Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

P3281106 - Ecosistema e biodiversidade (Os Elementos do Medio Natural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Produción Vexetal, Botánica , Zooloxía e Antropoloxía Física
  • Áreas: Produción Vexetal, Botánica, Zooloxía
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ VARELA, RAMON ALBERTO.NON
DOMINGUEZ CONDE, JESUS.NON
RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Que os estudantes adquiran a capacidade de valorar a riqueza e o potencial educativos do medio natural e a construír recursos para a realización de actividades

    - Que os estudantes adquiran actitudes e comportamentos positivos en relación cos elementos biolóxicos integrantes do medio natural.

    - Que os estudantes adquiran coñecementos básicos sobre a biodiversidade do seu entorno: hábitats e especies de flora e fauna de maior interese no territorio galego.

    - Que os estudantes adquiran habilidades para a xestión, a toma de decisións e a resolución de conflitos e imprevistos que se podan presentar na organización e execución de actividades.




    Contidos
    - Programa teórico
    Tema 1. A paisaxe e a súa dinámica recente.
    Tema 2. Sistemas de clasificación e tipoloxías de paisaxe.
    Tema 3. Concepto e definición de hábitats. A Directiva Hábitats 92/43/CEE da Unión Europea.
    Tema 4. Aproximacións ás clasificacións de hábitats en Europa. Recoñecemento dos hábitats de interese no contexto da Rexión Bioxeográfica Atlántica de Europa.
    Tema 5. Caracterización de hábitats naturais e seminaturais no contexto da Rexión Bioxeográfica Atlántica de Europa: i) hábitats mariños e costeiros; ii) hábitats de auga doce; iii) hábitats de matogueiras e afloramentos rochosos; iv) hábitats boscosos; v) hábitats dos agroecosistemas.
    Tema 6. Introdución á flora de Galicia. Especies de interese para a conservación. Especies cultivadas e invasoras.
    Tema 7. Introdución á fauna: interese da fauna na didáctica da natureza, grupos faunísticos a tratar e sinopse sistemática.
    Tema 8. Técnicas de observación da fauna de vertebrados.
    Tema 9. Fauna de vertebrados do Courel: contexto bioxeográfico, especies representativas

    - Programa práctico
    Analizaranse de xeito detallado e interactivo os principais hábitats e especies de fauna e flora de interese presentes na Serra do Courel mediante a realización de clases teóricas e prácticas específicas a desenvolver durante a estancia en Seoane do Courel (Lugo). Para tal fin, realizaranse dous itinerarios, un curto (Seoane-Mercurín-Ferrería Vella-Seoane) e outro largo (Alto do Couto-Devesa da Rogueira-Alto do Couto.




    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria

    - Baltasar, M. (1901, 1902, 1905):Viajes de Herborización por Galicia. Edición fascimil por F. Díaz?Fierros Viqueira & X.A. Fraga Vázquez (1987). Ediciós do Castro. A Coruña.
    - European Commision (2013): Interpretation Manual of the European Union Habitats. EUR 28 April 2013. DG Environment. Nature ENV B.3. Bruselas.
    - Dans del Valle, F. & Molina Martínez, B. (Coods.)(2005): O Monte galego segundo criterios de xestión forestal sostible. Diagnóstico. Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.
    - Davies, C. E. & Moss, D. (2002): EUNIS Habitat Classification. 2001 Work Programme. Final Report. 108 pp. European Environment Agency. Huntingdon.
    - Devillers, P., Devillers-Terschuren, J., (1996): A Classification of Palaeartic Habitats. Council of Europe Publishing, Strasbourg.
    - EUR12587 (1991): Corine Biotopes Manual. A method to identify and describe consistently sites of major importance for nature conservation, European Communities,.
    - Izco Sevillano, J., Díaz Varela, R.A., Martínez Sánchez, S., Rodríguez Guitián, M.A., Ramil Rego, P., Pardo Gamundi, I.M., 2001. Análisis y valoración de la Sierra de O Xistral: un modelo de aplicación de la Directiva Hábitat en Galicia. Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
    - Izco, J. (2004): Botánica. Mc Graw-Hill.
    - Izco, J., Amigo, J., Ramil Rego, P., Díaz Varela, R. & Sánchez, J.M. (2006): Brezales, biodiversidad, usos y conservación. Recursos Rurais, Serie Cursos e Monografías 2: 5?24.
    - Ramil Rego, P. & Domínguez Conde, J. (Coord.)(2006): A Lagoa de Cospeito. Historia e vida dun humidal chairego. Xunta de Galicia.
    - Ramil Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Rubinos Román, M., Ferreiro Dacosta, J., Hinojo Sánchez, B., Blanco López, J.M., Sinde Vázquez, M., Gómez-Orellana Rodríguez, L., Díaz Varela, R.A., Martínez Sánchez, S., Muñoz Sobrino, C. (2005): La expresión territorial de la biodiversidad: paisajes y hábitats. Recursos Rurais, Serie Cursos 2: 109-128.
    - Ramil Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Hinojo Sánchez, B.A.; Rodríguez González, P.M.; Ferreiro da Costa, J.; Rubinos Román, M.; Gómez-Orellana, L.; de Nóvoa Fernández, B.; Díaz Varela, R.A.; Martínez Sánchez, S. & Cillero Castro, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. 189 pp.
    - Ramil Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Ferreiro da Costa, J.; Rubinos Román, M.; Gómez-Orellana, L.; de Nóvoa Fernández, B.; Hinojo Sánchez, B.A.; Martínez Sánchez, S.; Cillero Castro, C.; Díaz Varela, R.A.; Rodríguez González, P.M. & Muñoz Sobrino, C. (2008): Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Fichas descritivas. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. 627 pp.
    - Rodríguez Guitián, M.A., Romero Franco, R., Real Rodríguez, C. & Ferreiro da Costa, J. (en prensa): Descrición, cartografía e valor de conservación dos bosques da Devesa da Rogueira (Serra do Courel, NW Península ibérica). Recursos Rurais 9.

