P3271113 - Didáctica da Bioloxía e da Xeoloxía na Educación Secundaria (Módulo Específico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo central da asignatura é responder á cuestión ¿Como ensinar bioloxía e xeoloxía de forma que se favoreza o desenvolvemento das competencias básicas, en particular da competencia científica? Noutras palabras, como ensinar bioloxía e xeoloxía de forma que se promova a construcción de coñecementos, destrezas e actitudes, e a capacidade de poñelos en práctica de forma integrada, aplicándoos en contextos e situacións diversos.
Pode desglosarse no desenvolvemento destas capacidades:
- Ser capaz de deseñar actividades de aprendizaxe que supoñan a participación do alumnado en prácticas científicas, como construír modelos ou usar probas.
- Ser capaz de formular problemas auténticos para traballar nas clases de bioloxía, xeoloxía e ciencias da natureza en secundaria (ESO e Bacharelato), relativos, por exemplo, aos seres vivos e a organización celular, aos procesos de nutrición, á orixe do relevo, o tempo en xeoloxía e os cambios xeolóxicos, aos ecosistemas, a herencia biolóxica e a evolución, e a tectónica de placas ou as causas dos procesos internos.
- Ser capaz de identificar distintos problemas de aprendizaxe relevantes en situacións reais ou simuladas, e estratexias docentes que pretenden resolvelos.
- Ser capaz de modificar prácticas e actividades convencionais e transformalas en problemas que demanden participación activa do alumnado, que favorezan o desenvolvemento de destrezas traballadas nas prácticas de laboratorio e nas saídas ao campo.
- Ser capaz de utilizar diferentes fenómenos, sucesos, seres vivos ou obxectos naturais do entorno como recurso e motivación para o traballo na aula.
- Ser capaz de identificar dimensións do traballo científico, modelos teóricos e métodos en exemplos da historia da ciencia, e integrar unha imaxe contemporánea do traballo científico no ensino.
ContidosTema 1 MODELOS TEÓRICOS E MÉTODOS DE INVESTIGACIÓN EN BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
Modelos e teorías, exemplos das grandes preguntas das ciencias da vida: ¿É esencialmente distinta a materia viva da inerte? ¿Como se orixinou a vida? ¿Como se orixinaron as especies?
Modelos e teorías, exemplos das grandes preguntas das ciencias da Terra: ¿Como se orixinou o relevo? ¿os procesos xeolóxicos actuais son iguais aos pasados? ¿A que se debe a dinámica de continentes e océanos?
Métodos de investigación: Métodos compartidos e específicos; explicación histórica, pluralismo causal; actualismo; principios de superposición e sucesión; prediccións e retrodicción. Papel das teorías. Análise de casos históricos.
Tema 2 O DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CIENTÍFICAS
A competencia científica: capacidade de poñer en práctica o aprendido; as tres dimensións da competencia científica: identificación de problemas, construcción e uso de modelos, uso de probas.
A construcción, uso revisión e avaliaciónde modelos: exemplos en ecoloxía, xenética, procesos internos e externos.
O uso de probas para avaliar o coñecemento, a argumentación: papel das probas, criterios para avaliar probas, elementos dos argumentos. Actividades sobre uso de probas.
Integración do uso de probas e da construcción de modelos: estratexias docentes para favorecer o desenvolvemento destas competencias.
Tema 3 A APRENDIZAXE DAS CIENCIAS, CONSTRUCCIÓN E USO DE COÑECEMENTOS
A construcción de coñecementos e o seu uso: aprendizaxe situada; modelos e conceptos como ferramentas; pensar con conceptos científicos
Linguaxe e aprendizaxe das ciencias: construcción de significados; aprender a ler, analizar e redactar textos científicos.
O desenvolvemento de destrezas: participación do alumnado en prácticas científicas. Técnicas, destrezas e estratexias. Procedementos en bioloxía e xeoloxía, clasificación, seriación, observación, interpretación de mapas e cortes xeolóxicos; representación de datos; imaxes e diagramas.
Dimensións afectivas na aprendizaxe: o desenvolvemento de actitudes e valores; actitudes cara á natureza e cara á investigación científica; ensino das ciencias e formación da cidadanía.
Tema 4 DIFICULTADES DE APRENDIZAXE NAS CIENCIAS
Dificultades na transferencia de conceptos: ideas alternativas en Bioloxía e Xeoloxía; cambio conceptual.
