Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151465 - Dirección e Xestión de Centros (Optativo Mención en Tutoría e Xestión de Centros) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Socioloxía
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Socioloxía
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
COBAS GONZALEZ, PAMELA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
TI-ECTS_01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta asignatura pertence ao cuarto curso (segundo semestre) do Plano de Estudos do Grao de Mestre/a de Educación Primaria da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, con carácter optativo.

    Os obxectivos principais da materia son:

    1. Coñecer os marcos normativos que regulan a dirección centros educativos.
    2. Construir en equipo o coñecemento do campo da dirección e xestión de centros desde distintas concepcións e perspectivas que contribúan á configuración do estado actual da cuestión e da investigación neste campo.
    3. Examinar as características específicas do exercicio da dirección en diferentes contextos.
    4. Identificar, formular e facer propostas de solución de problemas propios da dirección de centros educativos, mediante a selección e uso das fontes e datos pertinentes.
    5. Analizar os significados do liderado no exercicio da dirección.
    6. Adquirir habilidades e actitudes facilitadoras desta función: capacidades para o traballo en equipo, saber tomar decisións, habilidades para negociar, análise de conflictos, xestións de reunións, etc.
    7. Aproximarse ao funcionamento dos centros escolares de forma reflexiva e crítica.
    8. Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
    9. Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade, así como actitudes de confianza, sentido crítico e iniciativa persoal.
    10. Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro escolar.

    Contidos
    TEMA I. A escola como organización: características e dimensións.

    TEMA II. Marco normativo, estruturas e mecanismos de funcionamento dos centros escolares.

    TEMA III. Características específicas dos centros de Educación Primaria.

    TEMA IV. A función directiva nas institucións educativas. Modelos, estilos de dirección e liderado educativo.

    TEMA V. Xestión e calidade nos centros de Educación Primaria.

    Bibliografía básica e complementaria
    AA. VV. (2000). Liderazgo y organizaciones que aprenden. Bilbao: ICE Universidad de Deusto.
    Álvarez Fernández, M. (1997). La dirección educativa y profesional. Cuadernos de Pedagogía. 262, 58-63.
    Antúnez, S. (1997a). Mejorar la dirección en épocas de turbulencias. Cuadernos de Pedagogía. 262, 44-49.
    Antúnez, S. (1997b). Formación y capacitación de los directores escolares. En X. Garagorri y P. Municio. Participación, autonomía y dirección en los centros educativos. Madrid: Escuela Española.
    Antúnez, S. (2000). La acción directiva en las instituciones escolares. Barcelona: ICE-Horsori
    Antúnez, S. (2003) ¿Mejorar la dirección? ¡Cambiemos las rutinas! Aula de Innovación Educativa, 123-124
    Armas, M. (1998). Dirección integral de centros educativos, Santiago de Compostela: Tórculo Edicións
    Ball, S. (1989). La micropolítica de la escuela. Hacia una teoría de la organización escolar. Barcelona: Paidós/MEC
    Bernal, J. L. (2000). Identificación de las principales cuestiones que afectan a los directivos. Organización y gestión educativa. 1
    Chavarría, X. E Borrell, E (2001). La Planificación y autoevaluación del trabajo de los directivos de centros docentes. Barcelona: CissPraxis
    Essomba, M. A. (2006). Liderar Escuelas interculturales e inclusivas. Barna: Graó
    Fernández Díaz, Mª J.; Álvarez Fernández, M. y Herrero Toranzo, E. (2002). La Dirección Escolar ante los retos del Siglo XXI. Madrid: Síntesis
    Fernandez Serrat, Mª L. (2002). Dirigir centros educativos. Granada: GEU
    Fuente Pis, R. et al (2001). Dirección de centros docentes. Santiago de Compostela: Tórculo
    Hargreaves, A. y Fink, D. (2008). El liderazgo sostenible: siete principios para el liderazgo en centros educativos innovadores. Madrid: Morata
    Hoyle, J. R.; English; F. W. e Steffy, B. (2002). Aptitudes del directivo de centros docentes. Madrid: Ramón Areces
    López Yáñez, J. et al. (2003). Dirección de centros educativos. Un enfoque basado en el análisis del sistema organizativo. Madrid: Síntesis
    Santos Guerra, M. A. (2000). Dirección escolar e innovación educativa. Educación XXI, 2
    Santos Guerra, M. A. (Coord.) (2009). Escuelas para la democracia. Cultura, organización y dirección de centros escolares. Madrid: Wolters Kluwer
    Vera, J. M., Mora, V. y Lapeña, A. (2006). Dirección y gestión de centros docentes: guía práctica para el trabajo diario del equipo directivo. Barcelona: Graó
    Viñao Frago, A. (2005). La dirección escolar: un análisis genealógico-cultural. En M. Fernández Enguita, y M. Gutiérrez Sastre (coords). Organización escolar, profesión docente y entorno comunitario. Madrid: Akal.

    REVISTAS
    Cuadernos de Pedagogía, Escuela Española, Innovación Educativa, Organización y Gestión Educativa, Revista de Educación, Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, entre outras.

    Competencias
    a) Competencias da titulación ás que contribúe a materia
    4 G Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en ámbitos presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
    2 T Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
    1.3 E Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións
    3.1 E Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para promover a participación e a dinamización de grupos en diferentes contextos educativos
    3.3 E Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.

    b) Competencias específicas da materia
    - Posuír os referentes teóricos, conceptuais e normativos que fundamentan e regulan a dirección e xestión de institucións educativas nun contexto determinado.
    - Realizar análises fundamentadas das características, condicións, problemas e evolución da dirección e xestión de institucións educativas en contextos nacionais e internacionais.
    - Identificar, analizar, valorar e representar diferentes modelos e estilos de dirección.
    - Desenvolver capacidades de liderado, toma de decisións, análise de conflitos e dinamización da institución educativa.
    - Localizar, seleccionar e utilizar as fontes pertinentes para identificar, formular e resolver problemas propios da dirección e xestión de centros educativos e xerar coñecemento neste campo.

