P3281107 - Coñecemento xeográfico do medio natural (Os Elementos do Medio Natural) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Didáctica das Ciencias Sociais
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Coñecer a diversidade de elementos e de contrastes xeográficos que configuran o medio natural, en particular o galego.
2. Proporcionarlles aos estudantes un coñecemento xeográfico do medio natural que lles permita valorar os recursos e potencialidades que ofrece en relación co desenvolvemento de actividades educativas na natureza.
3. Iniciar aos estudantes no manexo de ferramentas básicas de busca de datos e análise de información xeográfica dos elementos do medio.
ContidosContidos teóricos:
1. O COÑECEMENTO XEOGRÁFICO DO MEDIO NATURAL.
1.1. Os fundamentos tectónicos do relevo.
1.2. As rochas e o seu modelado. Os sistemas morfoxenéticos.
1.3. Masas de aire, centros de acción e frontes.
1.4. Clasificación e distribución dos climas.
1.5. Aspectos bioxeográficos.
2. O MEDIO NATURAL GALEGO.
2.1. O medio físico en Galicia. Xeoloxía, xeomorfoloxía, clima, solos.
2.2. Sinopsis bioxeográfica de Galicia.
3. OS ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS E A REDE NATURA 2000.
3.1. Xeneralidades sobre espazos naturais protexidos.
3.2. Fundamentos da Rede Natura 2000. Implementación e xestión.
3.3. A rede de espazos naturais protexidos en Galicia.
3.4. Actividades educativas en espazos protexidos.
Contidos prácticos:
1. Prácticas de laboratorio: busca de información ambiental dos espazos a visitar nas prácticas de campo en servidores de información xeográfica distribuídos na www.
2. Prácticas de campo: visita, exercicios de localización xeográfica e interpretación dos valores naturais en espazos naturais protexidos de Galicia. Os Ancares e O Courel.
Bibliografía básica e complementariaBielza de Ory, V. (ed.) (1984). Geografía general (vol. I). Madrid, Taurus.
Calvo Iglesias, M. S., R. A. Díaz Varela, et al. (2010). As paisaxes culturais galegas. Perspectivas actuais de conservación e xestión. III Congreso de Aagroecoloxía e Agricultura Ecolóxica en Galicia, Vigo (España), Universidade de Vigo.
López Bermúdez, F., J. M. Rubio e J. Mª Cuadrat (1992). Geografía física. Madrid, Cátedra.
Martínez Cortizas, A. e A. Pérez Alberti (dir.) (1999). Atlas climático de Galicia. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
Pérez Alberti, A. (1993). Xeomorfoloxia. Xeografía de Galicia. Gran Enciclopedia Galega, Edicións S.A. 3: 260.
Ramil Rego, P., M. A. Rodríguez Guitián, et al. (2005). "La expresión territorial de la biodiversidad: paisajes y hábitats." Recursos rurais. Serie Cursos 2: 109-128.
Ramil Rego, P., M. A. Rodríguez Guitián, et al. (2008). "Os hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial." Monografías do IBADER: 1-263.
Rodríguez Guitián, M. A. e P. Ramil Rego (2007). "Revisión de las clasificaciones climáticas aplicadas al territorio gallego desde una perspectiva biogeográfica." Recursos rurais 3: 31-55.
Ramil Rego, P. e M. A. Rodríguez Guitián (2008). "Fitogeografía de Galicia (NW Ibérico): análisis histórico y nueva propuesta corológica." Recursos Rurais 1(4): 19-50.
Torres Luna, Mª P. de (dir.) (1986). Geografía de Galicia (Tomos 1-2). A Coruña, Xuntanza.
VV.AA. (1996). Galicia. Xeografía (tomo XVII). A Coruña, Hércules.
Algúns enlaces de interese:
http://inspire.xunta.es/siteb/acceso.php
http://www.ign.es/
http://www.mma.es/portal/secciones/biodiversidad/
http://www.ibader.org/archivos_difusion.asp
CompetenciasCOMPETENCIAS BÁSICAS
1. Os estudantes serán quen de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornos naturais e, máis concretamente, saberán deseñar unha actividade educativa orixinal sobre un contorno natural previamente elixido.
2. Os estudantes serán quen de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
3. Os estudantes adquirirán coñecementos integrais en relación co medio natural.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
1. Os estudantes coñecerán os aspectos físicos do medio, en particular os correspondentes ao espazo xeográfico galego.
2. Os estudantes saberán utilizar a información xeográfica como instrumento de interpretación do territorio.
3. Os estudantes serán quen de interrelacionar o medio natural coa esfera social e humana.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas consistirán basicamente en leccións impartidas polos profesores, dedicadas á presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada na análise de paisaxes, comentario de documentos gráficos e cartográficos, así como outras actividades que faciliten o coñecemento xeográfico do medio natural. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polos profesores tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
Sistema de evaluaciónCon carácter xeral, a avaliación cinguirase á comprobación do desenvolvemento efectivo das competencias. Na medida do posible, a avaliación estará integrada no propio proceso de ensino-aprendizaxe. O seu compoñente principal terá, xa que logo, carácter continuo, holístico e informal. Avaliarase a asistencia e participación nas clases, así como a realización dos exercicios, informes e traballos propostos. En todo caso, realizaranse exercicios escritos ou probas específicas de avaliación das competencias adquiridas.
Tempo de estudo e traballo persoalDocencia expositiva: 9 horas
Docencia interactiva: 12 horas
Titorías: 3 horas
Estudo e traballo persoal: 51 horas
Total: 75 horas