P3271118 - Bases para a Ensinanza e a Aprendizaxe de Línguas (Módulo Específico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 5.00
- Total: 5.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 20.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 40.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Lingüística Xeral
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Introducir ao alumnado nos principais fundamentos e teorías que sustentan o ensino e aprendizaxe de linguas.
- Familiarizar ao alumnado coas orientacións do ensino de linguas que emanan das directrices e documentos europeos.
- Fomentar a colaboración didáctica no ensino e aprendizaxe de linguas.
- Orientar cara a elaboración de proxectos interlingüísticos para o ensino secundario.
ContidosTema 1. O proceso de adquisición de linguas.
- Linguas primeiras e linguas engadidas.
- A adquisición da L1 fronte á aprendizaxe da L2: semellanzas e diferenzas.
Tema 2. Enfoques e correntes metodolóxicas no ensino de linguas.
- Evolución histórica dos métodos e enfoques no ensino de idiomas.
- Métodos tradicionais: método gramática-tradución, métodos estruturais, método audiolingual ou audiolingüístico,
- Os enfoques comunicativos actuais: o ensino comunicativo da lingua, o ensino baseado en tarefas.
Tema 3. Pautas e instrumentos para o ensino e aprendizaxe de linguas.
- O Marco común europeo de referencia para as linguas
- O Portfolio europeo das linguas.
Tema 4. Desenvolvemento da competencia plurilingüe e intercultural nas aulas de lingua.
- Complementariedade e tratamento integrado das linguas no sistema educativo (O currículum integrado das linguas). Os programas CLIL/AICLE
- Proxectos interlingüísticos.
Seminarios interactivos:
Nos seminarios interactivos desenvolveranse actividades e traballos de xeito colaborativo e que recollerán aspectos diversos do programa de contidos, cunha metodoloxía baseada no debate, a interacción e a exposición dos mesmos. Algunas destas actividades realizaranse a través da plataforma do campus virtual da USC.
Para o tema 1: exercicicios cunha selección de textos nos que se expoñan diferentes enfoques sobre a adquisición e aprendizaxe das linguas, así como os conceptos de linguas primeiras e linguas engadidas.
No tema 2: desenvolveranse actividades con materiais didácticos para o ensino de linguas co obxectivo de someter a unha reflexión crítica os diferentes enfoques metodolóxicos empregados nos mesmos.
Para o tema 3: actividades en grupo para a reflexión e exposición sobre diferentes aspectos e apartados do MCER e o Portfolio.
No tema 4: actividades de búsqueda de recursos en internet sobre os programas AICLE e reflexión conxunta sobre as vantaxes e dificultades da súa implantación.
Bibliografía básica e complementariaBaker, C. (1997): Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Cátedra: Madrid.
Cassany, Daniel (2006): El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. Madrid: Ministerio de Educación.
Conde, Gisela (2006): “El Portfolio Europeo de las Lenguas: el proyecto europeo y su desarrollo en España”, Carabela 57, pp. 143-154.
Cots, J.M. et al. (2010): Plurilingüismo e interculturalidad en la escuela. Reflexiones y propuestas didácticas. Barcelona: Horsori.
Consello de Europa (2001): Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. Publicación en liña: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Marco_textoI.pdf (Xunta de Galicia, 2006).
Cummins, J. (2002): Lenguaje, poder y pedagogía. Madrid: Ediciones Morata.
González Piñeiro, M. et al. (2010): Didáctica de las lenguas modernas. Competencia plurilingüe e intercultural. Madrid: Síntesis.
Doughty, C. J. & M. H. Long (2003): The handbook of second language acquisition. Oxford: Blackwell.
Lomas, Carlos (1999): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras. Teoría y práctica de la educación lingüística. Barcelona: Paidós. 2ª edición correxida e actualizada.
Martín Peris, E. (2004). “¿Qué significa trabajar en clase con tareas comunicativas?”. redELE, N.º0. Dispoñible en liña: http://www.mepsyd.es/redele/revista/martin.shtml
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (2012): Estudio Europeo de Competencia Lingüística (EECL). Publicación en liña: http://www.mecd.gob.es/inee/estudios/competencia-linguistica.html
Palacios Martínez, Ignacio M. (dir.) (2007): Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid. enclave-ELE.
Palacios Martínez, Ignacio M. (2008). “O Portfolio Europeo das Linguas: reflexións e ideas para a súa posta en práctica na aula”, en T. Díaz García, I. Mas Álvarez e L. Zas Varela (coord.), Integración lingüística e inmigración. Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 117-136.
Pastor Cesteros, Susana (2004): Aprendizaje de segundas lenguas. Lingüística aplicada a la enseñanza de idiomas. Alicante: Universidad de Alicante.
