Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

P3271105 - Educación, Sociedade e Política Educativa (Módulo Xenérico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.50
  • Total: 3.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 10.50
  • Clase Interactiva Seminario: 14.00
  • Horas de Titorías: 3.50
  • Total: 28.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Educación, sociedade e política educativa, é unha materia obrigatoria do módulo xenérico no Master en Profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela, cunha carga lectiva de 3,5 créditos, adscrita ao Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social.
    O exercicio da profesión docente require dunha materia destas características que achegue unha dimensión pedagóxica de base na formación inicial do futuro profesorado de Educación Secundaria, Bacharelato, FP e ensinanzas artísticas, introducíndoos na análise e comprensión crítica da educación e os procesos en que desenvolve; das relacións entre educación e sociedade, e a súa concreción en propostas de política educativa que acompañan ao cambio social e ás novas necesidades que del se derivan.

    Obxectivos

    Considerando as finalidades indicadas e os referentes que deben definir a formación inicial dos ensinantes no marco universitario, os obxectivos a conseguir nesta materia oriéntanse a:
    - Adquirir e dominar os elementos terminolóxicos e conceptuais básicos da Teoría e Historia da Educación e a Pedagoxía Social, en relación co exercicio docente nas institucións educativas.
    - Desenvolver a capacidade de análise e conciencia crítica respecto das prácticas educativas e das relacións establecidas entre o sistema educativo e o sistema social.
    - Analizar teórica e comprensivamente a realidade institucional e social do sistema educativo español, e máis particularmente da súa concreción en Galicia.
    - Potenciar e exercitar capacidades básicas para o exercicio docente, tales como observación, reflexión e síntese, traballo en equipo, comunicación, investigación e pensamento crítico.

    Contidos
    Contidos
    Os contidos da materia organízanse arredor dos tres seguintes bloques:

    1. Educación e sociedade
    • Procesos, teorías axentes e institucións educativas nas sociedades educadoras.
    • Fundamentos sociais da educación.
    • Contextos da educación
    • Familias e educación

    2. Cambio social e política educativa
    • Política e lexislación educativa en España e Galicia
    • Os procesos de reforma e a evolución do sistema educativo
    • A educación secundaria en Europa: finalidades e estrutura

    3. A educación en valores, un modelo de inclusión e atención á diversidade persoal, cultural e social.
    • A transversalidade no curriculum escolar
    • Educación e dereitos humanos. Dereitos e responsabilidades dos xoves.
    • Educación para a cidadanía, a democracia, a igualdade, a equidade e a xustiza.
    • Educación intercultural e inclusión social
    • Educación para a saúde e o desenvolvemento sostible

    Bibliografía básica e complementaria
    Bárcena, F. (2005): La experiencia reflexiva en educación: Barcelona, Paidós.
    Bolívar, A. (2006): La identidad profesional del profesorado de secundaria: crisis y reconstrucción. Málaga, Aljibe.
    Capitán, A. (1994): Historia del pensamiento pedagógico en España. Madrid, Dykinson.
    Carbonel, J. (2009): La vida en un curso. Cosas que no siempre se explican: Barcelona, Graó.
    Castells, M. et al. (1994): Nuevas perspectivas críticas en educación. Barcelona, Paidós.
    Castillo i Carbonell, M. (coord.) (2006): Cómo evitar el fracaso escolar en Secundaria. Madrid, CIDE-MEC.
    CIDE (2006): La Unión Europea y su política educativa. Madrid, CIDE-MEC.
    Delors, J. (1997): La educación encierra un tesoro. Madrid, Santillana/UNESCO.
    Díaz de la Guardia Bueno, E. (1988): Evolución u desarrollo de la enseñanza media en España 1875-1930. Un conflicto pedagógico-político, Madrid, MEC.
    Díaz-Aguado, Mª J. (2006): Del acoso escolar a la cooperación en las aulas. Madrid, Pearson.
    Domenech, F. (2009): El elogio de la educación lenta. Barcelona, Graó.
    Esteve, J.M. (2003): El malestar docente. Barcelona, Paidós.
    Esteve, J.M. e Vera, J. (1995): Los profesores ante el cambio social. Barcelona, Antrophos.
    Giroux, H.A. (1990): Los profesores como intelectuales. Hacia una pedagogía crítica del aprendizaje. Barcelona, Paidós/MEC.
    Popkewitz, Th.S. (1994): Sociología política de las reformas educativas. Madrid, Morata/Paideia.
    Puelles, M. de (2010): Educación e ideología en la España contemporánea. Madrid, Tecnós.
    Puelles M. de (1996): Política, legislación e instituciones en la Educación Secundaria. Barcelona, ICE/HORSORI.
    Puelles, M. de (1999): Educación e ideología en la España contemporánea. Madrid, Tecnos.
    Romera, J.J. (2010): Retrato canalla del malestar docente. Córdoba: Ediciones Toromítico.
    Sánz Díaz, F. (1985): La Segunda Enseñanza Oficial en el siglo XIX, Madrid, MEC.
    Viñao Frago, A. (1982): Política y educación en los orígenes de la España contemporánea. Examen especial de sus relaciones en la enseñanza secundaria, Madrid, Siglo XXI.
    Viñao Frago, A. (2004): Escuela para todos. Educación y modernidad en la España del siglo XX, Madrid, Marcial Pons.
    Young, R. (1993): Teoría crítica de la educación y discurso en el aula. Madrid, Paidós/ MEC.

