Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

P3281203 - Recursos para actividades motrices para persoas con diversidade funcional (Actividades Educativas na Natureza) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GARRIDO FILGUEIRA, UXIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Comprender e coñecer os dereitos das persoas con diversidade funcional ao acceso aos espazos naturais para o seu uso, goce, coñecemento e posta en valor.
    Coñecer os criterios que deben cumprir as instalacións nos espazos naturais para ser accesibles.
    Analizar e recoñecer as características dos equipamentos de Educación Ambiental accesibles.
    Coñecer criterios para a adaptación e accesibilidade nas actividades motrices na natureza.
    Analizar e tomar postura ante os límites da accesibilidade nos contornos naturais.
    Tomar conciencia dos valores e percepcións persoais sobre as persoas con diversidade funcional.
    Conceptualizar termos específicos da materia: diversidade funcional, accesibilidade, adaptación, etc.

    Contidos
    Persoas con diversidade funcional: concepto, características, dereitos e necesidades.
    As actitudes ante a diversidade funcional. Análise propio.
    Criterios dos equipamentos en espazos naturais (instalacións, servizos e programas) considerados inclusivos. A accesibilidade.
    Actividades motrices en espazos naturais para as persoas con diversidade funcional: características básicas.
    Análise de espazos naturais, recursos e itinerarios para a mellora da accesibilidade: na procura de equipamentos inclusivos.
    Estudo de boas prácticas nos equipamentos e s actividades na natureza dende a perspectiva da diversidade funcional: granxas – escola, aulas de educación ambiental, vías verdes, etc.

    Bibliografía básica e complementaria
    ARRÁEZ MARTINEZ, J.M. (1996): Motricidad, autoconcepto e integración de niños ciegos. Málaga, Aljibe.

    CAMPAGNOLE, S.H. (1998): La silla de ruedas y la educación física. Barcelona, Paidotribo.

    COMITÉ OLÍMPICO ESPAÑOL (1994): Deportes para minusválidos físicos, psíquicos y sensoriales. Madrid.

    CUENCA CABEZA, M. (1999): “Ocio y Formación. Hacia la equiparación de oportunidades mediante la Educación de Ocio”, en Documentos de Estudios de Ocio, nº 7 Bilbao, Universidad de Deusto.

    FEBRER DE LOS RÍOS; SOLER VILA (1990): Cuerpo, dinamismo y vejez. Barcelona, INDE.
    GARCIA MINGO, J.A. (1992): Actividades físicas y deporte para minusválidos. Madrid, Campomanes Libros, S.L.

    GARCÍA MINGO, J. A. (1992): Actividades físicas y deporte para minusválidos. Madrid, Campomanes Libros, S.L.

    MIÑANA ESTRUCH, J.J.; VALLÉS ARÁNDIGA, A. (1995): “Ecología litoral: una experiencia de Educación Ambiental en niños ciegos”, en Integración nº 18.

    MUTUA DE ACCIDENTES DE TRABAJO Y ENFERMEDADES PROFESIONALES DE LA SEGURIDAD SOCIAL (2004): Guía del Camino de Santiago para personas con discapacidad.

    RIOS HERNÁNDEZ, Mercedes; BLANCO RODRIGUEZ, Antonio; BONANY JANÉ, Tate; CAROL GRES, Neus (1998): El juego y los alumnos con discapacidad. Barcelona, Paidotribo.

    SETIEN SANTAMARÍA, Mª L. (coord.) (2000): “Ocio, calidad de vida y discapacidad”. Actas de las Cuartas Jornadas de la Cátedra de Ocio y Minusvalías. Bilbao, Universidad de Deusto.

    VILLAVILLA ASENJO, H. (2001): Deporte y naturaleza. El impacto de las actividades deportivas y de ocio en el medio natural. Madrid, Talasa.



    Competencias
    -Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

    Específicas
    -Que o estudantado sexa capaz de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
    -Que as e os estudantes adquiran habilidades para a toma de decisións e a resolución de conflitos e imprevistos que se poidan presentar na organización e desenvolvemento das actividades.
    -Que as e os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primixenios.

    Da materia
    - O alumnado aprenderá a recoñecer e a modificar as súas propias actitudes cara a inclusión das persoas con diversidade funcional nos ámbitos de ocio.
    - O alumnado saberá recoñecer as zonas de uso público dos espazos naturais (instalacións, servizos, programas e actividades) que polas súas características (físicas, de comunicación e sociais) se consideran inclusivas.
    - O estudantado será capaz de elaborar propostas de transformación e mellora de infraestruturas e equipamentos de educación ambiental, patrimonial e de ocio, de cara a conseguir que poidan ser empregadas e disfrutadas polas persoas con diversidade funcional.

    Metodoloxía da ensinanza
    Referido ao traballo presencial do alumnado:
    -Durante as sesións expositivas, se ofrecerá ao alumnado unha síntese actualizada sobre as características das zonas de uso público dos espazos naturais (instalacións, servizos, programas e actividades) que se consideran inclusivas ou accesibles para persoas con diversidade funcional.
    -Nas sesións interactivas, se organizarán actividades prácticas en grupo para o recoñecemento das actitudes persoais cara a inclusión das persoas con diversidade funcional nos ámbitos de ocio, e se proporá o estudio de casos referidos aos contidos da materia. Terá lugar unha visita a un equipamento de educación ambiental ou patrimonial accesible e/ou a un entorno natural para a práctica de actividades na natureza, neles o alumnado constatará e analizará os contidos expostos nas sesións sobre accesibilidade e participación.

