P3271110 - Deseño de Investigacións Educativas en Ciencias na Educación Secundaria (Módulo Específico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo central da materia é identificar as liñas máis relevantes de investigación e innovación nas didácticas das Ciencias Experimentais, e desenvolver a competencia de participar nelas. Pode desglosarse no desenvolvemento destas capacidades:
- Ser capaz de identificar as liñas máis relevantes de investigación e innovación sobre a aprendizaxe e o ensino das ciencias, identificar os problemas que abordan e os seus marcos teóricos de referencia.
- Ser capaz de realizar unha procura bibliográfica sobre un problema ou cuestión, tanto nas revistas máis relevantes de cada área, como nas bases de datos educativas.
- Ser capaz de acreditar unha competencia básica no uso de recursos para a investigación e innovación, tanto bibliográficos como electrónicos.
- Ser capaz de propoñer cuestións a estudar, preguntas de investigación sobre problemas da aprendizaxe das ciencias.
- Ser capaz de identificar distintas perspectivas metodolóxicas para a investigación en didáctica das ciencias e de recoñecer a súa posta en práctica en estudos publicados.
- Ser capaz de analizar traballos de investigación e innovación, e valoralos aplicando criterios contrastables.
- Ser capaz de deseñar ou adaptar un proxecto de investigación ou innovación a pequena escala.
- Ser capaz de seleccionar e analizar datos, e extraer conclusións a partir deles.
- Ser capaz de comunicar, tanto oralmente como por escrito, as súas análises, reflexións, deseños ou resultados, utilizando os xéneros adecuados á comunicación nas comunidades académica e docente.
ContidosPrograma da materia (clases interactivas e expositivas)
1. Investigación e innovación en didáctica das ciencias
O papel da teoría na investigación científica
O método científico aplicado á investigación educativa.
Outras perspectivas na investigación educativa
2. Liñas relevantes de investigación e innovación en didáctica das ciencias.
Investigacións sobre a aprendizaxe das ciencias
Innovacións no ensino das ciencias.
3. Recursos de información en didáctica das Ciencias
Recursos bibliográficos no catálogo BUSC: libros e revistas (impresas, electrónicas).
Bases de datos nacionais (DIALNET, CSIC) e internacionais (ERIC, WOS).
Indicadores bibliométricos nacionais e internacionais
Recursos de información en acceso aberto (open access): Scholar Google, SCIRUS
4. Enfoques teóricos e metodolóxicos na investigación
Métodos de investigación
Metodoloxía de recollida de datos
Análise de datos
Análise de exemplos de investigacións en didáctica das ciencias
5. A comunicación da investigación e da innovación
Como escribir un artigo de investigación ou de innovación: estrutura canónica, rexistros
O proceso de revisión e publicación
Programa actividades nas clases interactivas
Análise de artigos de investigación e innovación en didácticas das Ciencias
Realización de búsquedas bibliográficas en bases de datos
Realización de búsquedas de recursos bibliográficos e da rede para a investigación e a innovación.
Recensión de artigos
Realización de propostas de problemas a investigar e deseños para levalos a cabo.
Bibliografía básica e complementariaA. Investigación educativa en xeral
Cohen, L. e Manion, L. (2002) Métodos de investigación educativa. Madrid: La Muralla.
Denzin, N. K., e Lincoln, Y. S. (2000). Handbook of Qualitative Research.Thousand Oaks: SAGE Publications.
Fox, D.(1987). El proceso de investigación en educación. 2ª ed. Pamplona: EUNSA
Gerring, J. (2007). Case study research: principles and practices. New York: Cambridge University Press.
Gibbs, G. (2010). Analyzing qualitative data. London: SAGE publications
Goetz, J. P. e LeCompte, M. D. (1988) Etnografía y diseño cualitativo en investigación educativa. Madrid: Morata.
McKernan, J. (2001) Investigación-acción y curriculum. Madrid: Morata
McMillan, J.H. y Schumacher, S. (2005). Investigación educativa. 5ª ed. Madrid: Pearson Education
Novak, J. D. e Gowin, D. B. (1988) Aprendiendo a aprender. Barcelona: Martínez Roca (capítulo 8)
Simons, H. (2011). El estudio de caso: teoría y práctica. Madrid: Ediciones Morata
Somekh, B., Burman, E., Delamont, S., Meyer, J., Payne, M., Thorpe, R. (2011). Research in social sciences. En B. Somekh (Ed.) and C. Lewin (Ed.). Theory and Methods in social research, 2nd Edition. London: Sage Publications, Ltd.
B. Investigación en didáctica das ciencias
Driver, R. Squires, A.; Rushworth, P.; y Wood-Robinson, (1999). V. Dando sentido a la ciencia en secundaria. Madrid:Aprendizaje Visor.
