Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

P3281204 - Recursos para actividades de Ciencias da Vida e a Terra con escolares (Actividades Educativas na Natureza) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo básico é que os estudantes sexan capaces de analizar calquer contorno natural identificando, recoñecendo e/ou clasificando os seus elementos naturais para poder deseñar propostas de actividades educativas na natureza e ao aire libre, utilizando e valorando os recursos naturais que o medio proporciona.

    Este obxectivo pode desglosarse en:
    - Formular obxectivos relativos aos distintos tipos de contidos, susceptibles de ser avaliados.
    - Aplicar diferentes criterios para a selección e secuenciación de contidos referidos ao medio natural.
    - Seleccionar e utilizar diferentes fenómenos ou elementos do contorno natural como recurso e como motivación para o traballo con escolares.
    - Analizar materiais curriculares, textos e proxectos de Ciencias da Vida e da Terra e realizar propostas de modificación e mellora para a súa implementación
    - Deseñar actividades de aprendizaxe que se poidan desenvolver na natureza e ao aire libre.

    Contidos
    1. Recursos e actividades na Natureza.
    1.1. Prácticas de campo
    1.2. Observación, clasificación, colección e estudo dalgúns obxectos naturais
    2. A preparación e programación na aula.
    2.1. Estudo de casos de organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre
    2.2. Elaboración de Propostas didácticas referidas a contornos diferentes.

    Bibliografía básica e complementaria
    - Burnie, D. (1989). A árbore. Biblioteca Visual Altea. Madrid: Altea.
    - Caamaño, A. (coord) (2010). Didáctica de la Biología y la Geología. Barcelona: Graó
    - Claxton G. (1994) Educar mentes curiosas. El reto de la Ciencia en la Escuela. Visor, Madrid.
    - Delibes de Castro, M. (2001) Vida: la Naturaleza en peligro. Temas de Hoy, Madrid.
    - Harlen W. (1989) Enseñanza y Aprendizaje de las Ciencias. Morata /MEC, Madrid.
    - Jiménez Aleixandre M.P., Caamaño, A. Oñorbe, A., Pedrinaci, E. e de Pro, A. (2003) Enseñar Ciencias. Barcelona: Graó
    - Osborne R. e Freyberg P. (1991) El aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de la Ciencia de los alumnos. Madrid, Narcea.
    - Parker, S. (1989). O río e a lagoa. Biblioteca Visual Altea. Madrid: Altea.
    - Pedrinaci, E. (2001) Los procesos geológicos internos. Madrid: Síntesis
    - Perales J. e Cañal P. (2000) Didáctica de las Ciencias Experimentales. Marfil, Alcoy.
    - Pujol, R. M. (2003) Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria. Madrid: Síntesis
    - Sanmartí, N. (2002) Didáctica de las Ciencias en la Educación Secundaria Obligatoria. Madrid: Síntesis.
    - Sanmartí, N.(2002) Didáctica de las Ciencias en la Educación Secundaria Obligatoria. Madrid: Síntesis

    Competencias
    Teranse en conta fundamentalmente as seguintes competencias básicas e específicas do Máster:
    4.- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida auto dirixido ou autónomo.
    5.- Que os estudantes sexan capaces de deseñar programas para la realización de actividades educativas en contornos naturais, en concreto saberá deseñar una actividade educativa orixinal sobre un contorno natural previamente elixido.
    7.- Que os estudantes sexan capaces de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
    8.- Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte da profesora, tendo en conta as Ideas dos alumnos sobre como ensinar ciencias utilizando os recursos naturais. Todas as clases teóricas terán actividades de aula nas que será preciso traballar en pequenos grupos e realizar posteriores debates.
    As clases interactivas procurarán unha meirande implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos, de textos e artigos, saídas ao medio e experiencias co contorno.
    Realizaranse traballos prácticos de campo así como traballos prácticos de recoñecemento e identificación do material recollido.
    De xeito non presencial, o alumno realizará dous traballos prácticos que ten que entregar obrigatoriamente:
    a) Proposta didáctica coa utilización de Recursos Naturais
    b) Herbario sobre unha das zonas visitadas .
    O primeiro deles será exposto e procederase a un debate no que se fomentarán así interaccións alumno-alumno e alumno-profesora.
    Todas as tarefas do alumno serán orientadas pola profesora tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
    Ao ser una metodoloxía práctica é indispensable a asistencia a clase.

    Sistema de evaluación
    a. Asistencia e participación activa nas actividades presenciais. Para ter avaliación positiva, os estudantes deberán asistir polo menos ao 80% do traballo presencial previsto. A aportación deste apartado á nota final será do 20%

    b. Realización e presentación de dous traballos prácticos obrigatorios (herbario e proposta didáctica). A aportación deste apartado á nota final será do 40%

    c. Realización dun exercicio escrito final, no que os estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas. A aportación deste apartado á nota final será do 40%

    Todas as partes deberán superarse independentemente para obter a nota media.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO: 24 horas
    Docencia expositiva en grupo completo: 9 horas
    Docencia Interactiva en grupo: 12 horas
    Titoría: 3 horas

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (non presencial): 51 horas
    - Estudo autónomo individual ou en grupo: 25 horas
    - Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia: 10 horas
    - Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas ou buscas bibliográficas: 8 horas
    - Asistencia a actividades recomendadas (charlas, presentacións de traballos, etc.): 3 horas
    - Preparación de debates, presentacións orais ou similares: 5 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades e tarefas propostas na aula, no laboratorio e nas saídas de campo.
    Así mesmo recoméndase tamén a participación nas titorías co fin de recibir as orientacións que se precisen relacionadas cos traballos prácticos así como no que atinxe ao estudo da materia.