    En canto ao trabalo non presencial do alumnado:
    -Haberá lecturas recomendadas, obrigatorias nalgúns casos: artigos científicos ou textos seleccionados.
    -En pequeno grupo, o alumnado realizará un traballo de diagnóstico sobre a instalación ou espazo natural visitado nas actividades interactivas.

    -Se indicará, se é o caso, a asistencia como oíntes a conferencias sobre os contidos da materia.
    -A partir do traballado nas sesións prácticas e nalgunhas das actividades non presenciais, o alumnado redactará, en grupo ou individualmente, segundo se indique, as súas reflexións, conclusións e aprendizaxes.

    O alumnado será atendido nas sesións de titoría para orientar o seu traballo.


    Sistema de evaluación
    Considérase adecuado que tanto o desenvolvemento como a avaliación da materia supoñan unha sucesión de aprendizaxes. Polo tanto, a proposta é que la avaliación comprenda o proceso e o resultado, asumindo que ambos deben contribuír á adquisición de coñecementos e á reflexión permanente.
    Todas as actividades serán avaliadas: a asistencia e a participación nas sesións presenciais e interactivas, a visita a equipamentos coas propostas de análise pertinentes, as sesións de sensibilización coas reflexións persoais e de grupo, os estudos de casos cos resultados expostos na sesión interactiva, os comentarios e conclusións dos materiais manexados, os exercicios de traballo non presencial e a proposta final, levada a cabo en pequenos grupos e presentada por escrito. Tamén a elaboración do documento final ou portafolios, onde se incluirán todos os traballos levados a cabo por cada estudante. Finalmente terá lugar unha proba obxectiva ou un traballo final que será proposto oportunamente pola docente.

    A asistencia ás sesións presenciais e interactivas son obrigatorias e imprescindibles para superar a materia.


    Valoración detallada:
    Proba obxectiva ou traballo final: 30%.
    Portafolios ou documento final: 45 %
    Asistencia e participación: 25 %

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clase presencial en grupo completo, 6 horas
    Clases prácticas ou interactivas, 12 horas
    Titorías, 2 horas
    Realización de exercicios escritos ou exames, 2 horas
    Outras tarefas coa docente da materia, como visitas a equipamentos de educación ambiental ou espazos naturais accesibles, 5 horas
    TOTAL horas de traballo presencial: 27 horas


    -Estudo autónomo individual ou en grupo, 11 horas.
    -Elaboración das conclusións obtidas a partir das sesións prácticas, redacción dos resultados do estudo de casos, elaboración dos datos recollidos nas visitas a equipamentos e/ou espazos, redacción dos contidos recompilados nas conferencias, 9 horas.
    -Lecturas recomendadas e procuras bibliográficas, 10 horas.
    -Asistencia a actividades recomendadas: visitas a espazos naturais ou patrimoniais accesibles, asistencia como oínte a conferencias, etc. 4 horas.
    -Outras tarefas propostas pola profesora da materia: análise do funcionamento dun equipamento de educación ambiental accesible, análise de actividades adaptadas e/ou en espazos accesibles para persoas con diversidade funcional, etc. 14 horas.
    TOTAL horas de traballo persoal do alumnado: 48 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase ao alumnado a asistencia ás sesións teóricas, xa que nelas se explícan con detalle os contidos, se insta á reflexión e a participación do alumnado, o que obriga á xente a pensar sobre o que sabe e a relacionalo co que aprende.

    Recoméndaselle ao alumnado a participación activa nas sesións interactivas ou prácticas para analizar dun xeito vivencial as propostas teóricas presentadas, facendo significativas as aprendizaxes expositivas.

    Outras recomendacións que van ser tidas en conta na avaliación do alumnado:

    - Entrega da ficha persoal á docente durante os primeiros días de curso.
    - Asistencia continuada ás sesións prácticas e expositivas, e participación activa nelas.
    - Realización dos traballos e actividades programadas.

    -Nos traballos e documentos que o alumnado presente, seguiranse as seguintes normas:
    • Todos os traballos da materia se escribirán en galego e, previamente á entrega, se pasará o corrector pertinente. Con isto se busca mellorar a competencia comunicativa escrita nesta lingua.
    • Se empregará unha linguaxe non sexista que consistirá na utilización de xenéricos reais ou no nomeamento explícito dos dous xéneros lingüísticos. Visibilizando a presenza das mulleres sempre que esa sexa a realidade presentada nos textos ou na fala.
    • Non se empregará ningún tipo de plastificado. Reducindo o petróleo necesario para a elaboración do citado material.
    • Sempre que sexa posible se imprimarán as follas polas dúas caras. Reducindo o uso de papel.
    • Se limitará o uso das “negriñas” e maiúsculas. Reducindo o gasto de tinta ou tóner.