Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

P3281110 - Equipamentos e organización de actividades (Dirección de Grupos e Xestión de Recursos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación, Didáctica da Expresión Corporal
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
NAVARRO PATON, RUBEN.NON
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Nesta materia preténdese que os alumnos e alumnas acaden un coñecemento teórico e práctico sobre os equipamentos ao aire libre e de educación ambiental, e adquiran habilidades para a organización de actividades educativas en contornas naturais. Todos os estudantes aprenderán a coñecer os distintos tipos de equipamentos e a ter iniciativa no seu desenvolvemento e actividade, coñecendo e deseñando equipamentos concretos e organizando actividades en torno as súas finalidades educativas.

    Os obxectivos de formación que se perseguen nesta materia son:

    - Saber distinguir e valorar diferentes tipos de equipamentos e instalación con carácter educativo en contornas naturais.
    - Saber avaliar distintos tipos de equipamentos e instalacións, coñecendo os seus usos e tipoloxías.
    - Saber deseñar equipamentos desde unha fundamentación pedagóxica.
    - Saber organizar actividades nos distintos equipamentos.
    - Saber aplicar todo o conxunto de habilidades aprendidas a proxectos concretos.

    Contidos
    1.- Os equipamentos educativos na natureza. Equipamentos naturais. Equipamentos estables e equipamentos estacionais. Equipamentos efémeros. Os equipamentos ambientais. Os equipamentos deportivos e de saúde. Os equipamentos escolares. Outros equipamentos e estudo de casos.

    2.- Teoría da organización e deseño de actividades. Práctica de actividades organizadas na natureza: a diferenciación dos grupos e os contextos de formación. Recursos e fontes de información. Prácticas recomendables. A seguridade nas actividades ao aire libre. A avaliación de actividades.

    Bibliografía básica e complementaria
    Blanca Giménez, Vicente (2011). Instalaciones y equipamientos en espacios naturales. Valencia: Editorial de la Universidad Politécnica. (CD)
    Blázquez Llamas, María Ángeles (2008). Equipamientos de educación ambiental: situación actual y propuesta reguladora. Madrid: Organismo Autónomo Parques Nacionales.
    Bouzada Fernández, Xan (2001). Escuela, cultura y territorio: lógicas sociales de la implantación y producción de los equipamientos educativos y socioculturales. Madrid: Universidad Complutense. (CD)
    Coordinadora Infantil y Juvenil de Tiempo Libre de Vallecas (2011). Campamentos de verano: diseño y organización. Madrid: Editorial Popular.
    Gortázar, Luis (1997). Guía canaria de equipamientos en la naturaleza. Las Palmas de Gran Canaria: Viceconsejería de Medio Ambiente.
    Gutierrez Pérez, José (1995). Evaluación de la calidad educativa de los equipamientos ambientales. Madrid: Ministerio de Obras Públicas, Transportes y Medio Ambiente.
    Hidalgo Tuñón, Alberto (1999). La teoría de la organización ante el fenómeno de las asociaciones juveniles. Oviedo: Panquea.
    Hodge, B.J. (2003). Teoría de la organización: un enfoque estratégico. Madrid: Pearson Prentice Hall.
    Ortega Roig, Juanjo (2006). Evaluación del papel que cumplen los equipamientos de uso público en los espacios naturales protegidos. Madrid: Fundación Fernando González Bernáldez.
    Pascual, José Antonio (2007). La gestión del uso público en espacios naturales. Madrid: Miraguana.
    Serantes, Araceli (2010). Proxecto Fénix. Equipamentos de educación ambiental en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia-CEIDA.
    Ventosa Pérez, Víctor Juan (2001). Desarrollo y evaluación de proyectos socioculturales. Madrid: CCS.
    Ventosa Pérez, Víctor Juan (2011). Ámbitos, equipamientos y recursos de intervención socioeducativa. Madrid: CCS.

