P3271103 - Educación e Línguas en Galicia (Módulo Xenérico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 2.00
- Total: 2.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 16.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Lingüística Xeral
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEducación e Linguas en Galicia, incluída como materia común no Máster pretende introducir o futuro profesorado nos factores sociolingüísticos, psicopedagóxicos e lexislativos que condicionan a práctica educativa nun contexto con dúas linguas oficiais.
De xeito máis específico, os seus obxectivos son os seguintes:
1. Valorar a diversidade lingüística como patrimonio colectivo da humanidade e os esforzos individuais e institucionais para conservala.
2. Tomar conciencia dos factores sociolingüísticos e psicopedagóxicos que se deben ter en conta nun sistema escolar con varias linguas e coñecer os principais modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe.
3. Coñecer os principais indicadores da situación sociolingüística de Galicia e o seu reflexo no ámbito escolar.
4. Coñecer e valorar o modelo lingüístico escolar de Galicia e os aspectos fundamentais da lexislación que o regula.
5. Comprender a transcendencia da planificación lingüística no sistema educativo galego e ser quen de participar con criterio na elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro.
ContidosCo propósito de asentar os conceptos e as informacións básicas neste eido temático, pero buscando a súa aplicación a tarefas de planificación lingüística escolar, os contidos organízanse nos seguintes temas:
TEMA 1: Unidade e diversidade lingüística nun mundo global. A Unión Europea e as linguas. Dimensión social e educativa do plurilingüismo.
TEMA 2: A planificación lingüística escolar en contextos plurilingües. Modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe.
TEMA 3: A situación sociolingüística de Galicia: indicadores cuantitativos e cualitativos da súa evolución nas últimas décadas.
TEMA 4: As linguas no sistema educativo galego: lexislación e modelo lingüístico. Modelos lingüísticos noutras comunidades con dúas linguas oficiais.
TEMA 5: O papel dos centros na planificación lingüística: os Equipos de Dinamización Lingüística e o Proxecto Lingüístico de Centro.
Bibliografía básica e complementariaARNAU, J. (et al.) (1992): La educación bilingüe, Barcelona, ICE-Horsori.
BAKER, C. (1997): Fundamentos de educación bilingüe y bilingüismo, Madrid, Cátedra.
CONSELLO DE EUROPA: “Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias”. www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html
CUMMINS, J.: “La hipótesis de la interdependencia lingüística y desarrollo educativo de los niños bilingües”, en Infancia y Aprendizaje, 21, pp.37-68.
FERNÁNDEZ PAZ, A., Lorenzo Suárez. A., Ramallo, F. (2007): A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
HUGUET, A. / Madariaga, J.M. (2005): Fundamentos de educación bilingüe, Bilbao, Universidad País Vasco.
LORENZO, F. (2005): “Políticas lingüísticas europeas: claves de la planificación y aprendizaje de lenguas en la UE”. En Cultura y Educación, 17 (3), pp. 253-263.
LORENZO SUÁREZ, A. (2008): “A situación sociolingüística do galego: unha lectura”. Grial, nº 179, pp. 19-31.
MÉNDEZ LÓPEZ, I. e Sánchez Pérez, A. (eds.) (2007): Lingua e Idade – III Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña, Universidade da Coruña.
MONTEAGUDO, H.; Bouzada Fdez., X. M. (coords.) (2003): O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume II. Educación. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega.
MONTEAGUDO, H. e Lorenzo, A. (dirs.) (2005): A sociedade galega e o idioma: evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003). Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega.
PERERA, J. (ed.) (2003): Plurilingüisme i educació: els reptes del segle XXI, Barcelona, ICE de l’ Universitat de Barcelona.
SIGUÁN, M. (2004): Bilingüismo y lenguas en contacto, Madrid, Alianza Editorial.
SILVA VALDIVIA, B. (2008): “Lingua e escola en Galicia. Balance e propostas de futuro”. Grial nº 179, pp. 48-59.
VILA, I., Siqués, C., Roig, T. (2006): Llengua, escola i inmigració: un debat obert. Barcelona, Graó.
VV. AA. (2003): O desafío da diversidade lingüística. Grial – Revista Galega de Cultura, nº 160, pp. 18-70.
WURM, S. A. (ed.) (2001): Atlas de las lenguas del mundo en peligro de desaparición. París, Unesco.
XUNTA DE GALICIA (2004): Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
CompetenciasRecóllense as que figuran na memoria do Máster, que se corresponden coas que aparecían na Orde ministerial que o regula. Dada a singularidade desta materia, débense entender simplemente na dimensión de traballo escolar coas linguas en contextos multilingües.
1. (CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
2. (CG13) Coñecer a normativa e a organización institucional do sistema educativo e dos modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino.
3. (CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
4. (CE-G8) Promover accións de educación emocional, en valores e en formación cidadá.
