Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151476 - Alemán: comprensión e expresión escrita (Optativo Mención en Lingua Estranxeira: Alemán) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DALIPI ., MERLINDA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Alemán


  • Obxectivos da materia
    Recoméndase posuír un nivel inicial de competencia comunicativa equivalente ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia. Recoméndase tamén ter aprobada a materia obrigatoria 'ENSINO Y APRENDIZAXE DE COMPETENCIAS COMUNICATIVAS'.

    1. Aproximación e resolución dos problemas básicos da comprensión e expresión escrita
    2. Familiarización cos diferentes tipos de texto.
    3. Aproximación aos principais recursos documentais e dixitais, ferramentas informáticas necesarias.
    Contidos
    Práctica das destrezas de comprensión e expresión escrita.
    Ensino das destrezas de comprensión e expresión escrita.

    Utilizaranse distintos tipos de texto, incluíndo extractos de textos literarios e xornalísticos da actualidade e textos específicos ou técnicos.
    Bibliografía básica e complementaria
    Ao principio do cuadrimestre repartirase unha bibliografía de ferramentas convencionais e dixitais máis detallada.

    Gramáticas e exercicios:

    Castell, Andreu (1997): Gramática de la lengua alemana. Madrid, Editorial Idiomas.

    Castell, Andreu/Braucek, Brigitte (2000): Ejercicios. Gramática de la lengua alemana. Madrid, Editorial Idiomas.

    Fandrych, Christian / Tallowitz, Ulrike: Klipp und Klar. Übungsgrammatik Grundstufe Deutsch. Stuttgart, Klett Edition Deutsch.

    Reimann, Monika, Grundstufen-Grammatik für Deutsch als Fremdsprache. München, Hueber.

    Dicionarios monolingües:

    Ammon, Ulrich/Bickel, Hans/Ebner, Jakob et al.: Variantenwörterbuch des Deutschen.
    Die deutsche Standardsprache in Österreich, der Schweiz und Deutschland sowie in Liechtenstein, Luxemburg, Ostbelgien und Südtirol. Berlin u.a.: de Gruyter, 2004.

    Langenscheidts Großwörterbuch Deutsch als Fremdsprache. München: Langenscheidt, 1993

    Deutsches Universalwörterbuch. Mannheim: DUDENVERLAG, 1989

    Dicionarios bilingües:

    PONS Grosswörterbuch für Experten und Universität. Spanisch-Deutsch, Deutsch-Spanisch. Stuttgart: Ernst Klett Verlag, 2001

    Deutsch-Spanisch/Spanisch-Deutsch Komplettband Wörterbuch. München: Langenscheidt, 1987.

    Slaby, R.;Grossmann, R. Diccionario de las lenguas española y alemana. Tomo I Español-Alemán /Tomo II Alemán-Español. Barcelona: Herder, 1986.

    Competencias
    Desenvolver destrezas básicas de comprensión e expresión escrita.
    Fixarse nos diferentes tipos de texto.
    Coñecer os principais recursos documentais e dixitais, ferramentas informáticas necesarias.
    Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües.
    Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
    Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia será dividida en sesións expositivas en gran grupo, actividades en grupo mediano e titorías.
    As sesións expositivas en gran grupo orientaranse á presentación de novos contidos por parte do profesor, e irán seguidas de práctica controlada e debate por parte dos alumnos. A lectura de documentos e consulta doutras fontes de información xunto co debate, tanto en grupo grande como mediano, contribuirán ao desenvolvemento das competencias relacionadas coa lectura e o comentario crítico de textos.
    As actividades en grupo mediano e pequeno fomentarán o desenvolvemento das competencias referidas á aplicación nas aulas de tecnoloxías de información e comunicación que contribúan á aprendizaxe das destrezas de comprensión e expresión escrita en lingua estranxeira.
    Utilizarase preferentemente a lingua estranxeira na realización dos distintos tipos de actividades tanto en gran grupo coma en grupo pequeno e en titorías en grupo reducido ou individualizadas. Con isto preténdese desenvolver a competencia específica 'Expresarse por escrito nunha lingua estranxeira' así como a competencia transversal referida ao dominio dunha lingua estranxeira.
    As titorías formularanse como sesións de orientación encamiñadas á resolución de problemas e á supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo.
    Sistema de evaluación
    Participación na aula: 15%
    Probas específicas: 40%
    Informes escritos e outras producións: 30%
    Presentacións orais: 15%

    A avaliación da participación activa e regular basearase no control da asistencia e nas anotacións do profesor/a.

    Para o exame de xullo rexen as mesmas condicións.

    Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia a clases a avaliación baséase nun exame final: 100% da nota final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    3 horas semanais presenciais.
    Como mínimo 6 horas semanais de traballo individual.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Participar con regularidade e de xeito activo nas clases presenciais. Recoméndase a asistencia puntual a clase, a entrega en prazo das tarefas encomendadas.
    Aproveitar as titorías para aclarar dúbidas individuais.
    Buscar o contacto directo coa lingua alemá a través da lectura e dos medios de comunicación (prensa, televisión, cine, internet, etc.).