    Competencias
    Competencias básicas
    - Que sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexión sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

    Competencias específicas:
    - Que sexan capaces de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornos naturais; en concreto saberán deseñar unha actividade educativa orixinal sobre un contorno natural previamente elixido.
    - Que sexan capaces de coordinar e dirixir organizacións relacionadas coa educación en contornos naturais.
    - Que as e os estudantes sexan capaces de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.

    Competencias da materia:
    - Que saiban deseñar instalacións e equipamentos educativos no medio natural.
    - Que sexan capaces de organizar, desenvolver e avaliar actividades no medio natural.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas sesións presenciais se traballará sobre unha síntese actualizada de coñecementos sobre os equipamentos e instalacións educativas e organización de actividades en contornas naturais, (9 horas), realización de prácticas en distintos ámbitos da materia (6 horas) e visitas a equipamentos para o seu estudo e avaliación (6 horas).

    De maneira non presencial, os estudantes terán que facer un conxunto de lecturas obrigatorias de textos que facilitarán os profesores para comentar na aula (8 horas), lectura de artigos científicos (20 horas de busca e lectura) e visionado de documentos audiovisuais sobre equipamentos e organización de actividades ao aire libre (3 horas).

    Cada grupo fará unha avaliación dun equipamento, e das actividades e recursos cos que conta (8 horas), complementada coa asistencia a outras actividades externas recomendadas, (8 horas). Cada alumna ou alumno terá que entregar un traballo individual analizando unha cuestión concreta que será indicada polo profesor (5 horas) que permitirá comprobar a adquisición das competencias.

    O alumnado será atendido en grupos reducidos en titoría para orientar os seus traballos (2 horas).

    Sistema de evaluación
    A avaliación é continua e escalar. As competencias serán avaliadas mediante exercicios escritos e prácticos. Toda a actividade é avaliada: asistencia e participación nas clases, resolución de cuestións expostas nas clases prácticas, conclusións das lecturas, exercicios de observación na excursión mediante procedementos establecidos previamente, comentarios derivados das lecturas e as películas visionadas, e exercicio escrito individual, no que os estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas.

    En orde a unha clarificación das puntuacións que se pode obter:
    1.- Asistencia e participación activa en clases e actividades 15%
    2.- Traballo en equipo 20%.
    3.- Exercicios prácticos 25%.
    4.- Exercicio escrito individual 40%.

    Estes estudos teñen carácter presencial. A asistencia regular ás clases teóricas e prácticas e a participación activa dos alumnos nas mesmas é un elemento valioso para a cualificación. En todo caso é de aplicación a normativa sobre a asistencia as clases da USC do 25 de marzo de 2010 para as titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior que especifica que a asistencia a un mínimo do 80% das clases é obrigatoria. Os alumnos que obteñan a dispensa a asistencia ás clases teóricas teñen a obriga de entregar todos os traballos no prazo establecido. Os traballos copiados ou plaxiados, suporán o suspenso automático.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais
    Clase presencial en grupo completo: 9
    Clases prácticas: 12
    Titorías: 2
    Realización de exercicios escritos: 5
    Outras actividades: 2
    Total horas presenciais: 30

    Horas non presenciais
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 16
    Lecturas de textos e artigos recomendados: 26
    Visionado de películas. 3
    Total de horas non presenciais: 45

    Recomendacións para o estudo da materia
    É conveniente que o alumnos adquira o costume de visitar equipamentos e instalacións que teñan relación coa súa formación, así como apuntar nun caderno todas as observacións que lle suxiran os espazos susceptibles de desenvolver actividades educativas na natureza.
    Ademais dun bo equipo de excursionista, cada estudante debe recoller imaxes de instalacións, equipamentos e contornas de especial interese para a realización de actividades educativas, e exercitarse na súa análise.

    Observacións
    A materia ten un desenvolvemento na USC virtual e información adicional na páxina do máster http://www.masterdaen.es/inicio.html