Duit, R. (comp.). (2009):Biliography-STCSE student´ alternative frameworks and science education. Kiel: Institute for Science Education. http://www.ipu.uni.kiel.de/aktuell/stcse/stcse.html
Fernández López, L. e López Carracedo, J. (2005) Un pan eterno ¿ciencia o metafísica? Alambique, 45, 105–110.
Jiménez Aleixandre, M. P. (2008) La publicación como proceso de diálogo y aprendizaje: el papel de artículos y revistas en la didáctica de las ciencias. Enseñanza de las Ciencias, 26(3), 311–320.
Jiménez Aleixandre, M. P., Bugallo Rodriguez, A., e Duschl, R. A. (2000). “Doing the lesson” or “Doing science”: Argument in high school genetics. Science Education, 84 (6), 757-792.
Jiménez Aleixandre, M. P. e Díaz de Bustamante, J. (2003) Discurso de aula y argumentación en la clase de ciencias: cuestiones teóricas y metodológicas. Enseñanza de las Ciencias, 21(3), 359–378.
López Rodríguez, R. e Jiménez Aleixandre, M. P. (2007) ¿Podemos cazar ranas? Calidad de los argumentos de alumnado de primaria y desempeño cognitivo en el estudio de una charca. Enseñanza de las Ciencias 25(3), 309–324.
Osborne,R.J. y Fryberg,P. (1991). El aprendizaje de las ciencias: implicaciones de la ciencia de los alumnos. Madrid: Narcea.
Reigosa Castro C. e Jiménez Aleixandre M.P. (2000) La cultura científica en la resolución de problemas en el laboratorio. Enseñanza de las Ciencias, 18: 275-284.
Bibliografía complementaria
Gutiérrez Pérez J. (2000) Fundamentos pedagógicos y didácticos. En J. Perales e P. Cañal (Eds.) Didáctica de las ciencias experimentales (pp 109–137). Alcoy: Marfil.
Revistas de didáctica das ciencias en castelán e galego: Enseñanza de las Ciencias; Alambique; Enseñanza de las Ciencias de la Tierra; Boletín de Enciga
Revistas de didáctica das ciencias en inglés no JCR do SSCI: Science Education;
Journal of Research in Science Teaching, International Journal of Science Education; Research in Science Education
Revistas de didáctica das ciencias en inglés indexadas noutras bases de datos: Journal of Biological Education; Physics Education; Journal of Chemical Education
CompetenciasQue as e os estudantes sexan capaces de:
Xerais
- CG12. Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
Específicas asociadas ao módulo específico
- CE-E14. Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
Transversais:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
Metodoloxía da ensinanza Baséase na participación do alumnado e o seu protagonismo na aprendizaxe en todas as clases, mesmo as que pretenden a presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. Empregaráse o estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas relacionados coa investigación e a innovación sobre o ensino e a aprendizaxe das Ciencias en Secundaria. Esta metodoloxía pretende a participación activa do alumnado, constituíndo un modelo para a súa futura actuación como docentes. Emprégase unha variedade de recursos: audiovisuais, informáticos, problemas, estudos de caso, análise de textos e artigos; experiencias de laboratorio.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso do ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polos docentes. O alumnado, coa orientación dos docentes, analisará criticamente artigos e proxectos didácticos; realizará propostas de investigación e innovación; levará a cabo búsquedas en bases de datos.
Ao estar centrada nunha metodoloxia práctica, é indispensable a asistencia á clase, pois a realizacion, posta en común e avaliacion conxunta de exercicios e tarefas é dificilmente substituida polo traballo individual.
A orientación por parte do docente terá lugar tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
Sistema de evaluaciónA avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias
a.Elaboración dun traballo práctico en relación coa investigación ou a innovación. Contribución á nota final: 30%.
b.Avaliación continua: asistencia e participación activa nas actividades individuais e en pequeno grupo desenvolvidas na aula; asistencia ás sesións interactivas. Realización escrita de informes e análises. Contribución á nota final: 30%.
c.Proba final sobre os contidos da materia tanto da parte expositiva como interactiva, incluindo resolución de supostos prácticos. Contribución á nota final: 40%
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO: total 24 horas
- Clase expositiva presencial en grupo completo: 9 horas.
- Clases Interactivas (clases prácticas, participación activa no aula en debates, Presentación oral de traballos, etc.): 12 horas.
- Tutorías: 3 horas.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (NON presencial): total 51 horas.
Recomendacións:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 22 horas.
- Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia (individual ou en grupo): 7 horas.
- Actividades en biblioteca, ou procuras bibliográficas: 8 horas.
- Lecturas recomendadas: 10 horas.
- Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 4 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.
ObservaciónsRecoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.