Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

P3281103 - Historia ambiental (Valores Educativos da Natureza e da Paisaxe) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CABANA IGLESIA, ANA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Reparar na historicidade do proceso de evolución dos ecosistemas e agroecosistemas.
    - Estudar en perspectiva histórica os movementos ecoloxistas contemporáneos e as súas diferentes concrecións tanto no plano social coma no político.
    - Reflexionar sobre a dimensión histórica das actuais situacións ambientais e da conflitividade que xeran.

    Contidos
    Unidade Didáctica 1: Historia Ambiental: Historiar o medio.
    1.1 Que é a Historia Ambiental? A relación entre a sociedade e a natureza.
    1.2 Fontes, metodoloxía, conceptos chave e tendencias da Historia Ambiental.

    Unidade Didáctica 2. Movementos sociais ambientais contemporáneos.
    2.1 Unha resposta á crise ecolóxica no século XX: o movemento ecoloxista.
    2.2 As mil caras do pensamento verde: Conservacionismo, Preservacionismo, Ambientalismo.
    2.3 Novos movementos sociais ambientais: Ecoloxismo dos pobres, Xustiza Ambiental.
    2.4 Salto á política: os Partidos Verdes.

    Unidade Didáctica 3. Conflitos socioambientales no mundo contemporáneo.
    3.1 Novas visións do conflito social dende a Historia Ambiental.
    3.2 Conflitividade socioambiental: conflitos distributivos, ambientais e ecolóxicos.

    Unidade Didáctica 4. Dinámica evolutiva dos ecosistemas e agroecosistemas.
    4.1 Formas de apropiación socioambiental da natureza. Do "modo de uso campesiño" ao "modo de uso industrial".
    4.2 Da natureza como recurso á natureza como paisaxe: medidas proteccionistas.


    Bibliografía básica e complementaria
    CÁNCER, L.A., (1999), La degradación y la protección del paisaje, Madrid, Cátedra
    CASADO DE OTAOLA, S. (1997): Los primeros pasos de la Ecología en España. Madrid: Amigos de la Residencia de Estudiantes/Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
    DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA, F., (2006), La cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura 1750-1972, Vigo, Galaxia
    FUENTES COLMEIRO, R., (2006), Agrosistemas sostenibles y ecológicos, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela
    GONZÁLEZ DE MOLINA, M., (1993), Historia y medio ambiente, Madrid, Eudema
    GONZÁLEZ DE MOLINA, M.; MARTÍNEZ ALIER, J., (ed.) (2001), Naturaleza transformada, Barcelona, Icaria
    MARTÍNEZ ALIER, J., (2005), El ecologismo de los pobres, Barcelona, Icaria
    MCNEIL, J.R., (2003), Algo nuevo bajo el sol. Historia medioambiental del mundo en el siglo XX, Madrid, Alianza Editorial
    NORGAARD, R. (1995), Development Betrayed. The end of profess and a coevolutionary revisioning of the future, Rotuledge Press.
    ORTEGA CANTERO, N., (ed.), (2003), Estudios sobre historia del paisaje español, Madrid, Libros de la Catarata
    ORTEGA SANTOS, A.; MOLINA AGUADO, A., (2011), Oasis. Agua, Biodiversidad y
    Patrimonio, Granada, Editorial Atrio
    RADKAU, J., (1993), "Que es la Historia del Medio Ambiente?", en Historia y Ecologia, Ayer, 11, pp. 119-146
    RIECHMAN, J., (2003), Cultivar la T(t)ierra. Políticas agrarias y alimentarias para entrar en el siglo XXI, Barcelona, Icaria
    SABIO ALCUTÉN, A., (ed.), (2002), Naturaleza y conflicto social, Ayer, 46
    SHIVA, V., (2004), Las guerras del agua. Un recurso cada vez más escaso asediado por los poderosos, Barcelona, Icaria
    SIEFERLE, R.P. (2001): “Qué es la Historia ecológica?”, en GONZÁLEZ DE MOLINA, M. & MARTÍNEZ ALIER, J. (ed.), Naturaleza Transformada, Madrid, Ed. Icaria, pp. 31-55
    SOTO FERNÁNDEZ, D. (2006), Historia dunha agricultura sustentábel. Transformacións produtivas na agricultura galega contemporánea, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia
    WORSTER, D. (1988), The Ends of the Earth. Perspectives on Modern Environmental History, Cambridge University Press

    Competencias
    1. Os/ás estudantes deberán integrar os factores naturais no coñecemento histórico.
    2. Os/ás estudantes coñecen os procesos históricos de degradación e de protección da paisaxe e da natureza.
    3. Os/ás estudantes reflexionan sobre os recursos naturais como fonte de conflitos sociais e políticos.
    4. Os/ás estudantes reparan na potencialidade da Historia Ambiental como ferramenta para a posta en valor da paisaxe e como apoio para a dotación de novos usos da natureza.
    5. Os/ás estudantes son capaces de comunicarse e definir con rigor o vocabulario específico da Hª. Ambiental.
    6. Exemplificacións de organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases teóricas presentan unha síntese actualizada do conxunto de saberes acumulados en torno á relación entre sociedade e natureza en perspectiva histórica, que se concreta en actividades que se desenvolven nas clases prácticas e na saída de estudos a un ámbito natural modificado (Propostas: Colonización de Terra Chá (Lugo)/ caneiros río Miño no concello de Lugo). As lecturas obrigatorias son 4 artigos científicos e/ou capítulos de libro con información actualizada (15 horas de lectura e traballo). A partir destas actividades (lecturas e saídas) e o aprendido nas aulas teóricas os estudantes realizarán o seu estudo e elaboración de conclusións a xeito de portafolios (15 horas). Os estudantes serán atendidos en grupos reducidos, ou individualmente, en titoría para orientar as súas indagacións (2 horas, nun conxunto de tres ou catro sesións).


    Sistema de evaluación
    A avaliación é continuada. Toda a actividade realizada polo alumnado é avaliada: asistencia e participación nas clases, resolución de cuestións formuladas, conclusións das lecturas, exercizos de observación na saída de estudos mediante procedementos establecidos previamente, comentarios derivados das lecturas e o material audiovisual visionado. Isto suporá o 40% da cualificación final.
    O exercizo escrito final (portafolios) será no que os estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas. A súa redacción e presentación supoñerá o 60% da cualificación final.
    Todo alumno/a terá dereito á realización dun exame final como fórmula para establecer un diagnostico sobre os logros alcanzados na materia (2 horas).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL Horas
    Clase presencial 8
    Clases prácticas 8
    Titorías 2
    Realización de exámenes 2
    Outras tarefas 7

    TOTAL horas de traballo presencial 27


    TRABALLO PERSOAL HORAS
    estudo autónomo individual ou en grupo 11
    escritura de exercicios e traballos 15
    lecturas recomendadas e búsquedas bibliográficas 15
    asistencia a activiidades recomendadas 3
    outras tarefas propostas pola profesora 4
    Total de horas de traballo persoal do alumnado 48
    Recomendacións para o estudo da materia
    Prestar atención ós comentarios de texto, de gráficas, libros ou materiais audiovisuais que se realizan e explican nas aulas.
    Participar activamente nos debates propostos nas aulas teóricas e prácticas,así como nas actividades e visitas programadas.