5. (CE-G9) Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
6. (CE-G13) Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e das súas implicacións educativas.
Metodoloxía da ensinanza No desenvolvemento desta materia tratarase de combinar tres principios metodolóxicos: a exposición, para facilitar os conceptos ou informacións básicas, a interacción profesor-alumno e entre estudantes para contrastar opinións, e o traballo con documentos para asentar aprendizaxes.
De acordo co esquema organizativo previsto no Máster, haberá sesións expositivas en gran grupo e sesións interactivas en grupo mediano. As primeiras utilizaranse para establecer pautas sobre o desenvolvemento didáctico da propia materia (obxectivos, metodoloxía de traballo, sistema de avaliación, etc.), para facilitar a información necesaria e para contrastar ideas sobre as cuestións nucleares do programa. As sesións interactivas servirán para analizar documentos ou casos prácticos, para elaborar propostas referidas a situacións hipotéticas e para discutir cuestións máis específicas.
Periodicamente introduciranse titorías programadas en grupos pequenos. Haberá dúas sesións de titorías programadas de 1 hora en grupos de dez estudantes. A súa finalidade é guiar o traballo autónomo do alumno.
Fóra das sesións de clase o alumnado realizará algunhas tarefas de ampliación de coñecementos ou de aplicación que serán convenientemente orientadas polos docentes.
Utilizaremos o entorno da USC-Virtual para a organización das actividades non presenciais, a entrega de documentos aos alumnos e a comunicación virtual entre todos os membros da aula.
Sistema de evaluaciónPRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO):
A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa e deberá permitir medir o seu grao de consecución.
Para obter esa información utilizaranse os seguintes instrumentos:
1. Observación da participación na aula: avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Contará ata un 20% da cualificación da materia.
2. Traballos: durante o curso o alumnado deberá presentar a súa produción escrita resultado do seu traballo (individual ou grupal) nas sesións presenciais, e esta produción escrita será avaliada paulatinamente polo profesorado. A suma de todos eses traballos diarios constituirá o portafolios da materia, que terá que ser entregado definitivamente o mesmo día do exame final. Valorarase ata un máximo do 40% da cualificación da materia.
3. Exame: todo o alumnado matriculado deberá realizar un exame final sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas na data fixada pola Secretaría do centro. A nota deste exame suporá ata un 40% da cualificación da materia.
Para superar a materia cómpre ter puntuación nos tres instrumentos anteriormente indicados e acadar, coa suma dos tres, un mínimo de 5 puntos.
SEGUNDA OPORTUNIDADE (MES DE XULLO):
O alumnado que non supere a materia no período ordinario terá unha segunda oportunidade no mes de xullo. Os instrumentos de avaliación desta segunda oportunidade serán tres:
-----a. Informes e outras producións escritas realizadas ao longo do curso. Se o alumno entregou o portafolios da materia no seu momento, esta cualificación conservarase para a avaliación do mes de xullo. Puntuación máxima: 4 puntos.
-----b. Exame escrito sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas. Puntuación máxima: 4 puntos.
-----c. Proba oral na que se avaliarán as competencias recollidas neste programa. Puntuación máxima: 2 puntos.
Debe terse en conta que o alumnado que non asistiu a clase non vai ter puntuación no apartado (a), de modo que a cualificación máxima que pode obter é de 6 puntos.
CASUÍSTICAS ESPECIAIS:
1. ALUMNADO CON EXENCIÓN PARCIAL DE ASISTENCIA E ACTIVIDADES PRESENCIAIS (DISPENSA):
Deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos primeiros quince días de clase do semestre correspondente para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación.
2. ALUMNADO REPETIDOR:
Deberá seguir o mesmo sistema de avaliación da primeira oportunidade.
Tempo de estudo e traballo persoalO Sistema de Transferencia do Crédito Europeo (ECTS) establece que un crédito equivale a 25 horas de traballo total do alumno. Por tanto, nesta materia de 2 créditos establecemos 50 horas de traballo. O reparto destas 50 horas nas diferentes tarefas debe corresponderse co seguinte esquema:
* Sesións expositivas: 6 horas presenciais + 12 non presenciais (total: 18 horas).
* Sesións interactivas: 8 horas presenciais + 12 non presenciais (total: 20 horas).
* Sesións de titoría: 2 horas presenciais + 2 non presenciais (total: 4 horas).
* Sesións de avaliación: 2 horas presenciais + 6 non presenciais (total: 8 horas).
* TOTAL: 18 horas presenciais + 32 horas non presenciais (= 50 horas).
Recomendacións para o estudo da materiaResulta moi recomendable o estudo continuado da materia a medida que esta se desenvolve, de maneira que é moi conveniente para o alumnado a asistencia regular ás clases expositivas e interactivas. En definitiva, o traballo constante é o factor clave para unha boa aprendizaxe.
ObservaciónsO alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por caracteristicas de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html