Problemas no desenvolvemento de destrezas: a necesidade de aprendelas practicándoas.
Actitudes e interese polas ciencias: como promover a motivación e o interese polas ciencias; o desenvolvemento de actitudes, conexión coa educación ambiental e a educación para a saúde.
Tema 5 INDAGACIÓN, RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS E TRABALLO EXPERIMENTAL
A práctica científica e a indagación nas clases de bioloxía e xeoloxía en Secundaria: indagacións, proxectos de investigación do alumnado, prácticas científicas na aula e no laboratorio. Continuum de indagación.
Traballos prácticos: obxectivos; tipos; traballos abertos e fechados.
Problemas auténticos: deseño de problemas e investigacións na aula e nos traballos prácticos
O traballo de campo en Secundaria: Recursos en Galicia.
Tema 6 BIOLOXÍA E XEOLOXÍA NO CONTEXTO SOCIAL
Contexto social da Ciencia: a investigación e o seu impacto social; biotecnoloxía e a súa imaxe; determinismo; enfermidades emerxentes; dimensións científicas, sociais e éticas.
Educación Ambiental: o traballo a favor do medio no ensino das ciencias da vida e da terra
Ciencia e xénero: coeducación na aula; outras historias da ciencia, papel do coñecemento etnobotánico tradicional en comunidades orixinarias.
As cuestións socio-científicas: traballo na aula con cuestións de incidencia social.
Tema 7 MODELOS DE ENSINO E ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN NA AULA
O modelo constructivista: papel do profesorado e do alumnado; protagonismo da aprendizaxe polo alumnado.
As explicacións do profesorado nas clases de ciencias: comunicación, transformacións do discurso.
Estratexias para aprender a aprender: Mapas conceptuais e bases de orientación
A transposición didáctica e o contrato didáctico: da ciencia das disciplinas á ciencia escolar.
Bibliografía básica e complementariaBBibliografía básica:
- Banet E. 2001 Los procesos de nutrición humana. Síntesis, Madrid.
- Cañal, P. (Ed.). 2010. Didáctica de la Biología y la Geología. Barcelona: Graó (para o alumnado que se prepara para ser docente de Bioloxía e Xeoloxía)
- Delibes de Castro, M. 2001 Vida: la Naturaleza en peligro. Temas de Hoy, Madrid.
- Giordan A. (coord) 1988 Conceptos de Biología. Barcelona, Labor / MEC.
- Jiménez Aleixandre M.P. 1996 Dubidar para Aprender. Vigo, Xerais.
- Jiménez Aleixandre M.P. 2010 10 Ideas Clave: competencias en argumentación y uso de pruebas. Barcelona: Graó.
- Jiménez Aleixandre M.P., Caamaño, A. Oñorbe, A., Pedrinaci, E. y de Pro, A. 2003 Enseñar Ciencias. Barcelona: Graó
- Jiménez Aleixandre, M. P., Gallástegui Otero, J. R., Eirexas Santamaría, F. y Puig Mauriz, B. 2009 Actividades para traballar o uso de probas e a argumentación en ciencias. Santiago de Compostela: Danú. Descargable en www.rodausc.eu
- Ogborn J., Kress G., Martins I. e McGillicuddy K. 1998 Formas de explicar: la enseñanza de las ciencias en Secundaria. Madrid, Santillana, Aula XXI
- Osborne R. e Freyberg P. 1991 El aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de la Ciencia de los alumnos. Madrid, Narcea.
- Pedrinaci, E. 2001 Los procesos geológicos internos. Madrid: Síntesis
- Pedrinaci, E.; Caamaño, A.; Cañal, P.; De Pro, A. El desarrollo de la competencia científica. 2012. Barcelona: Graó.
- Puig, B., Bravo Torija, B. y Jiménez Aleixandre, M. P. 2012. Argumentación na aula: Dúas unidades didácticas. Santiago de Compostela: Danú (descargable en www.rodausc.eu)
- Sanmartí, N. 2002 Didáctica de las Ciencias en la Educación Secundaria Obligatoria. Madrid: Síntesis.
- Sanmartí, N. 2007 10 Ideas clave: Evaluar para aprender. Barcelona: Graó.
