P3271117 - Aprendizaxe e Ensinanza dos Módulos das Familias Profesionais do Sector Primario e Secundario (Módulo Específico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 10.00
- Total: 10.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 40.00
- Horas de Titorías: 10.00
- Total: 80.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo fundamental da materia é que o alumnado domine a organización e a estrutura básica dos Ciclos Formativos. Ademais deberán coñecer os diferentes niveis de concreción curricular referidos aos módulos da súa especialidade. Deberán coñecer tamén os elementos conformadores dunha Programación Didáctica, ser quen de deseñala, así como de implementarla na aula, coñecendo estratexias, métodos e recursos, tanto para actividades de desenvolvemento como para as relacionadas con procesos avaliativos.
Daráselle unha relevancia especial ás estratexias metodolóxicas de tipo interactivo e colaborativo no seo da aula. Igualmente trataranse diferentes materiais didácticos para abordar as tarefas didácticas neste eido.
Contidos* Organización e estrutura actual dos Ciclos Formativos.
* Niveis de concreción curricular. Análise do deseño curricular dos módulos da especialidade.
* Programación didáctica: deseño e elementos conformadores.
* Selección, deseño e desenvolvemento de actividades formativas.
* Estratexias metodológicas, inclusión das TIC e diferentes recursos didácticos.
* A práctica da avaliación: obxecto, criterios, métodos e instrumentos.
* A realidade na práctica educativa en Formación Profesional.
Bibliografía básica e complementaria* Álvaro Page, M (Dir) (1999). Evaluación de los módulos profesionales, estudio de la reforma experimental de la enseñanza técnico-profesional. Madrid: CIDE.
* Ander-Egg, E. (2003). Métodos y Técnicas de investigación social IV. Técnicas para la recogida de datos e información. Buenos Aires: Lumen.
* Arnal, J., Del Rincón, D., Latorre, A. (1992). Investigación Educativa. Fundamentos y metodología. Barcelona: Labor.
* Bisquerra, R. (1998). Métodos de investigación educativa: guía práctica. Barcelona: Ediciones CEAC.
* Cano, J., López, M. e Ortega, M. (1993). La nueva Formación Profesional: ramas, módulos profesionales y ciclos formativos. Madrid: Escuela Española.
* Castro Rodríguez, M.M., Ramos Fernández, R. e Rodríguez Rodríguez, J. (1996). Análise socioeducativa do concello de Boiro: mapa escolar (1992-1996). Boiro: Concello de Boiro.
* Cohen, L. e Manhion, L. (1990). Métodos de investigación educativa. Madrid: La Muralla.
* Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (2006). Estudo da inserción laboral dos titulados de FP que remataron estudos no curso 2003-2004. Santiago de Compostela: Consellería de Educación. En www.edu.xunta.es/fp (Consultado 15.10.08)
* Delors, J. (1996). Infome a la UNESCO de la Comisión Internacional sobre la Educación para el siglo XXI: La Educación encierra un tesoro. En http://www.unesco.org/education/pdf/DELORS_S.PDF (Consultado 20.09.11)
* Escamilla, A., Lagares, A.R. La LOE (2006). La Loe: perspectiva pedaógica e histórica. Glosario de términos esenciales. Barcelona: Graó.
* Etxeberria Murgiondo, J. e Tejedor Tejedor, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla.
* Fernández Morante, C. (2001). Los medios audiovisuales, informáticos y nuevas tecnologías en los centros educativos gallegos: presencia y usos. Tese Doutoral. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
* Jato Seijas, E. (1998). La Formación Profesional en el contexto europeo. Nuevos desafíos y tendencias. Barcelona: Editorial Estel.
* Ministerio de Educación e Ciencia (1997). Catálogo de Títulos de Formación Profesional. Madrid, Servizo de Orientación Profesional.
* Ministerio de Educación e Ciencia. Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (1997). Fichas para la orientación profesional. Madrid: MEC.
* Mira Lema , J.L. (1998). Un novo modelo de Formación Profesional. Implantación en Galicia. Revista Galega do Ensino, 20 –Especial Formación Profesional-,21-47.
* Organización Internacional do Traballo (OIT) (2007)). Key indicators of the labour market (KILM) program. En: http://www.ilo.org/public/english/employment/strat/kilm/ (Consultado o 14.03.2009)
* Raposeiras Correa, J. (2005). As perspectivas do mercado laboral a través da Formación Profesional Regrada. En Revista Galega do Ensino, Nº 45, marzo 2005. Pp. 119-140.
* Rial Sánchez, A. e Valcarce Fernández, M. (2002). Novos horizontes para a formación profesional. Actas dos III Encontros Internacionais de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
* Rial Sánchez, A. (2005). La implantación de los ciclos formativos en la comunidad gallega 1995-2000.
* Rosales, C. (2009). Valores sociales e innovación educativa. Santiago de Compostela: Andavira.
CompetenciasSerán abordadas todas as competencias relacionadas coa didáctica xeral e específica dos módulos correspondentes da F.P.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía partirá da reflexión e análise e será participativa, fomentado o estudo de casos reais da práctica educativa no eido da F.P. nos centros escolares.
O papel do profesor será preferentemente o de guía das accións de reflexión e estudo de casos.
Alternaranse espazos de reflexión teórica con outros de elaboración de material ou de deseño de unidades didácticas.
A materia desenvolvida na clase atopará concreción práctica en diferentes traballos que o alumnado deberá elaborar, ben dun xeito individual, ben dun xeito colectivo.
Empregaranse as novas tecnoloxías da información para obter materiais didácticos de cara ao traballo na aula.
Sistema de evaluaciónAvaliaranse as aprendizaxes acadadas, así como a súa concreción práctica: traballos, actividades realizadas etcétera.
De igual xeito valorarase a actitude na aula e a participación na mesma.
Tempo de estudo e traballo persoalAo traballo desenvolvido habitualmente na aula, deberáselle engadir o tempo e o traballo necesarios para a realización das tarefas prácticas que se deberán posteriormente expoñer e debatir na aula.
Recomendacións para o estudo da materiaAo tratarse dunha materia de carácter teórico-práctico será conveniente que o alumnado oriente sempre o seu traballo intelectual cara á elaboración práctica do mesmo, de tal xeito que toda realidade teórica se concrete finalmente en correlatos prácticos. Isto ocurrirá dun xeito especial no que atinxe ao estudo da estrutura e elementos conformadores das unidades didácticas no ámbito da Formación Profesional.
ObservaciónsA dinámica da clase adoptarase en función das suxestións, demandas e necesidades do alumnado. Por isto, o diálogo profesor-alumnado é unha das bases fundamentais no desenvolvemento desta materia.