Richards, J. C. & T. S. Rogers (2001): Enfoques y métodos en la enseñanza de idiomas. Madrid: Cambridge University Press.
Sánchez Lobato, J. y Santos Gargallo, I (2004): Vademecum para la formación de profesores. Enseñar Español como segunda lengua (L”)/lengua extranjera (LE). Madrid. SGEL.
San Isidro Agrelo, Fco. Xabier (2009): CLIL: Integrando linguas “A través” do Currículo. Santiago de Compostela. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Publicación en liña: http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/files/CLIL%2009%20WEB.pdf
San Isidro Agrelo, Fco. Xabier (2011): Materiais Plurilingües 3.0: Formación, creación e difusión. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria . Publicación en liña: http://www.edu.xunta.es/web/node/3383
Trujillo Sáez, Fernando (2005):”En torno a la interculturalidad: reflexiones sobre cultura y comunicación para la didáctica de la lengua”. Porta Linguarum 4, xuño, 2005, pp. 23-39.
Trujillo Sáez, Fernando (2007): “Enseñar nuevas lenguas en la escuela: L1, L2, LE…NL”. Revista de Educación, 3543, mayo-agosto, 2007, pp. 71-91. Dispoñible en liña: http://www.revistaeducacion.mec.es/re343/re343_04.pdf
Vez, José Manuel (2000): Fundamentos lingüísticos en la enseñanza de lenguas extranjeras. Barcelona: Ariel.
Competencias- Coñecer o corpo de contidos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe de linguas.
- Adquirir estratexias para promover a autoaprendizaxe e autonomía dos estudantes.
- Promover o traballo colaborativo con diversos profesionais da educación de cara a enriquecer a formación do alumnado.
- Coñecer contextos e situacións nas que se desenvolven e aplican o ensino e aprendizaxe das linguas.
- Coñecer o deselvolvemento de aspectos teórico-prácticos do ensino e aprendizaxe das linguas.
- Fomentar un clima que facilite a reflexión e a aprendizaxe e poña en valor as diversas aportacións do alumnado.
- Coñecer e ser capaz de aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito do ensino de linguas.
- Empregar recursos bibliográficos e ferramentas de búsqueda de recursos.
- Potenciar a capacidade para o traballo cooperativo e pluridisciplinar.
Metodoloxía da ensinanza As explicacións dos contidos do programa serán realizados nas sesión expositivas da materia e irán encamiñadas a facilitar a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento e ser sometida a debate na dinámica das sesión seminario.
Será imprescindible sustentar os contidos proporcionados na aula mediante a consulta de fontes bibliográficas específicas para cada tema. A autoaprendizaxe e a lectura selectiva segundo as pautas marcadas para cada apartado dos temas fornece os mecanismos de autoaprendizaxe e reflexión crítica. A posta en práctica dos conceptos é imprescindible para asentar e madurar a preparación na materia mediante a realización dos exercicios propostos.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua e os seus criterios serán os mesmos tanto na primeira oportunidade (mes de xaneiro) como na segunda oportunidade (mes de xullo):
O 60% da nota final corresponderá ás actividades e traballos realizados e programados nas sesións interactivas de seminario. O 40% restante corresponderá ao exame de toda a materia, que versará sobre os contidos das sesións expositivas e das lecturas obrigatorias. Este exame realizarase nas datas fixadas pola Secretaría do Centro.
O alumnado debe ter en conta que a asistencia ás clases expositivas e aos seminarios interactivos é obrigatoria. Os estudantes poderán xustificar a ausencia dun 20% de faltas como máximo. No caso de que as ausencias xustificadas estean próximas ao 20%, o profesor responsable poderá indicar a obriga de realizar algún traballo complementario.
Tempo de estudo e traballo persoalDISTRIBUCIÓN DA CARGA ECTS
Sesións expositivas: 15 horas presenciais + 25 non presenciais (total: 40 horas).
Sesións interactivas: 20 horas presenciais + 30 non presenciais (total: 50 horas).
Sesións de titoría: 5 horas presenciais + 5 non presenciais (total: 10 horas).
Sesións de avaliación: 2 horas presenciais + 20 non presenciais (total: 22 horas).
TOTAL: 42 horas presenciais + 80 horas non presenciais (= 122 horas).
Recomendacións para o estudo da materiaOs ritmos de aprendizaxe non son os mesmos en todo o alumnado, e tampouco será idéntico o esforzo que esixan as actividades de traballo autónomo programadas nos distintos temas, pero vai requerirse do estudante o seu compromiso para a asistencia proveitosa ás clases e o traballo constante e continuado
ObservaciónsOs textos do programa aos que o profesor outorga validez son os das versións elaboradas por el mesmo (i.e., a versión galega e a castelán).