Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

P3271122 - Didáctica do Inglés para a Educación Secundaria (Módulo Específico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ RUA, PAULA.SI
VIÑA ROUCO, MARIA DEL MAR.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    a) Xerais
    - Introducir ao alumnado en aspectos concretos do ensino do inglés relacionados coa programación das ensinanzas e o proceso de avaliación.
    - Establecer conexións entre a teoría lingüística e a práctica pedagóxica.
    - Reflexionar sobre os factores que condicionan a aprendizaxe e o ensino de linguas.
    - Proporcionarlle ao alumnado destrezas básicas para a práctica do ensino do inglés.
    - Familiarizar ao alumnado coa bibliografía especializada de maior relevancia sobre os temas do programa.
    - Proporcionarlle ao alumnado principios básicos teóricos e técnicas prácticas para o seu propio desenvolvemento profesional como futuros profesores de inglés.

    b) Específicos
    - Proporcionarlle ao alumnado pautas e orientacións prácticas para un bo manexo e unha organización efectiva da clase.
    - Familiarizar ao alumnado coa organización do currículo de inglés na Educación Secundaria (ESO e Bacharelato)
    - Aprender a planificar, programar e deseñar cursos, unidades didácticas e clases.
    - Familiarizar ao alumnado cos materiais (libros de texto, ferramentas audiovisuais e multimedia, gramáticas, dicionarios, glosarios, recursos de apoio para profesores e alumnado) utilizados habitualmente para o ensino do inglés.
    - Examinar o papel das novas tecnoloxías no ensino do inglés.
    - Familiarizar ao alumnado coas últimas tendencias europeas sobre o ensino de linguas, con especial atención ao Marco Común Europeo de Referencia (MCER) e ao Portfolio Europeo das Linguas (PEL).
    - Definir e explicar as diferenzas principais entre os conceptos de “examinar” e “avaliar”, poñendo de manifesto a importancia de ambos os dous fenómenos para o proceso de ensino-aprendizaxe.

    Contidos
    Nota: Os contidos que se inclúen neste programa son orientativos. Poden sufrir certas modificacións de acordo coas necesidades dos alumnado e o desenvolvemento do curso.

    Unidade 1. Introdución
    1.1. Revisión de conceptos e nocións centrais no ensino do inglés como lingua estranxeira
    1.2. Situación da lingua inglesa nas ensinanzas de réxime xeral (Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato; Ensinanzas de Formación Profesional) e de réxime especial (Escolas Oficiais de Idiomas).

    Unidade 2: O currículo do inglés na Educación Secundaria (ESO e Bacharelato).
    2.1. O DCB da área na ESO
    2.2. O DCB da área no Bacharelato

    Unidade 3: Programacións e planificación
    3.1. Programacións anuais
    3.2. Unidades didácticas
    3.3. Programación de clases.

    Unidade 4: Os materiais para o ensino e aprendizaxe do inglés. Análise, selección e avaliación.

    Unidade 5: O proceso de avaliación. Tipos, instrumentos e marcos de referencia.
    5.1. Avaliar e examinar
    5.2. O Marco Común Europeo de Referencia e o Portfolio Europeo das Linguas