    Competencias
    Competencias xerais

    - Contextualizar o currículo que se vaia implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo. (CX5)
    - Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e ao respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sustentable. (CX7)
    - Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna no que está situado. (CX10)
    - Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino. (CX13)
    - Coñecer e analizar as características históricas da profesión docente, a súa situación actual, perspectivas e interrelación coa realidade social de cada época. (CX14)

    Competencias Específicas

    - Identificar as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións. (CE-XEN1)
    - Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país. (CE- XEN 6)
    - Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá. (CE- XEN 8)
    - Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia. (CE-XEN 9)
    - Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. (CE-XEN 10)
    - Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación. (CE-XEN 11)
    - Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar. (CE-XEN 12)
    - Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas. (CE-XEN 13)

    Competencias Transversais

    - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet. (CT-1)
    - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións. (CT-2)
    - Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios. (CT-3)
    - Fortalecer as facultades comunicativas e docentes dos futuros docentes.

    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía de ensinanza e aprendizaxe

    O conxunto de procedementos propostos e desenvolvidos para lograr os obxectivos da materia de "Educación, Sociedade e Política Educativa" centrarase nos principios pedagóxicos da participación, discusión crítica, aprendizaxe autónoma e cuestionamento das realidades educativas e sociais.
    Dende unha óptica teórica, metodoloxicamente, o desenvolvemento dos contidos fundaméntase na perspectiva da complexidade, que esixe situar os contidos no contexto das múltiples realidades sociais e, tamén, relacionar os devanditos coñecementos cos saberes xerados nas disciplinas e ciencias que fundamentan a materia: Teoría da Educación, Historia da Educación, Pedagoxía Social, Socioloxía da educación e Antropoloxía da educación, coñecementos que no seu conxunto facilitan a explicación e comprensión profunda e contextualizada do proceso educativo.
    Tomando en conta os principios e a orientación metodolóxica da materia, de forma operativa, ademais das clases expositivas prevense a organización e realización de exposicións temáticas, debates, dinámicas de grupo, simulacións e outras accións pedagóxicas de carácter interactivo que serán complementadas con lecturas obrigatorias e voluntarias.

    Recursos

    a) Humanos: Compostos polo/a docente e os/as estudantes.
    b) Contextuais e materiais: entre eles cóntase co espazo da aula e os medios e servizos que proporciona a propia universidade, os centros de educación secundaria, os recursos educativos municipais...
    c) Recursos para a fundamentación teórica: programa, contidos temáticos, bibliografía.
    - Informe Documental: elaborado polo responsable da materia, que integrará os documentos, as lecturas e os materiais considerados necesarios para a acción docente e discente.
    - Plataforma virtual da Universidade de Santiago: servirá para potenciar a autoactividade e autonomía; nela os estudantes encontrarán os materiais necesarios para a súa formación.

    Sistema de evaluación
    A avaliación fundaméntase nos principios de participación, responsabilidade e aprendizaxe. Nesta liña, a tarefa avaliadora será integral, continua e formativa, a súa aplicación será de carácter individual e tamén grupal, en función das diversas actividades de ensinanza e aprendizaxe propostas durante o desenvolvemento da materia.

    A avaliación dos estudantes centrarase no proceso, sen descoidar os resultados, aplicándose os seguintes criterios xenéricos de avaliación:
    a. habilidades docentes básicas (capacidade de traballo en equipo, sistematicidade e organización, claridade expositiva, capacidade de comunicación)
    b. dominio dos contidos da materia.


    Actividades de avaliación

    a. Asistencia e implicación nas sesións de clases (expositivas, interactivas e titoría)
    b. Realización dun traballo individual sobre a política educativa no estado español que pode adoptar algún dos seguintes formatos:
    o Mapa conceptual ou outras representacións gráficas
    o Ensaio sobre textos
    c. Realización dun traballo grupal (equipos de cinco integrantes) arredor dalgún dos seguintes tópicos:
    o Movementos críticos en educación
    o Educación en valores

    d. Prácticas de aula: discusión crítica de lecturas, audivisuais…, comentarios de texto, simulacións, traballo en grupo, reflexiones sobre as realidades educativas…
    e. Exame, que tomará en conta todos os contidos impartidos na materia.

    Valor que se outorga as actividades.

    - Actividade a requisito para proceder á avaliación
    - Actividade b 20% cualificación
    - Actividade c 30% cualificación
    - Actividade d 10% cualificación
    - Actividade e 40% cualificación

    A fraude na elaboración dos traballos, implica suspenso automático.
    Os alumnos e alumnas que suspendesen a materia en primeira convocatoria someteranse ao plan de recuperación que o profesor lles estableza individualmente.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividade presencial.
    Sesións prácticas 16 horas
    Sesións teóricas 10,5 horas
    Tutoría 2 horas
    Cine fórum 3 horas
    Probas escritas 2 horas
    Total presencial 33,5 horas

    Actividade non presencial
    Estudio autónomo 25 horas
    Preparación de traballos 20 horas
    Asistencia a actividades recomendadas 9 horas
    Total non presencial 54

    Total. 87,5 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    É conveniente que cada estudante teña leídos previamente os textos recomendados para cada sesión.