P3271114 - Deseño, Planificación e Avaliación de Propostas Didácticas en Ciencias Experimentais na Educación Secundaria (Módulo Específico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoItalianoObxectivos da materiaCoñecer as tarefas implicadas nun modelo de deseño de propostas didácticas de ciencias experimentais, para a educación secundaria, e aplicalas á análise e deseño das mesmas.
Contidos- O currículo oficial das disciplinas de ciencias, a súa estrutura e dimensións.
- Modelo de deseño, planificación e avaliación: contidos e obxectivos. Estratexias de instrución: as actividades e recursos de aprendizaxe.
- Análise e deseño de propostas didácticas. Deseño de actividades e unidades de ciencias.
- Deseño, planificación e avaliación de propostas didácticas en educación ambiental: obxectivos, contidos e estratexias de instrución
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Caamaño, A. (2010). Didáctica da Física e da Química. Barcelona: Graó.
Cañal, P. (2010). Didáctica da Bioloxía e da Xeoloxía. Barcelona: Graó.
Carpeta Informativa del CENEAM; 1995-2009 (especial atención a la sección firma del mes): http://www.mma.es/educ/ceneam/00servicios/suscripcion.htm
Celi, A.Mª. (2000). La evaluación de los procesos y de los resultados en la enseñanza de las ciencias. En J. Perales e P. Cañal (Eds.) Didáctica de las ciencias experimentales. Alcoy: Marfil.
Dominguez Castiñeiras, J.M., et al. (2007). Actividades para la enseñanza en el aula de ciencias. Fundamentos y planificación. Ed. Universidad Laboral de Santa Fe, Argentina
Driver, R. Squires, A.; Rushworth, P.; y Wood-Robinson, (1999). V. Dando sentido a la ciencia en secundaria. Madrid:Aprendizaje Visor.
García Mira, P. y Vega Marcote, P.; Sostenibilidad. Valores y cultura ambiental. Ed.Pirámide, Madrid, 2009
Giordan, A. e Souchon, Ch., La Educación Ambiental. Guía Práctica, Ed. Díada, Sevilla, 1995.
López Rodriguez, R., Educación Ambiental y su Didáctica, Ed. Servicio de Publicaciones de la Excma. Diputación Provincial de Lugo, Lugo, 2003.
López Rodriguez, R.; GARCIA GANDOY, J.; A Axenda 21 Escolar Galega, Ed. Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Santiago, 2004.
Lucini, L., Temas Transversales y Areas Curriculares, Ed. Anaya, Madrid, 1994.
Novak,J. y Gowin,D. (1988). Aprendiendo a aprender. Barcelona: Martinez Roca.
Novo, Mª, El Desarrollo Sostenible. Su dimensión ambiental y educativa, Ed. Pearson Educación, Madrid, 2007.
Osborne,R.J. y Fryberg,P. (1991). El aprendizaje de las ciencias: implicaciones de la ciencia de los alumnos. Madrid: Narcea.
Posner,G.J.,Strike,K.A., Hewson, P.W.y Gertzog, W. A. (1982). Accommodation of a scientific conception:Towars a theory of conceptual change.Science Education 66(2)pp.211-227( Traducción íntegra en: Constructivismo y enseñanza de las ciencias.l987. Sevilla:Diadas.)
Pozo, J.I. y Gómez Crespo, M.A. (1998). Aprender y enseñar ciencias. Desde el conocimiento cotidiano al conocimiento científico. Madrid:Morata.
Sanchez, G. Pro, A. y Valcarcel, M.V. (1997) La utilización de un modelo de planificación de unidades didácticas: el estudio de las disoluciones en educación secundaria. Enseñanza de las ciencias. 15(1), 35-50
Sanchez, G. y Valcarcel, M.V. (1993) Diseño de unidades didácticas en el área de ciencias experimentales. Enseñanza de las ciencias, 11(1), 33-44
Sanmartí, N. (2000). El diseño de unidades didácticas. En J. Perales e P. Cañal (Eds.) Didáctica de las ciencias experimentales. Alcoy: Marfil.
Sanmartí, N. (2002) Didáctica de las ciencias en educación secundaria obligatoria. Madrid: Síntesis Educación
Shayer,M. Y Adey, P.S. (1984) La ciencia de enseñar ciencias. Madrid: Narcea.
Velasco, J.M. y Blanco, F.(2009) Didáctica de las ciencias de la naturaleza:Didáctica de las ciencias experimentales: Bilogía, Geología, Física y Química. Orientaciones para el profesor de ciemcias en el desarrollo de su profesión. Salamanca: F. Blanco y J.M. Velasco
CompetenciasXerais
Que os estudantes sexan capaces de:
- CG3. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
- CG4. Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
- CG6. Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupales como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
- CG7. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidad, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostible.
- CG8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por se mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
- CG9. Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia no aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
- CG10. Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna no que está situado.
- CG12. Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
- CG16. Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novos ou pouco coñecidos.
Específicas asociadas ao módulo xenérico
- CE-G3. Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
- CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
Específicas asociadas ao módulo específico
Que os estudantes sexan capaces de:
- CE-E4. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CE-E10. Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
- CE-E11. Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
- CE-E12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
- CE-E13. Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
- CE-E14. Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
Transversais:
Que os estudantes sexan capaces de:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-2. Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de computador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas) serán orientadas polo profesor tanto no aula como nas sesións de titoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
Sistema de evaluaciónA avaliación cinguirase á comprobación do desenvolvemento efectivo das competencias.
a. Asistencia e participación: farase por medio de controis escritos, traballos entregados, participación do estudante no aula e no laboratorio, titorías ou outros medios.
b. Proba final.
Contribución de cada apartado á cualificación final:
- Apartado a: 40%
- Apartado b: 60%
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO: total 24 horas
- Clase expositiva presencial en grupo completo: 9 horas.
- Tutorías: 3 horas.
- Clases Interactivas (clases prácticas, participación activa no aula en debates, Presentación oral de traballos, etc.): 12 horas.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (NON presencial): total 51 horas. Recomendacións:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 22 horas.
- Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia (individual ou en grupo): 7 horas.
- Actividades en biblioteca, ou procuras bibliográficas: 8 horas.
- Lecturas recomendadas: 10 horas.
- Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 4 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a asistencia a aula e a consulta da bibliografía ali recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.