Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

P3281112 - Bases e recursos para o desenvolvemento da Educación Ambiental (Actividades Educativas na Natureza) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo básico e que vos alumnos/as póidan adquirir un marco referencial básico teórico-práctico da educación ambiental e especialmente do paradigma de sustentabilidade; que permita coñecer a realidade e dificultades acerca da integración da educación ambiental nos nosos sistemas sociais e educativos, e capacite para promover estratexias cara a devandita integración.
    Contidos
    1.- A Educación Ambiental: cuestións previas
    1.1.- Orixen da educación ambiental
    1.2.- Distintas presentacións da educación ambiental: conceptualización.
    1.3.- Aspectos metodolóxicos básicos da educación ambiental.

    2.- A Educación Ambiental hoxe: revisión de aspectos concretos
    2.1.- O Desenvolvemento Sostible: conceptualización e principios derivados
    2.2.- A educación ambiental para o Desenvolvemento Sostible.
    2.3.- A ambientalización dos centros escolares. Posibilidades didácticas.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    BENAYAS, J. y otros; 2003. La Investigación en educación ambiental en España. Ed. Ministerio de Medio Ambiente
    GIOLITTO,P.; 1984. Pedagogía del Medio Ambiente . Ed. Herder, Barcelona.
    GIORDAN,A.; SOUCHON,Ch.;1995. La Educación Ambiental. Guía Práctica. Ed. Díada, Sevilla.
    GUTIERREZ,J. y otros (Edts.); 1997. Líneas de investigación en Educación Ambiental. Proyecto Sur, Granada.
    LÓPEZ, R.; 2002. La integración de la educación ambiental en el diseño curricular. Un estudio longitudinal en educación Primaria (Tesis Doctoral). Ed. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago.
    LÓPEZ, R.; 2003. Educación Ambiental y su Didáctica. Ed. Servicio de Publicaciones de la Excma. Diputación Provincial de Lugo, Lugo.
    LÓPEZ,R. Y JIMÉNEZ,Mª.P.; 2002. “Evolución de la educación ambiental en Galicia”. Innovación educativa; nº 12, pp. 47-87.
    LÓPEZ, R.; 2003. “Panorámica de la evolución de la educación ambiental en España”. Revista de Educación; nº 331, mayo-agosto 2003, pp. 241-264
    LÓPEZ, R.; GARCÍA, J.A.; 2008. A Axenda 21 Escolar Galega. Ed. Consellería de Medio Ambente da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
    LÓPEZ, R.; TABOADA,J; LÓPEZ, N; 2008. Impacto ambiental en centros da USC. Ed. Consellería de Medio Ambente da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
    MARTÍN PALMERO, F. (edt.) y otros; 2004. Desarrollo Sostenible y huella ecológica. Ed. Netbiblo, A Coruña.
    MEIRA, P.; 1998. Educación Ambiental. Fontes e recursos documentais. Concello de Oleiros, Coruña
    NOVO,Mª (coordra.); 1999. Los desafíos ambientales. Reflexiones y propuestas para un futuro sostenible. Ed. Universitas, Madrid.
    MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE; 1999. Libro Blanco de la Educación Ambiental en España. Madrid.
    UNESCO-PNUMA.- Colección: Programa Internacional de Ed. Ambiental. Ed. Catarata, Bilbao.
    XUNTA DE GALICIA; 2000. Estratexia Galega de Educación Ambiental. Ed. Xunta Galicia. Santiago de C.

    Competencias
    Teranse en conta fundamentalmente as seguintes competencias básicas e específicas do Master

    1.-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
    5.- Que os estudantes sexan capaces de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornas naturais, en concreto deseñar unha actividade educativa orixinal sobre unha contorna natural previamente elixida
    7.- Que os estudantes sexan capaces de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
    9.- Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía de ensino- aprendizaxe oriéntase a promover nos estudantes unha progresiva adquisición de coñecementos relacionados coa educación ambiental, así como de competencias útiles para o ensino da mesma e a iniciación a traballos neste campo. Combinará a presentación dos principais puntos polo profesor co traballo individual e colectivo dos estudantes, procura, lectura e síntese de información, debates e análise crítica de investigacións, exercicios prácticos, e o desenvolvemento e a presentación dun traballo en relación con algunha das cuestións tratadas.
    Sistema de evaluación
    - Asistencia e participación activa nas actividades presenciais. Para ter avaliación positiva, os estudantes deberán de asistir polo menos ao 80% do traballo presencial previsto. Este apartado terá unha contribución máxima á nota final de ata un 50% da mesma. Poderá requirirse a realización dun exercicio escrito final, no que os estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas
    - Realización de traballos prácticos propostos nas actividades presenciais, e especialmente realización e presentación dun traballo sobre un problema ambiental a escoller polo alumnado, sobre o que se aplique unha metodoloxía de resolución de problemas. Este apartado terá unha contribución máxima na nota final de ata un 50% da mesma.

    - Ambos os apartados deberán superarse independentemente para obter a nota media

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO: 24 horas
    Docencia presencial expositiva en grupo completo: 9
    Docencia Interactiva en grupo: 12 horas
    Tutoría: 3 horas

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (non presencial): 51 horas
    - Escritura de exercicios, conclusións ou traballos da materia (individual ou grupo): 5 horas
    - Actividades en biblioteca, ou procuras bibliográficas: 8 horas
    - Lecturas recomendadas: 7 horas
    - Asistencia a actividades recomendadas (charlas, etc.): 3 horas
    - Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 3 horas
    - Estudo autónomo (individual ou en grupo): 25 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades e tarefas propostas no aula.
    Recoméndase asistir en horario de tutorías para as orientacións que se precisen relacionadas cos traballos prácticos así como o que concierne ao estudo da materia.