    Páxinas web.

    http://biodiversity.eionet.europa.eu/
    http://eunis.eea.europa.eu/
    http://europa.eu/legislation_summaries/agriculture/environment/index_es.htm
    http://www.eea.europa.eu/es
    http://www.ibader.org/
    http://www.floraiberica.org/
    http://www.natura.org/
    Competencias
    Competencias básicas:

    - Capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.

    - Adquisición e capacidade de transmisión á sociedade de actitudes e comportamentos positivos en relación cos elementos biolóxicos constituíntes do medio natural.

    - Capacidade para a xestión, a toma de decisións e a resolución de conflitos e imprevistos que se podan presentar na organización e execución de actividades.


    Competencias específicas:

    - Capacidade para recoñecer os compoñentes básicos da biodiversidade (hábitats e especies de flora e fauna) de maior interese no territorio galego.

    - Coñecementos sobre os principais problemas de conservación e xestión que afectan, a distintas escalas, á biodiversidade.
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía de ensinanza combina clases teóricas, clases interactivas (prácticas) e a avaliación dun traballo obrigatorio en grupo.

    As clases teóricas presentan unha síntese actualizada do conxunto de coñecementos dispoñibles sobre a diversidade biolóxica do territorio galego e os seus compoñentes (flora, fauna e hábitats), as ferramentas de xestión utilizadas no seu mantemento e o seu valor desde o punto de vista da educación ambiental. As clases interactivas (prácticas) desenvolveranse na Estación Científica da USC en Seoane do Courel (Lugo) e se centrarán no recoñecemento dos elementos que conforman a súa biodiversidade. As dúbidas xurdidas ao longo das clases expositivas e interactivas así como durante a elaboración do traballo obrigatorio da materia poderán resolverse durante as horas destinadas ás titorias.

    Todas as actividades anteriores (sesións expositivas, interactivas e titorías) estarán apoiadas polo entorno virtual (aula virtual da materia), o que facilitará e permitirá a continuidade en todo o proceso de aprendizaxe (Guión de elaboración do traballo obrigatorio, materiais complementarios, videos, foros de debate, espazos de colaboración, etc.).

    O desglose horario das actividades docentes a desenvolver é o seguinte:

    Clases expositivas: 9 horas
    Clases interactivas: 12 horas
    Titorías: 3 horas
    Avaliación: 2 horas
    TOTAL TRABALLO PRESENCIAL: 26 HORAS
    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua e escalar e se fundamentará en catro criterios académicos: asistencia ás clases teóricas e prácticas, o grao de participación en ditas actividades, a cualificación de coñecementos adquiridos mediante una proba escrita (2 horas) e a elaboración e exposición dun traballo en grupo. A aportación parcial de cada un dos criterios comentados á cualificación final será a seguinte:

    Criterio % cualificación final
    Asistencia 10%
    Participación 10%
    Cualificación proba escrita 25%
    Elaboración do traballo 55%
    TOTAL 100%


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Para un mellor aproveitamento dos contidos impartidos ao longo desta materia, estímase que o estudante debería investir o seguinte desglose de traballo persoal:

    Estudio autónomo individual ou en grupo: 12 horas
    Escritura de exercicios ou traballos: 9 horas
    Lecturas recomendadas e buscas bibliográficas: 20 horas
    Asistencia a actividades recomendadas: 8 horas
    TOTAL TRABALLO PERSOAL: 49 HORAS

    NUMERO TOTAL DE HORAS PARA SUPERAR A MATERIA: 75 HORAS