Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

P3281201 - Linguaxe e expresión poética da natureza (Natureza e Arte) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Indagar sobre os fundamentos nos que se asenta o proceso comunicativo.
    2. Reflexionar sobre a presenza e a función da natureza en diferentes expresións poéticas e artísticas.
    3. Mellorar as habilidades de comprensión e expresión escrita e oral en textos de diversa tipoloxía.

    Contidos
    1. Os fundamentos da comunicación. Linguaxe e comunicación. Elementos que integran o proceso comunicativo. As funcións da linguaxe. A competencia lingüística e a competencia comunicativa. A importancia do contexto. Conceptos básicos de pragmática e de análise do discurso. Aplicación das distincións teóricas a situacións comunicativas reais. A singularidade da linguaxe poética.
    2. A eficacia comunicativa nas interaccións sociais. A adecuación de rexistro ao proceso comunicativo. Tipoloxía textual. Linguaxes especializados. Estratexias discursivas. Claves para a comprensión e composición de escritos. Distinción de enfoques dende a traductoloxía. A singularidade do proceso comunicativo no eido da poesía.
    3. O valor suxestivo e estético da natureza na poesía. O espazo como marco de acción ou como protagonista. Distintos espacios, distintos valores. A paisaxística na poesía e noutras creacións artísticas. A natureza como recurso expresivo en distintos autores e en distintas culturas.



    Bibliografía básica e complementaria
    -AGUIRRE BELTRÁN, Blanca (1998): “Comunicación y cultura en situaciones profesionales: saber ser, saber estar y saber hacer”, Frecuencia L, 7, pp. 19-24.
    -ALLOTT, Nicholas (2010): Key Terms in Pragmatics, London, Continuum.
    -ÁLVAREZ KAHLE, Xana (dir.) (2009): Arte, ciencia y naturaleza: ciclo de conferencias, Madrid, Universidad Complutense de Madrid.
    -BACHELARD, Gaston (1957): La poétique de l’espace, Paris, Presses Universitaires de France.
    -BAYLON, Christian. & Xavier MIGNOT (1994): La comunicación, Madrid, Cátedra.
    -CENOZ, Jasone & José F. VALENCIA (1996): La competencia pragmática. Elementos lingüísticos y psicosociales, Bilbao, Universidad del País Vasco.
    -CHECA BELTRÁN, José (1991): El concepto de imitación de la naturaleza en las poéticas españolas del siglo XVIII, Alicante, Universidad de Alicante.
    -CLAROS DÍAZ, M. Gonzalo (2009): Ideas, reglas y consejos para traducir y redactar textos científicos, Málaga.
    -ESCANDELL, M. Victoria (1999): Introducción a la pragmática, Barcelona, Ariel.
    -ESCRIBANO, Asunción (2009): Las voces del texto como recurso persuasivo, Madrid, Arco Libros.
    -FERNÁNDEZ POLO, Francisco Xabier (1999): Traducción y retórica constrastiva a propósito de la traducción de textos de divulgación científica del inglés al español, Santiago de Compostela, Universidad de Santiago de Compostela.
    -FRIEDRICH, H. (1974): Estructura de la lírica moderna, Barcelona, Seix Barral.
    -GADDIS, John Lewis (2004): El paisaje de la historia. Cómo los historiadores presentan el pasado, Barcelona, Anagrama.
    -GAIRNS, Ruth & Stuart REDMAN (1990): Working with Words. A Guide toTeaching and Learning Vocabulary, Cambridge, CUP.
    -GÁMIR ORUETA, Agustín & Carlos Manuel VALDÉS (2007): “Cine y geografía: espacio geográfico, paisaje y territorio en las producciones cinematográficas”, Boletín de la A.G.E, 45, pp. 157-190.
    -GRICE, H. Paul (1998): “Presupposition and Conversational Implicature”, P. Cole (ed.), Radical Pragmatics, New York, Academic Press, pp. 183-188.
    -GUZMÁN ÁLVAREZ, José Ramón (2009): Paisaje vivido, paisaje estudiado: miradas complementarias desde el cine, la literatura y la ciencia, Córdoba, Universidad de Córdoba.
    -KNAPP, Mark L. (1980): La comunicación no verbal. El cuerpo y el entorno, Barcelona, Paidós.
    - HALL, George M. (1998): Como redactar un texto científico, Barcelona, Medical Trends.
    -LÓPEZ SÁNDEZ, María (2008): Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio, Vigo, Galaxia.
    -MARTÍN SERRANO, Manuel (2010): Teoría de la comunicación: la comunicación, la vida y la sociedad, Madrid, McGraw-Hill.
    -MONARTH, Harrison (2008): Desarrolle sus habilidades de comunicación, México, McGraw-Hill.
    -MORALES LÓPEZ, Esperanza et al. (2006): El conflicto en las empresas desde el Ánalisis del discurso, A Coruña, Universidade da Coruña.
    -MOODY, H. L. B. (1988): Varieties of English, London, Logman.
    -ORTEGA ARJONILLA, Emilio et al. (2009): El papel del contexto en traducción e interpretación, Granada, Atrio.
    -SÁNCHIS, José Luis (2004): Comunicar con éxito: teoría y práctica de la comunicación, Barcelona, Gestión 2000.
    -SARANGI, Sarangi & Celia ROBERTS (eds.) (1999): Talk, Work and Institutional Order. Discourse in Medial, Mediation and Management Settings, Berlin, Gruyter.
    -TORRES, María Gracia & Ange BUGNOT (eds.) (2005): Traducción y cultura: el referente cultural en la comunicación especializada, Málaga, Libros en casa.
    -VAN DIJK, Teun A. (ed.) (1996): Introduction to Discourse Analysis, London, Sage.
    -WITHROW, Jean (1987): Effective Writing, Oxford, UP.

