Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

P3281108 - Natureza, paisaxe e arquitectura rural (Os Elementos do Medio Natural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia da Arte, Enxeñaría Agroforestal, Botánica
  • Áreas: Historia da Arte, Enxeñaría Agroforestal, Botánica
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ VARELA, RAMON ALBERTO.NON
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO.SI
ORTIZ SANZ, JUAN PEDRO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Nesta materia os alumnos e alumnas deben alcanzar un coñecemento técnico da paisaxe e as construcións tradicionais para que poidan ser aplicados dun modo práctico ao deseño de percorridos turístico e/ou educativos que permitan gozar destes recursos do medio natural. Os alumnos e alumnas deberán ser capaces de identificar, localizar analizar e valorar o interese dos recursos paisaxísticos e construtivos tradicionais dunha zona para poder así incluír os máis valiosos nos percorridos turísticos e/ou educativos.
    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO

    1.- Natureza e paisaxe.
    2.- Paisaxe, dinámica, sistemas de clasificación e tipoloxías
    3.- Historia dos conceptos e a súa relación coa arte e a cultura.
    4.- Presenza da paisaxe no imaxinario colectivo contemporáneo.
    5.- Exemplos de análises de paisaxes e problemas na avaliación da súa calidade.
    6.- Importancia da arquitectura rural.
    7.- Fontes de información en arquitectura rural.
    8.- Técnicas de análises e valoración de construcións tradicionais dun territorio

    PROGRAMA PRÁCTICO

    Práctica de campo
    Realización dun traballo práctico
    Bibliografía básica e complementaria
    -Maderuelo, Javier (2007): El paisaje. Historia de un concepto, Madrid, Abada.
    -Maderuelo, Javier & Rivera, Javier: Arquitectura: paisaje y patrimonio, Madrid, Universidad de Alcalá, 2011.
    -Nogué, Joan; Puigbert, Laura; Bretcha, Gemma i Losantos, Agata: Paisatge i educació, Olot & Barcelona, Observatori del Paisatge, 2011.
    -Proxecto Terra: http://proxectoterra.coag.es/
    - Estévez, Xerardo; Fernández, Mª Xosé, eds., (2007): Territorio, paisaxe, identidade, Santiago, Museo do Pobo Galego.
    - Díaz-Fierros, Francisco; López Silvestre, Federico, eds., (2009): Olladas críticas sobre a paisaxe, Santiago, Consello da Cultura Galega.
    - Fernández De Rota, José Antonio (1984): Antropología de un viejo paisaje gallego, Madrid, Siglo XXI.
    - López Silvestre, Federico (2008): Os límites da paisaxe na Galicia dos Austrias (1517-1700), Madrid, Biblioteca Nueva.
    - López Silvestre, Federico (2009): A emerxencia da paisaxe na Galicia da Ilustración (1700-1833), Madrid, Biblioteca Nueva.
    - AA. VV.: Paisaxe e cultura. Ensaios, Galaxia, Vigo, 1955.
    - Bas López, B., (1983). As construcción populares: un tema de etnografía en Galicia. Cuadernos do Seminario de Sargadelos, núm. 44, Edicións do Castro. Sada. A Coruña.
    - Llano Cabado, P. de. (1981-1983). Arquitectura popular en Galicia. Santiago de Compostela. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
    - Llano Cabado, P. de. (1996). Arquitectura popular en Galicia. Razón e construcción. COAG. Santiago de Compostela.
    - Caamaño Suárez, M. (2003). As Construccións da arquitectura popular: Patrimonio etnográfico de Galicia. Santiago de Compostela. Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos.
    - Caamaño Suárez, M. 1999). As construccións adxectivas. Cadernos do Museo do Pobo Galego, núm. 9, Santiago de Compostela.
    - Nogué, J., Puigbert, L., Bretcha, G. y Losantos, A.: Paisatge i educació, Olot & Barcelona, Observatori del Paisatge, 2011.
    - Maderuelo, J. y Rivera, J.: Arquitectura: paisaje y patrimonio, Madrid, Universidad de Alcalá, 2011.
    - http://proxectoterra.coag.es/

    Competencias
    4.1- Básicas:

    Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

    4.2.- Específicas.

    Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
    Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primigenios.

    4.3.- Da materia.

    Os estudantes serán capaces de valorar e aproveitar o potencial educativo da paisaxe no seu contexto histórico e cultural.
    Os estudantes serán capaces de valorar e aproveitar o potencial educativo das construcións rurais tradicionais.

    Metodoloxía da ensinanza
    Durante as clases teóricas:
    - iniciarase ao alumno no estudo da historia da paisaxe, prestando especial importancia aos «tipos» de paisaxe que o uso da terra e a tradición cultural han definido como propios de Galicia. Dotarase ao alumnado da información suficiente para ampliar os seus coñecementos sobre esta materia pola súa conta.
    - iniciarase ao alumno na materia, formando ao alumno na procura e análise de información sobre arquitectura rural tradicional específica e útil para o seu obxectivo.

    Durante a práctica:
    - visitaranse varios enclaves paisaxísticos que se consideran exemplo a protexer (Camiño de Santiago antes de Sarria), exemplo da sobreexplotación do valor paisaxístico (Praia de Augas Santas) e exemplo da polémica entre o xuízo local e o xuízo experto (Dunas de Ortigueira). O alumno, mediante traballos en clase, deberá elaborar propostas para: fomentar a protección do bo, mellorar a comunicación entre os grupos locais e os grupos expertos e acabar coas malas intervencións.
    - buscarase información e valorarase a construción obxecto da visita de campo. Durante a visita, o grupo analizará in situ un edificio tradicional e o seu potencial educativo, o que servirá de base fundamental para o seu traballo individual final. O alumno terá que pór en práctica os coñecementos adquiridos para seleccionar unha construción en concreto e elaborar unha visita guiada á mesma. Cada alumno exporá o seu traballo en clase, sinalando as actividades educativas que se poderían desenvolver alí e justificando o interese das mesmas.

    Todas as actividades anteriores (sesións expositivas, interactivas e titorías) estarán apoiadas polo entorno virtual (aula virtual da materia) que facilitará e permitirá a continuidade en todo o proceso de aprendizaxe (guía, materiais, comunicacións, entrega de traballos, foros de debate, espazos de colaboración, etc.).
    Sistema de evaluación
    O traballo individual final servirá de base, xunto coa valoración da asistencia e participación nas actividades presenciais, para a avaliación da adquisición de competencias.
    En orde a unha clarificación das puntuacións que se poden obter:
    1.- Asistencia e participación activa en clases e actividades 20%
    2.- Exercicio práctico (recompilación e análise de información) 30%.
    3.- Exercicio escrito final (deseño dunha visita guiada) 50%.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL
    Clase presencial en grupo completo 8 horas
    Clases prácticas 8 horas
    Titorías 2 horas
    Realización de exercicios escritos ou exames 2 horas
    Visita guiada as instalacións ao aire libre 7 horas
    TOTAL horas de traballo presencial 27 horas

    TRABALLO PERSONAL
    Estudio autónomo individual o en grupo 20 horas
    Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia 18 horas
    Visitas a lugares de interés xeográfico e deseño dunha visita guiada 10 horas
    TOTAL horas de traballo personal do alumnado 48 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para obter éxito nesta materia, é recomendable contar con capacidade para buscar e analizar información escrita, pois é unha das claves para chegar a comprender o valor que pode ter unha determinada paisaxe ou construción. Non menos importante é a capacidade que convén ter para traballar no campo: os mellores resultados obteranse despois dunha análise pormenorizada da información escrita e a inspección detallada in situ do medio natural. O éxito está asegurado se á capacidade de traballo úneselle a capacidade de gozar e querer facer gozar aos demais coa natureza.
    Observacións
    Necesítanse coñecementos básicos de lectura e interpretación de mapas e planos, así como de fotografía a nivel de usuario.