    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades que se poderán desenvolver nesta materia serán as seguintes:
    - A exposición dalgúns temas do programa ou partes destes polo profesor.
    - A presentación de documentos fotocopiados, para o seu estudo e debate.
    - Fomentarase a realización de coloquios e debates en todas as actividades cuxa temática se preste a facelo.
    - Realización de exercicios e actividades prácticas grupais nos temas que se prestan máis a iso.
    - Outro recurso didáctico para a presentación e/ou ilustración dalgúns temas sería a utilización de material audiovisual (películas, vídeos, etc.).
    - Realización de traballos teóricos sobre diversos temas relacionados co temario da materia.
    - Traballos de investigación na práctica, analizando o funcionamento da Dirección e o equipo directivo en diversos Centros Educativos.
    - A lectura e recensión crítica, realizada a nivel individual, dalgúns libros relacionados coa temática da materia.

    Combinaranse diversas modalidades de traballo docente-discente:
    - A exposición dalgúns temas do programa ou partes destes polo profesor.
    - A presentación de documentos fotocopiados para realizar unha análise-valoración en pequenos grupos e finalizar cun debate de todo o grupo-clase.
    - Fomentarase a realización de coloquios e debates en todas as actividades cuxa temática se preste a facelo.
    - O profesor formulará preguntas, problemas ou dilemas relacionados con determinadas cuestións do programa que terán que responder os grupos de traballo.
    - Realización de exercicios e actividades prácticas grupais.
    - Presentación e/ou ilustración dalgúns temas a través da utilización de material audiovisual.
    - A intención de facer a clase máis dinámica, amena e interesante lévanos a propoñer un gran número de actividades variadas que, con carácter voluntario, permiten atender á diversidade de intereses dos distintos alumnos.
    - Realización de traballos teóricos sobre diversos temas relacionados directamente co temario da materia ou complementarios a esta. Os alumnos interesados neles poden pedirlle ao profesor as pautas para a súa realización e establecer con este os momentos de encontro para realizar o seu seguimento.
    - A lectura e recensión crítica individual dalgúns libros relacionados coa temática da materia. Para facela, poderán escollerse os libros que se prefiran de entre a lista dos sinalados polo profesor.
    - A organización, dirección e comentario, en pequenos grupos (4/5 persoas), dunha técnica para a análise de diversas dimensións e factores organizativos, aplicándoa para toda a clase.

    Sistema de evaluación
    A cualificación final será o resultado de diferentes tipos de procedementos:
    1) Unha avaliación continua a través do seguimento do traballo elevado a cabo polos/ás alumnos/ás nos diversos ámbitos: a participación e achegas nas clases, seminarios, prácticas, etc.
    2) O desenvolvemento das diversas actividades propostas como recensións, traballos teóricos, análise de incidentes críticos, estudos de caso, elaboración de casos, informes e relatos, análise de materiais, representación de roles, etc.
    3) A realización dun exame sobre os contidos do temario.

    Nesta perspectiva, contémplase:
    - A elaboración e entrega de traballos escritos que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Poderán realizarse individualmente e/ou en pequenos grupos.
    - Para obter unha valoración positiva na asignatura deberán estar realizadas y entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha das de carácter obrigatorio. Poderá haber tamén traballos optativos e outros de carácter voluntario. Todos eles concretaranse a principios de curso.
    - Nas primeiras sesións de clase, tendo en conta o calendario de realización de traballos, estableceranse as datas límite para a recollida de actividades individuais e de grupo.

    O alumnado ao que se lle conceda a exención oficial de docencia terá a obrigación de achegar o documento oficial de exención ó docente e de entregar todos os traballos no prazo establecido.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades e horas presenciais: 38,5horas.
    Actividades en gran grupo (expositivas 18 horas):
    Actividade expositiva
    Discusión
    Presentación de plans de traballo
    Realización de proba específica.
    Actividades en grupo mediano (interactivas 18 horas):
    Proxecto de traballo
    Estudio de casos
    Análise de documentos
    Debate
    Actividades en pequeno grupo (individuais, tutoría 3 horas):
    Comentario de documentos
    Auto-avaliación
    Reflexións
    Actividades e horas de traballo autónomo: 74 horas.
    Actividades de grupo expositivo (25 horas)
    Lectura e análise de documentos
    Estudio e preparación de proba específica
    Práctica independente
    Actividades en grupo interactivo (36 horas)
    Lectura e análise de documentos
    Preparación das presentacións
    Búsqueda de información complementaria
    Elaboración de materiais, traballo en subgrupo (proxecto)
    Estudio
    Actividades en grupo pequeno e individual (13 horas)
    Lectura de documentos
    Resolución de dúbidas
    Actividades de autoavaliación
    HORAS TOTAIS: 62,5 Horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Traballar e participar activamente nas diversas actividades propostas, tanto dentro coma fóra da aula. Ter iniciativa e interese. A aula enténdese como un espazo para a construción de coñecementos, mediante a interacción entre os participantes. En consecuencia, valórase a asistencia á clase e a participación activa nela.

    En particular, recoméndase:
    -Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da asignatura nos seus diversos apartados.
    -Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
    -Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas polo profesorado, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da asignatura.
    -Facer uso das titorías -a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- que posibiliten a mellora significativa da aprendizaxe, personalizar as opcións metodolóxicas e pedagóxicas, segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.


    Observacións
    -Responsabilidade medioambiental:
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.