    Competencias
    a) Competencias básicas
    - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro, sen ambigüidades e os requisitos esixibles a todo traballo científico.

    b) Competencias específicas
    - Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construir recursos para a realización de actividades.
    - Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primixenios.

    c) Competencias da materia
    - Ser capaz de avaliar, adaptar e aplicar os fundamentos da comunicación na dirección de grupos e na interacción cos mesmos.
    -Ter capacidade para conseguir información específica.
    -Ser capaz de captar implicacións.
    -Ter capacidade para redactar informes.
    -Ser capaz de producir resumos de artigos científicos e palabras clave.

    Metodoloxía da ensinanza
    Os contidos básicos da materia daranse a coñecer a través das clases expositivas. Esta presentación complementarase de xeito cotiá coa realización de distintas actividades prácticas. A través delas preténdese que o alumno chegue a comprender mellor a información ofrecida e a profundar en aspectos que forman parte dos fundamentos da materia.
    Nas clases interactivas de grupo reducido empregarase o debate e a análise de casos concretos. Ocupará tamén un lugar destacado a exposición e comentario por parte do alumno de determinados temas. Nestas tarefas contará coas indicacións que se lle proporcionará tanto dentro como fóra da aula.

    Sistema de evaluación
    1. Resolución de exercicios. Durante o desenvolvemento das clases iranse propoñendo aos alumnos a realización de diversas actividades (resolución de casos prácticos, comentarios, búsquedas e valoracións de datos…). Suporán un 50% da cualificación da materia.
    2. Proba específica ou traballo. O alumnado deberá realizar unha proba específica sobre os contidos expostos en clase ou presentar un traballo. Suporá un 50% da cualificación da materia.

    ADVERTENCIA:
    Ningunha das probas ou exercicios realizados poderá conter plaxios, independentemente da extensión que estes acaden. Para comprender a gravidade e as consecuencias académicas de presentar unha actividade ou traballo no que se recorra á redacción non persoal, basta con consultar a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOGA do 21 de xullo). Na citada normativa advírtese:
    "Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
    A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes".

    Tempo de estudo e traballo persoal
    a) Traballo presencial
    -Clases presenciais en grupo completo: 8 horas
    -Clases prácticas: 10 horas
    -Titorías: 7 horas
    TOTAL: 25 horas

    b) Traballo persoal
    -Estudo autónomo individual ou en grupo: 15 horas
    -Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 20 horas
    -Lecturas recomendadas e pesquisas bibliográficas: 13 horas
    -Asistencia a actividades recomendadas, como charlas, presentacións de traballos, teses doutorais, etc: 2 horas
    TOTAL: 50 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para o bo desenvolvemento do curso, recoméndase que o alumno participe das seguintes actividades e actitudes:
    (a) Asistir ás clases presenciais.
    (b) Amosar unha vontade participativa.
    (c) Realizar as distintas tarefas propostas.
    (d) Traballar cunha dedicación continuada no estudo da materia.
    (e) Amosar unha actitude valorativa e analítica cara aos distintos textos e materiais didácticos ofrecidos.