    Bibliografía básica e complementaria
    - Estaire, Sheila e Zanón, Javier, Task-based Teaching, Heinemann, Oxford, 1994.
    - Gower, R., Phillips, Diane e Walters, S., Teaching Practice Handbook, Heinemann, Oxford, 1995.
    - Grant, Neville, Making the Most of your Textbook, Longman, Londres e Nova Iorque, 1987.
    - Harmer, Jeremy, How to Teach English, Longman, Harlow, 1994.
    - Hill, Jimmy e Lewis, Michael, Practical Techniques for Language Teaching, 2ª ed., Language Teaching Publications, Hove, 1992.
    - Palacios, Ignacio et al. Dicionario de ensino e aprendizaxe de linguas. Santiago de Compostela: U. de Santiago, 2009.
    - Ribé, Ramón e Vidal, Núria, La Enseñanza de la Lengua Extranjera en la Educación Secundaria, Alhambra Longman, Madrid, 1995. (Capítulos 8, 10 e 11)
    Salaberri, Sagrario, Lingüística Aplicada a la enseñanza de lenguas extranjeras, Servicio de Publicaciones de la Universidad, Almería, 1999.
    - Schellekens, Philida, The Oxford ESOL Handbook, Oxford University Press, Oxford, 2007.
    - Ur, Penny, A Course in Language Teaching, Cambridge University Press, Cambridge, 1996.
    - Watkins, Peter, Learning to Teach English, Delta Publishing, Peaslake, 2005. (Capítulo 16)
    - Willis, Jane, Teaching English through English, Longman, Harlow, 1981.
    - Woodward, Tessa, Planning Lessons and Courses, University Press, Cambridge, 2001. (Existe tamén unha versión traducida ao español de 2002 na mesma editorial).

    * Cando sexa necesario, proporcionaranse outras fontes bibliográficas así como recursos electrónicos para cada unha das unidades do programa.


    Competencias
    - Desenvolvemento de destrezas pedagóxicas con especial atención ás técnicas de planificación da clase e ás estratexias de manexo e organización da aula.
    - Transformación dos currículos en programas de actividades e de traballos.
    - Adquisición de criterios de avaliación de materiais didácticos.
    - Adquisición de técnicas para a implementación de materiais didácticos.
    - Fomento dun clima de traballo que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
    - Integración da formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
    - Coñecemento de estratexias e procedementos de avaliación, entendendo esta como un procedemento de regulación da aprendizaxe e de estímulo ao esforzo.
    - Utilización de bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por internet.
    - Xestión de forma óptima do tempo de traballo e organización dos recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
    - Potenciación da capacidade para traballar en contornas cooperativas e pluridisciplinares.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Presentacións por parte do profesor.
    - Postas en común sobre un tema de debate.
    - Resolución de pequenos problemas ou supostos.
    - Traballos en parella e en grupos.
    - Sesións de microensino: Presentacións orais do alumnado de maneira individual ou en pequenos grupos.

    Sistema de evaluación
    O progreso do alumnado nos distintos aspectos do curso será avaliado a través dun seguimento continuado do seu traballo. O alumnado terá que completar varias tarefas, algunhas das cales realizaranse na propia clase. En consecuencia, a asistencia é realmente importante.

    A título orientativo establécense os seguintes criterios e módulos para a avaliación do alumnado:

    a) Asistencia á clase (ata 20%)
    b) Participación activa na clase (ata 20%)
    c) Deseño dunha unidade didáctica, presentación na aula e outras tarefas prácticas (ata 60%)

    O alumnado que non cumpra co requisito mínimo de asistencia a clase (80%) deberá realizar unha proba final de toda a materia na data establecida ao efecto. Do mesmo xeito, se non se levan a cabo as tarefas de avaliación programadas na aula nas datas fixadas deberase realizar na data establecida unha proba final da(s) parte(s) non avaliada(s).
    Os traballos ou tarefas que o alumnado terá que elaborar para ser avaliado deberán ser orixinais. Isto implica que non se aceptará a presentación dun mesmo traballo ou tarefa para ser avaliado en diferentes partes da materia ou en diferentes materias (incluídas a materia de practicum e o traballo fin de máster).


    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo dedicado ao estudo desta materia poderá variar dunha semana a outra, aínda que se estima que o alumnado terá que dedicar á materia unha media de 8-10 horas á semana, incluíndose aquí o tempo destinado a tarefas e traballos.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Esta é unha materia eminentemente práctica. Espérase que o alumnado presente diversos traballos e tarefas ao longo do curso. En consecuencia, a asistencia e participación na clase constitúen un requisito esencial.