P3281202 - A natureza na literatura (Natureza e Arte) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Francesa e Italiana, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Filoloxía Francesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoFrancésObxectivos da materia1.- Obxectivos.
Nesta materia os alumnos e alumnas deben chegar a un coñecemento teórico sobre a representación da natureza na literatura e, a través de pautas analíticas e metodolóxicas, cegar a analizar as diferentes formas de aparición da natureza nas obras literarias. Os alumnos e alumnas terán que aplicar os métodos de análise explicados na clase e ver as funcións da natureza nos textos
Podemos especificar os seguintes obxectivos:
a) Familiarizar aos futuros profesionais no campo das actividades educativas relacionadas co tempo de ocio, o aire libre e o contacto coa natureza coa importancia que a representación literaria da paisaxe ten para modular a percepción e a experiencia estética.
b) Dotar ao alumnado dos materiais e textos literarios que no futuro poderán servirlles para espertar o interese e a sensibilidade cara ao entorno natural de persoas que participen en actividades educativas na natureza.
c) Exercitar a práctica de obradoiros literarios ligados á descrición da paisaxe.
d) Coñecer as distintas actitudes cara ao medio natural ao longo da historia da cultura occidental plasmadas nas súas creacións literarias e contrastalas con outros complexos culturais.
e) Revisar as actitudes posibles na plasmación estética do mundo natural: desde a idealización do Locus amoenus e a tradición bucólica ata as visións degradadas propias da literatura distópica.
f) Contrastar as descricións da paisaxe en literaturas do noso contorno cultural: na literatura galega, bretona e europea en xeral
g) Coñecer textos da literatura infantil e xuvenil que sirvan para achegar a nenos e rapaces á sensibilidade cara aos valores estéticos e ecolóxicos da paisaxe e o contorno natural
h) Familiarizarse con teorías como a ecocrítica ou o ecofeminismo.
Contidos2.-Contidos.
1.- a naturaleza nas obras literarias: percorrido histórico.
2.- Funcions da natureza nos textos literarios.
3.- Teorías e modelos de análise.
4.- a naturaleza na poesía bretona contemporánea de expresión francesa.
5.- a natureza na poesía e na narrativa contemporánea Galega.
6.- a ecocrítica..
7.- Relación entre paisaxe literaria e promoción turística: as rutas literarias; as citas literarias nas guías turísticas; a literatura de viaxes.
Bibliografía básica e complementaria3.- Bibliografía.
-Cadou, René-Guy. (1978) Poésie.La vie entière, Paris, Seghers.
-Duval, Anjela. (2003) Quatre poires, Ed. Mignoned.
- Fernández de la Vega, Celestino (1958) "Abrente e solpor da paisaxe", en VVAA (1958B).
Homenaxe a Ramón Otero Pedrayo. Vigo: Editorial Galaxia, 103-128.
-Flys Junquera,C; Marrero Henríquez, J.M; Barella Vigal, J. (2010) Ecocríticas. Literatura y medio ambiente, Madrid, Iberoamericana/ Vervuert.
-Grall, Xavier.(2002) Mémoires de ronces et de galets, Plougastell-Daoulaz, An Here.
-Guillén, Claudio. (1998) Múltiples Moradas, “El hombre invisible: literatura y paisaje”, Barcelona, Tusquets, pp. 98-177.
-Guillevic, Eugène.(2000) Terraqué, Paris, Nrf, Poésie/Gallimard.
-Guillevic, Eugène. (1997) Étier, Paris, Nrf, Poésie/Gallimard.
-Guillevic, Eugène. (2000) Sphère suivi de Carnac, Nrf, Poésie/Gallimard.
-Keineg, Paol. (1978) O poema do país que ten fame, Ed. Do rueiro, A Coruña.
-Lelièvre Houiseau, Gérard (2004) Investigación e innovación,1954-2004,50 anos da Escola de Formación de profesorado de Lugo, “La diglossie littéraire dans la littérature bretonne d´expression française”, Univ. De Santiago de Compostela, pp.217-231.
-Le Men, Yvon. (1997) La clef de la Chapelle est au café d´en face, Paris, Flammarion.
- López Silvestre, Federico (2005) . El discurso del paisaje.Historia cultural de una idea estética en Galicia (1723-1931). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
-López Sández, María. (2008) Paisaxe e Nación. A creación discursiva do territorio, Vigo, Ed. Galaxia.
-Méndez Ferrín, Xosé-Luís (2007, 2ª ed.) Bretaña, Esmeraldina, Vigo, Ed. Xerais.