- Virgili, C. 2003 Lyell. El fin de los mitos geológicos. Madrid: Nivola
- Revista Alambique: Monográficos nº 16 Aprendizaje de la Biología, 1998, Nº 18 Dinámica interna terrestre, 1998; nº 20 Ecosistemas, 1999, nº 22, Las Rocas y sus orígenes, 1999; nº 25, 2000 Biotecnología, nº 27, La Tierra como sistema, 2001; nº 32, 2002, Evolución; nº 62, 2009, Darwin y la Evolución; nº 63, 2010 Argumentación.
- Otras revistas: Enseñanza de las Ciencias, Enseñanza de las Ciencias de la Tierra, Boletín de ENCIGA, Eureka.
Bibliografía complementaria:
- Anguita, F. 1988 Origen e Historia de la Tierra. Madrid: Rueda.
- del Carmen L. (coord) 1997 La Enseñanza y el Aprendizaje de las Ciencias de la Naturaleza en la Educación Secundaria. Barcelona, ICE U.B. / Horsori.
- Bermúdez de Castro, J. et al 2004 Hijos de un tiempo perdido. Barcelona: Crítica.
- Díaz de Bustamante J. y Jiménez Aleixandre M.P. 1998 Indagación en las clases prácticas de Biología. El uso del microscopio. En Banet y de Pro (eds) Investigación e innovación en la Enseñanza de las Ciencias. Murcia, DM.
- Latour B. y Woolgar S. 1995 La vida en el laboratorio. La construcción de hechos científicos. Madrid, Alianza.
- Lemke J. 1997 Aprender a hablar ciencia: lenguaje, aprendizaje y valores. Barcelona, Paidós.
- Lewontin, R. C., Rose, S. y Kamin, L. J. (1987) No está en los genes. Racismo, Genética e Ideología. Barcelona: Crítica.
- Perales Palacios J. 2000 Resolución de Problemas. Síntesis, Madrid.
- Perales Palacios J. e Cañal de León P. 2000 Didáctica de las Ciencias Experimentales. Marfil, Alcoy.
- Pozo J.I. y Gómez Crespo M.A. 1998 Aprender y enseñar Ciencia. Madrid, Morata
- Riechmann, J. 2000 Cultivos y alimentos transgénicos. Una guía crítica. Madrid: Los libros de la catarata.
- Sober E. 1996 Filosofía de la Biología. Madrid, Alianza.
- Shiva, V. (2003) Cosecha robada. El secuestro del suministro mundial de alimentos. Barcelona, Paidós.
- Velázquez de Castro F. y Fernández M.C. 1998 Temas de Educación Ambiental en las Ciencias de la Vida. Madrid, Narcea.
CompetenciasXerais
- CG2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
- CG8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudiante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e as iniciativas persoais.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenrolo profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a entornos educativos novos ou poco coñecidos.
Específicas asociadas ó módulo xenérico
Que os estudiantes sexan capaces de:
- CE-G1. Coñecer as características dos estudiantes, os seus contextos sociais e motivacións.
- CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
Específicas asociadas ó módulo específico
Que os estudiantes sexan quen de:
- CE-E2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- CE-E4. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e da aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- CE-E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CE-E12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
Transversais:
Que os estudiantes sexan quen de:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en entornos cooperativos e pluridisciplinares.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía baséase na participación activa do alumno e no seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán básicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da asignatura por parte da profesora. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudiante e baseada no estudio de casos, a análise de proxectos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio e co contorno. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas pola profesora tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesión se atenderá aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación con as súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa asignatura.
Ó ser una metodoloxía práctica é indispensable a asistencia a clase.
Sistema de evaluaciónA avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias
a. Avaliación continua: asistencia e participación activa nas actividades individuais e en pequeno grupo desenvolvidas na aula; asistencia a prácticas de laboratorio e á saída e informe escrito das mesmas. Realización escrita de informes e análises. Contribución á nota final: 40%
b. Proba final sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva, incluindo resolución de supostos prácticos. Contribución á nota final: 60%
Os estudantes que non desenvolvan algún destes apartados serán cualificados como “Non presentado”
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial do alumnado: total 48 horas
- Clases expositivas: 18 horas.
- Clases interactivas: 24 horas.
- Titorías: 6 horas.
Traballo personal do alumnado (non presencial): total 102 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da materia: 25 horas
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas: 17 horas.
- Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 10 horas
- Realización de examen: 3 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.