P3271112 - Didáctica da Física e da Química na Educación Secundaria (Módulo Específico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer e reflexionar sobre os aspectos máis relevantes do ensino da Física e da Química nos distintos niveis da educación secundaria.
Contidos1. Modelos teóricos e metodoloxías de investigación en Física e en Química.
Modelos e teorías
Métodos de investigación en Física e Química
2. A aprendizaxe da Física e da Química.: construción e uso de coñecementos.
A construcción de coñecementos e o seu uso.
Liguaxe na aprendizaxe das ciencias.
O desenvolvemento de destrezas en Física e Química.
Dimensións afectivas na aprendizaxe das ciencias
3. Dificultades de aprendizaxe e transferencia de coñecementos na Física e na Química.
Dificultades na transferencia de conceptos. Ideas alternativas e cambio conceptual.
Problemas no desenvolvemento de destrezas.
Actitudes e interese polas ciencias.
4. O desenvolvemento das competencias científicas.
A competencia científica.
A construcción, uso, revisión e avaliación de modelos.
A argumentación en ciencias.
Estratexias docentes para favorecer o desenvolvemento destas competencias
5. Indagación, resolución de problemas e traballo experimental en Física e Química.
A práctica científica nas clases de Física e Química.
Os traballos prácticos: obxectivos e tipos.
Os problemas auténticos en ciencias.
6. Modelos de ensino e estratexias de intervención.
O modelo constructivista.
As explicacións do profesorado nas clases de ciencias.
Estratexias para aprender a aprender
7. O ensino da Física e a Química no contexto social.
Contexto social da ciencia.
Educación Ambiental.
O traballo na aula con cuestións de incidencia social.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
- AA.VV., Perspectivas para las ciencias en la educación primaria. MEC, Madrid, 2004.
- Bermejo, D., En las Fronteras de la Ciencia, Arthropos, Barcelona, 2008.
- Charpak, G. Manos a la obra: Las Ciencias en la Escuela Primaria, Siglo XXI Editores, Madrid, 2006.
- Charpak, G. y Lena, P., Los Niños y la Ciencia: La aventura de la mano en la masa, Siglo XXI Editores, Madrid, 2006.
- Meinardi, E., Galli, L. G., Revel Chion, A. y Plaza, M. V. , Educar en Ciencias, Ed. Paidós, 2010.
- Friedl, A. E., Enseñar Ciencias a los Niños, Gedisa, Barcelona, 2006.
- Gega, P. C., La enseñanza de las ciencias físicas en la escuela primaria, Paidós, Barcelona, 1980.
- Harlen, W., Enseñanza y Aprendizaje de las Ciencias, MEC-Morata, Madrid, 1989.
- Langford, P., El desarrollo del pensamiento conceptual en la escuela primaria, Paidós, Barcelona, 1989.
- Martín del Pozo, R., Aprender para enseñar Ciencias en Primaria: una propuesta para la formación del profesorado, Diada, Sevilla, 2007.
- Pujol, R. M., Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria, Síntesis, Madrid, 2003.
- Tann, C., Diseño y desarrollo de unidades didácticas en la Escuela Primaria, Morata, Madrid, 1990.
Bibliografía complementaria:
- Carmen, L. del, El análisis y secuenciación de los contenidos educativos, ICE/Horsori, Barcelona, 1996.
- Claxton, G., Educar mentes curiosas. El reto de la Ciencia en la Escuela, Visor, Madrid, 1994.
- Chalmers, A. F., ¿Qué es esa cosa llamada Ciencia?: Una valoración de la Naturaleza y el Estatuto de la Ciencia y sus Métodos, Siglo XXI, Madrid, 1997
- Driver, R. et al., Ideas Científicas en la Infancia y en la Adolescencia, MEC, Madrid, 1989.
- Giordan, A., La Enseñanza de las Ciencias, Siglo XXI, Madrid, 1982.
- Jiménez Aleixandre, M. P. (coord.), Enseñar Ciencias, Graó, Barcelona, 2003.
- Lahera, J. e Forteza, A., Ciencias Físicas en Primaria y Secundaria, CCS, Madrid, 2003.
- Osborne, R. e Freyberg, P., El Aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de las ideas de los alumnos, Narcea, Madrid, 1995.
- Pozo, J. I. e Gómez Crespo, M. A., Aprender y enseñar ciencia, Morata, Madrid, 1998.
- Puble, L., La Ciencia Moderna. En las Fronteras de la Ciencia, MEC, Madrid, 1965.
- Tejada, J., Chudnovsky, E. y Punset, E., El Templo de la Ciencia: Los Científicos y sus Creencias, Destino, Barcelona, 2008.
Textos de Física y Química.
Revistas: Adaxe, Alambique, Aula de Innovación Educativa, Boletín das Ciencias (ENCIGA), Cuadernos de Pedagogía, Enseñanza de las Ciencias.
CompetenciasXerais
- CG2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
- CG8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudiante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e as iniciativas persoais.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenrolo profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a entornos educativos novos ou poco coñecidos.
Específicas asociadas ó módulo xenérico
Que os estudiantes sexan capaces de:
- CE-G1. Coñecer as características dos estudiantes, os seus contextos sociais e motivacións.
- CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
Específicas asociadas ó módulo específico
Que os estudiantes sexan quen de:
- CE-E2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- CE-E4. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e da aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- CE-E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CE-E12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
Transversais:
Que os estudiantes sexan quen de:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en entornos cooperativos e pluridisciplinares.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán básicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da asignatura por parte da profesora. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudiante e baseada no estudio de casos, a análise de proxectos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas pola profesora tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesións se atenderá aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación con as súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa asignatura.
Ó ser una metodoloxía práctica é indispensable a asistencia a clase.
Sistema de evaluaciónSistemas de avaliación da aprendizaxe
Parte1:
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula e informe escrito (pequeno grupo) no que se poña de manifesto a diferenza entre o aprendido e o coñecemento inicial sobre a temática formulada na actividade.
b. Asistencia e participación activa nas actividades de laboratorio e informe escrito (en pequeno grupo) de cada unha delas.
c. Presentacións orais.
Parte 2:
d. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e prática.
Contribución de cada un dos sistemas de avaliación á cualificación final:
Parte 1:
- Apartado a: 15%
- Apartado b: 25%
- Apartado c: 10%
Parte 2:
- Apartado d: 50%
Para superar a materia será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases, así como superar as Partes 1 e 2 anteriormente citadas.
A cualificación acadada na Parte 1, terase en conta na convocatoria de xullo.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial do alumnado: total 48 horas
- Clases expositivas: 18 horas.
- Clases interactivas: 24 horas.
- Titorías: 6 horas.
Traballo personal do alumnado (non presencial): total 102 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da materia: 25 horas
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas: 17 horas.
- Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 10 horas
- Realización de examen: 3 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.