P3271121 - Didáctica das Línguas Estranxeiras para a Educación Secundaria (Módulo Específico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaObxectivos da materia
a) Xerais
- Introducir os alumnos en aspectos concretos do ensino de linguas estranxeiras relacionados coa programación das ensinanzas e o proceso de avaliación.
- Establecer conexións entre a teoría lingüística e a práctica pedagóxica.
- Reflexionar sobre os factores que condicionan a aprendizaxe e o ensino de linguas.
- Proporcionarlles aos alumnos destrezas básicas para a práctica do ensino de linguas estranxeiras.
- Familiarizar aos alumnos coa bibliografía especializada de maior relevancia sobre os temas do programa.
- Proporcionar aos alumnos principios básicos teóricos e técnicas prácticas para o seu propio desenvolvemento profesional como futuros profesores de linguas estranxeiras.
b) Específicos
- Proporcionar aos alumnos pautas e orientacións prácticas para un bo manexo e unha organización efectiva da clase.
- Familiarizar aos alumnos coa organización do currículo de inglés na Educación Secundaria (ESO e Bacharelato) e nas Ensinanzas especiais de idiomas (Escolas Oficiais de Idiomas).
- Aprender a planificar, programar e deseñar cursos, unidades didácticas e clases.
- Familiarizar aos alumnos cos materiais (libros de texto, ferramentas audiovisuais e multimedia, gramáticas, dicionarios, glosarios, recursos de apoio para profesores e alumnos) utilizados habitualmente para o ensino do inglés.
- Examinar o papel das novas tecnoloxías no ensino do inglés.
- Familiarizar aos alumnos coas últimas tendencias europeas sobre o ensino de linguas, con especial atención ao Marco Común Europeo de Referencia (MCER) e ao Portfolio Europeo das Linguas (PEL).
- Definir e explicar as diferenzas principais entre os conceptos de “examinar” e “avaliar”, poñendo de manifesto a importancia de ambos os dous fenómenos para o proceso de ensino-aprendizaxe.
Contidos1. Unidade 1. Algunhas achegas teóricas-prácticas da Lingüística Teórica e Aplicada nos sistemas de ensinanza/aprendizaxe do inglés como lingua de aprendizaxe.
2. Unidade 2: Currículo e deseño curricular do inglés no Ensino Secundario e outras propostas curriculares.
3. Unidade 3: Estratexias de aprendizaxe dunha lingua. Os materiais para o ensino e aprendizaxe. Análise e preparación de materiais didácticos.
4. Unidade 4: O proceso de avaliación da lingua inglesa no Ensino Secundario.
Nota: Os contidos que se inclúen neste programa son orientativos. Poden sufrir certas modificacións de acordo coas necesidades dos alumnos e o desenvolvemento do curso.
Bibliografía básica e complementaria- Estaire, Sheila e Zanón, Javier, Task-based Teaching, Heinemann, Oxford, 1994.
- Gower, R., Phillips, Diane e Walters, S., Teaching Practice Handbook, Heinemann, Oxford, 1995.
- Grant, Neville, Making the Most of your Textbook, Longman, Londres e Nova York, 1987.
- Harmer, Jeremy, How to Teach English, Longman, Harlow, 1994.
- Hill, Jimmy e Lewis, Michael, Practical Techniques for Language Teaching, 2ª ed., Language Teaching Publications, Hove, 1992.
- Palacios, Ignacio et al. Dicionario de ensino e aprendizaxe de linguas. Santiago de Compostela: U. de Santiago, 2009.
- Ribé, Ramón e Vidal, Núria, La Enseñanza de la Lengua Extranjera en la Educación Secundaria, Alhambra Longman, Madrid, 1995. (Capítulos 8, 10 e 11)
Salaberri, Sagrario, Lingüística Aplicada a la enseñanza de lenguas extranjeras, Servicio de Publicaciones de la Universidad, Almería, 1999.
- Schellekens, Philida, The Oxford ESOL Handbook, Oxford University Press, Oxford, 2007.
- Ur, Penny, A Course in Language Teaching, Cambridge University Press, Cambridge, 1996.
- Watkins, Peter, Learning to Teach English, Delta Publishing, Peaslake, 2005. (Capítulo 16)
- Willis, Jane, Teaching English through English, Longman, Harlow, 1981.
- Woodward, Tessa, Planning Lessons and Courses, University Press, Cambridge, 2001. (Existe tamén unha versión traducida ao español de 2002 na mesma editorial).
* Cando sexa necesario, proporcionaranse outras fontes bibliográficas así como recursos electrónicos para cada unha das unidades do programa.
CompetenciasCo- Desenvolvemento de destrezas pedagóxicas con especial atención ás técnicas de planificación da clase e ás estratexias de manexo e organización da aula.
- Transformación dos currículos en programas de actividades e de traballos.
- Adquisición de criterios de avaliación de materiais didácticos.
- Adquisición de técnicas para a implementación de materiais didácticos.
- Fomento dun clima de traballo que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
- Integración da formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- Coñecemento de estratexias e procedementos de avaliación, entendendo esta como un procedemento de regulación da aprendizaxe e de estímulo ao esforzo.
- Utilización de bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por internet.
- Xestión de forma óptima do tempo de traballo e organización dos recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
- Potenciación da capacidade para traballar en contornas cooperativas e pluridisciplinares.
Metodoloxía da ensinanza - Presentacións por parte do profesor.
- Postas en común sobre un tema de debate.
- Resolución de pequenos problemas ou supostos.
- Realización e exposición de traballos en parella e en grupos.
- Obradoiros na Sala de Informática.
- Sesións de microensino: Presentacións orais dos alumnos de maneira individual ou en pequenos grupos.
Sistema de evaluaciónO progreso do alumno nos distintos aspectos do curso será avaliado a través dun seguimento case diario do seu traballo. Os alumnos terán que completar varias tarefas, algunha das cales realizaranse na propia clase. En consecuencia, a asistencia é realmente importante.
Os alumnos individualmente, en parellas ou en pequenos grupos, terán que deseñar unha unidade didáctica que será presentada ao resto da clase. Unha vez feita esta presentación terán que entregar a versión escrita con todo o material correspondente.
A título orientativo establécense os seguintes criterios e módulos para a avaliación do alumno:
a) Asistencia e participación activa na clase (ata 30%)
b) Deseño de unidade didáctica, presentación e outras tarefas prácticas (ata 70%)
Aqueles alumnos que non cumpran co requisito mínimo de asistencia a clase (85%) deberán realizar unha proba final de toda a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo dedicado ao estudo desta materia poderá variar dunha semana a outra, aínda que se estima que os alumnos terán que estudar unha media de 8-10 horas á semana, incluirase aquí o tempo destinado a tarefas e traballos.
Recomendacións para o estudo da materiaEsta é unha materia eminentemente práctica. En consecuencia, a asistencia e participación na clase constitúen un requisito. Espérase que os alumnos presenten diversos traballos e tarefas prácticas ao longo do curso.