- Mato Fondo, Miguel A. (1998). A escrita da terra. Configuración do espacio natural na literatura galega. Coruña:Espiral Maior.
-Piriou, Yann-Ver. (1971) Défense de cracher par terre et de parler breton, Honfleur, Ed. Pierre Jean Oswald.
-Robin, Armand. (2004) Ma vie sans moi, Paris, Nrf, Poésie/Gallimard.
- Roger, Alain (1997). Court traité du paysage. Paris: Gallimard.
- Westling, Louise H. (1996). The Green Breast of the New World. Landscape, Gender, and American Fiction. Athens and London: University of Georgia Press.
Competencias4.- Competencias.
4.1- Básicas :
A materia contribúe particularmente ao desenvolvemento da competencia básica 4 (CB4) recollida na memoria do máster
- Que os estudantes sexan capaces de aplicar pautas analíticas no momento de achegarse a un texto literario e saiban reflexionar sobre o papel da natureza nunha obra literaria.
4.2- Específicas:
A materia contribúe particularmente ao desenvolvemento das competencias específicas CE5, CE6, CE8, CE9, CE10 recollidas na memoria do máster
- Que os estudantes sexan capaces de seleccionar textos e incluilos en programacións educativas en entornos naturais. Que estes textos sirvan de ilustracións a actividades relacionadas ca educación en entornos naturais.
4.3- Da materia
- Que o alumno saiba valorar e analizar as funcións da natureza nunha obra literaria.
-Que o alumno saiba diseñar actividades nun entorno ao aire libre e incluir na súa programación actividades lúdicas e poéticas relacionadas coa natureza.
- Que o alumno saiba sacar conclusións e relacionar sistemas literarios.
Metodoloxía da ensinanza 5.- Metodoloxía.
As clases teóricas presentarán unha visión diacrónica da presencia da natureza na literatura. A continuación veremos as diferentes funcións da natureza nun texto literario, as súas aparicións que obedecen a un esquema predeterminado e as súas relacións ca trama e os personaxes. Insistiremos nas teorías e nos modelos que codifican a aparición da paisaxe no texto. As lecturas obrigatorias incluen a lectura de cinco artigos (12 horas de lectura e traballo) Un deles será en francés e versará sobre a poesía bretona de expresión francesa; dárase toda a información e facilidade para os alumnos que non saiban este idioma. A partires destes textos os alumnos elaborarán as súas conclusións e incluirán estes textos en programacións destinadas a actividades relacionadas co entorno (20 horas). Os alumnos serán atendidos en grupos pequenos, ou individualmente, en titorías para orientar as súas indagacións (2 horas, nun conxunto de tres ou catro sesións. Realizáranse ejercicios prácticos de análise de textos (4 horas).
Sistema de evaluación6.- Sistema de avaliación da aprendizaje.
A avaliación é continua e escalar. Toda a actividade é avaliada: asistencia e participación nas clases, resolución de cuestións suscitadas nas clases prácticas, conclusións das lecturas, comentarios e análises de textos, comentarios derivados das lecturas, programación e inserción de textos poéticos, e exercicio final escrito, no que os alumnos mostrarán suficiencia na adquisición das competencias fixadas.
No tocante a unha clarificación das puntuacións que se poden conseguir:
1.- Asistencia activa nas clases e actividades 20%
2.- Traballo en equipa 10%
3.- Exercicios prácticos (inclúe comentarios, análise e inserción dos textos) 40%
4.- Exercicio escrito final (aplicación das nocións teóricas nun texto) 30%
Tempo de estudo e traballo persoal7.- Tempo de estudo e traballo persoal.
Clase presencial en grupo completo:12h
Estudo autónomo individual ou en grupo:20h
Clases prácticas: 12h
Escritura de exercicios ou traballos derivados da materia:4h
Titorías:4h
Lecturas recomendadas e buscas bibliográficas:12h
Realización de exercicios escritos ou exames:2h
Asistencia a actividades recomendadas como charlas, presentacións de traballo:4h
Total horas de traballo presencial:30h
Total horas de traballo persoal do alumnado: 40h
Recomendacións para o estudo da materia8.- Recomendacións.
É necesario que os alumnos e alumnas teñan especial sensibilidade hacia a literatura e saiban analizar e relacionar a presencia da natureza nun texto e saiban incluir nunha programación de actividades ao aire libre fragmentos textuais que orienten a súa tarefa cara a unha dinamización grupal.