Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

P3281105 - A artes plásticas e a natureza (Natureza e Arte) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BLANCO MOSQUERA, VICENTE.SI
CIDRAS ROBLES, SALVADOR.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer propostas artísticas contemporáneas en torno á natureza e a paisaxe.

    - Reflexionar sobre a natureza e a paisaxe como un territorio de acción para a arte.

    - Experimentar diferentes procesos que amplíen a incorporación da arte e a natureza ao traballo docente dos futuros mestres




    Contidos
    Podemos dividir os contidos en 3 apartados. Estes apartados están interrelacionados e non se presentan de forma illada se non que fan referencia aos diferentes contextos (culturais e vivenciais) que se van traballar ao longo do curso.

    CONTEXTO 1: A ARTE

    A natureza e a paisaxe na arte: análise comparada de obras clásicas e contemporáneas.

    - A arte da natureza: Da paisaxe romántica ao Land art
    - Propostas artísticas contemporaneas: A natureza como ideoloxía.


    CONTEXTO 2: A EDUCACIÓN

    Arte e compromiso: A natureza como territorio de acción para a educación e a arte.
    A investigación educativa baseada nas artes (IBA).


    CONTEXTO 3: O “eu” como contexto.

    - Preconceptos en torno á arte e a educación:

    Revisión de experiencias previas e desvinculación dos estereotipos en torno a arte e a educación.

    Glosario de termos: proceso, proxecto, ficha, manualidades, educación artística, creatividade,
    imaxinación, orixinalidade, etc.

    - Procesos, técnicas e materiais para a elaboración de proxectos artísticos baseados na natureza. Exemplificacións de organización, diseño e desenrolo de desarrollo de actividades educativas na natureza e no aire libre no ámbito galego.


    - Observación do entorno como espazo para a integración arte-natureza: a paisaxe, a tradición, a arquitectura, os noticieiros, a aula, etc

    - Relacións educativas entre arte paisaxe e identidade: o caso galego.

    - O portafolios como ferramenta de recollida de documentación e proceso.




    Bibliografía básica e complementaria
    Dewey, J. (2008/1934) El arte como experiencia. Barcelona: Paidós
    Efland, A. D.; Freedman, K. e Stuhr, P., La educación en el arte postmoderno, Ed. Paidós, Arte y Educación
    Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia.. Barcelona: Paidós.
    Eisner, E. W. (1995). Educar la visión artística. Barcelona: Paidós.
    Gardner, H. (1994): Educación artística y desarrollo humano, Barcelona, Paidós.
    Lowenfeld, V. (2008/1952) Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa. Madrid: Síntesis
    Marin Viadel, R. (Coord.) (2003) Didáctica de la Educación Artística. Madrid: Pearson Educación.
    Mitchell, W.J. T. Landscape and power, The univeristyof Chicago Press, 2002

    Catálogos de arte contemporánea (de consulta en la Biblioteca): Mujeres Artistas, Arte hoy, Art now, etc (Editorial Taschen) e Vitamin Ph, Vitamin D, Vitamin P etc (Ed Phaidon)

    Competencias
    Competencias básicas:

    1.- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.

    3.- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro, sen ambigüidades e os requisitos esixibles a todo traballo científico.

    Competencias específicas:

    9.- Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primixenios.

    Resultados da aprendizaxe:
    1 Os estudantes analizan e valoran a riqueza educativa e artística do medio natural
    2 Os estudantes aprenden a deseñar programas para a realización de actividades educativas en ámbitos naturais
    3 Os estudantes son capaces de colaborar e traballar en equipo con outros profesionais
    Metodoloxía da ensinanza
    Proposta metodolóxica baseada en proxectos artísticos.

    Metodoloxía de proxectos: Traballo de carácter cualitativo. Partindo de practíca artística como metodoloxía de investigación, analizamos diferentes conceptos e elementos da natureza e a paisaxe baixo o prisma da Educación Artística, investigando a súa utilidade como ferramentas que amplíen os procesos de construción de identidade do alumnado.
    Sistema de evaluación
    O modelo de avaliación máis coherente coa propia disciplina artística podería entenderse como un tipo de avaliación cualitativa e formativa.
    Formativa no sentido de que se realiza co propósito de favorecer o proceso de aprendizaxe dos alumnos e axuda a reflexionar sobre un proceso.
    Cualitativa, na medida que o proceso de avaliación das ensinanzas artísticas, e aínda as xerais, non poden referirse unicamente a condutas observables senón que deben abranguer os procesos de percepción, comprensión, crítica e expresión. Toda actividade é avaliada: asistencia e participación nas clases, resolución de cuestións, exercicios de observación, comentarios derivados de obras artísticas, e proxecto artístico final, no que os estudantes amosarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ao tratarse dunha materia de 3 créditos ECTS, corresponden 75 h de traballo do alumno. Estas horas distribúense do seguinte xeito:

    TRABALLO PRESENCIAL: 27 h.
    Horas Clase presencial en grupo completo: 8
    Clases practicas: 8 (Exercicios de análise da paisaxe, 3 horas; Realización dun proxecto artístico en torno á paisaxe, 6 horas)
    Titorías: 2
    Realización de exercicios escritos ou exames: 2
    Outras tarefas co profesor/a da materia 7: Excursión a Rivas de Miño e diferentes localizacións rurais.

    TRABALLO PERSOAL: 48 h
    Estudo autónomo individual ou en grupo 14
    Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia 16
    Lecturas recomendadas e buscas bibliográficas 10
    Asistencia a actividades recomendadas, como charlas, presentacións de traballos, teses doutorais, etc. e
    Outras tarefas propostas polos profesores da 3 materia: Visita