geología. Graó, Barcelona.
    - CLAXTON G. (1994). Educar mentes curiosas. El reto de la Ciencia en la Escuela. Visor, Madrid.
    - Del CARMEN, L. (1988). Investigación del medio y aprendizaje. Graó, Barcelona.
    - DEL CARMEN, L. (1991). Investigación del medio en la escuela. MEC/Vicens Vives, Madrid/Barcelona.
    DEBESSE-ARVISET, M.-L. (1977). El entorno en la escuela: una revolución pedagógica (Didáctica de la geografía). Fontanella, Barcelona.
    - DELIBES DE CASTRO, M. (2001). Vida: la Naturaleza en peligro. Temas de Hoy, Madrid.
    -GARCÍA GANDOY,J. A.; LÓPEZ RODRIGUEZ, R. (2004). A Ecoauditoría Escolar. Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
    - GARCÍA RUIZ, A. L. (dir.) (1993). Didáctica de las Ciencias Sociales en la Educación Primaria. Algaida, Sevilla.
    - GIOLITTO, P. (1984). Pedagogía del Medio Ambiente. Herder, Barcelona.
    - HARLEN W. (1989). Enseñanza y Aprendizaje de las Ciencias. Morata /MEC, Madrid.
    - HART, R. A. (2001). La participación de los niños en el desarrollo sostenible. UNICEF- PAU Educación, Barcelona.
    - JIMÉNEZ ALEIXANDRE Mª P. e outros (2003). Enseñar Ciencias. Graó, Barcelona.
    - LÓPEZ RODRÍGUEZ, R. (2003). Educación Ambiental y su Didáctica. Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo, Lugo.
    - LÓPEZ RODRIGUEZ, R.; GARCÍA GANDOY, J. A. (2004). A Axenda 21 Escolar Galega. Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
    - MARTÍNEZ BONAFÉ, J. (1994). La conexión de la escuela al entorno y los dilemas que la acompañan. Aula de Innovación Educativa, 24, pp. 45-51.
    - NOVO, M. (coord.) (1999). Los desafíos ambientales. Reflexiones y propuestas para un futuro sostenible. Universitas, Madrid.
    - OLIVER JAUME, J. (1981). Los programas escolares y la investigación del entorno (Descripción de alternativas y modelos prácticos). Escuela Española, Madrid.
    - OLVERA LÓPEZ, F. (1989). La investigación del medio en la escuela. Penthalon, Madrid.
    - OSBORNE R.; FREYBERG P. (1991). El aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de la Ciencia de los alumnos. Narcea, Madrid.
    - PARKER, S. (1989). O río e a lagoa. Biblioteca Visual Altea, Madrid.
    - PEDRINACI, E. (2001). Los procesos geológicos internos. Síntesis, Madrid.
    - PERALES J.; CAÑAL P. (2000). Didáctica de las Ciencias Experimentales. Marfil, Alcoy.
    - PORLÁN, R.; CAÑAL, P. (1986). Más allá de la investigación del medio. Cuadernos de Pedagogía, 142, pp. 8-12.
    - PUJOL, R. M. (2003). Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria. Síntesis, Madrid.

    Competencias
    Xerais:
    G3.- Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
    G7.- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
    G10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.

    Específicas:
    E1.- Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período 6-12 no contexto familiar, social e escolar.
    E7.- Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra dela relativos ao período 6-12.
    E11.- Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
    E17.- Coñecer e explicar experiencias innovadoras en educación primaria.
    E22.- Relacionar a educación co medio, e cooperar coa familia e a comunidade.
    E36.- Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e a súa relación coa cultura.
    E53.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
    E69.- Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social.

    Básicas:
    B3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

    Transversais:
    T2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe, intentando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula.

    As actividades presenciais en grupo expositivo (18 horas) consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesorado, de modo que esta explicación se converta nun elemento importante cara á súa integración no proceso de construción de coñecementos por parte dos estudantes, que deberán empregar 25 horas de traballo autónomo para dominar os fundamentos da materia.

    As actividades en grupo interactivo, como estratexia intermedia cara á comunicación co grupo de clase (18 horas), procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada fundamentalmente na resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias no contorno, o estudo de casos e análise de proxectos. Realizaranse saídas ao medio e traballos prácticos de campo, así como de recoñecemento e identificación do material recollido. Estas actividades requirirán 36 horas de traballo persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado.

    Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesorado, tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesións atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.

    Na medida do posible utilizarase o campus virtual da USC como ferramenta de comunicación.

    Ao pretender unha metodoloxía participativa é indispensable a asistencia habitual a clase.

    Sistema de evaluación
    Na avaliación terase en conta:

    a.- Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio ou nas saídas de campo (25%).
    b.- Elaboración e presentación de informes ou traballos escritos que poidan ser requiridos polo profesorado ao longo do curso (individualmente ou en pequenos grupos), que comprendan reflexións sobre os contidos abordados nas sesións expositivas (poñendo de manifesto o aprendido) así como sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas (30%).
    c.- Presentacións orais na aula (15%).
    d.- Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva (30%).


    Para superar a materia será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais.

    Na primeira convocatoria de avaliación da materia é necesario obter como mínimo un 40%, 4 sobre 10 no apartado d) para que se lle poida sumar a puntuación dos apartados a), b) e c).
    A cualificación acadada nos apartados a), b) e c) terase en conta na segunda convocatoria ou seguintes de avaliación.

    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.

    O alumnado repetidor e con exención de docencia deberá falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre no primeiro caso e na mesma semana da solicitude da exención no segundo, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta é unha materia de 4,5 ECTS (112,5 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva presencial de 18 horas expositivas, 18 horas interactivas ou de laboratorio, e 2,5 horas de titorías.
    Considérase que as 74 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
    - Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 25 horas
    - Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 36 horas.
    - Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 13 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
    A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.