G3151481 - Detección e avaliación dos problemas da linguaxe na infancia (Optativo Mención en Audición e Linguaxe) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| CLE_01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | SI | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCONCEPTUAIS:
1. Coñecer os principais indicadores de risco de problemas da linguaxe, fala e voz na infancia
2. Coñecer as estratexias fundamentais para a avaliación formal e non formal da linguaxe, fala, e voz.
3. Recoñecer as principais probas e tests de avaliación da linguaxe e a fala
4. Recoñecer e comprender as pautas para a avaliación non formal e os diversos aspectos da avaliación
PROCEDEMENTAIS:
1. Poder recoñecer os signos e indicios de posibles trastornos ou problemas da linguaxe e fala durante a etapa infantil, distinguilos e rexistralos dentro da aula.
2. Poder interpretar as diferentes probas de avaliación da linguaxe e fala, tanto as de avaliación formal coma non formal.
3. Desenvolver estratexias e habilidades para a avaliación non formal baseadas no rexistro e a observación.
4. Elaborar perfís do nivel lingüístico en función das probas oportunas
5. Fomentar a capacidade de traballo cooperativo e o desenvolvemento de habilidades sociais en grupo.
6. Favorecer o desenvolvemento de hablidades de comunicación oral e intervención pública.
7. Fomentar o manexo de recursos bibliográficos e documentais e TICS dentro do marco da competencia informacional.
8. Fomentar o uso e manexo de plataformas virtuais como medio didáctico que permite unha maior continuidade na comunicación profesor-alumno, e un mellor seguimento da aprendizaxe.
ACTITUDINAIS.
1. Favorecer valores de tolerancia e respecto á opinión doutros.
2. Fomentar o desenvolvemento de actitudes abertas, flexibles, comunicativas, empáticas, e asertivas, dentro da interacción e o traballo en equipo.
3. Desenvolver o respecto á diversidade individual nos alumnos como individuos e como futuros mestres
ContidosA materia de Detección e avaliación de problemas da linguaxe, fala e voz sitúase dentro da mención de Audición e Linguaxe que se oferta na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela. Para cursar a devandita mención os alumnos deben ter superada a materia vinculada obrigatoria: Dificultades de Aprendizaxe e Trastornos do desenvolvemento, de primeiro curso do Grao de mestre en Educación Primaria.
Loxicamente para poder sentar as bases fundamentais para a materia, os alumnos deben ter nocións básicas e fundamentais sobre a clasificación, taxonomía e sintomatoloxía dos principais problemas de linguaxe, fala e voz, que se lles facilitará noutra das materias ofertadas nesta mención.
Na materia achegaranse aos alumnos os coñecementos esenciais para a detección precoz dos problemas da linguaxe e fala nas aulas, o cal é unha labora esencial dos mestres, así como as bases para a avaliación e valoración dos problemas de linguaxe e fala que poidan presentarse. Indicaránselles as principais estratexias e instrumentos de avaliación que será necesario coñecer e recoñecer, e saber interpretar para poder abordar o labor de apoio e reforzo educativo que os mestres de AO deben desenvolver conxuntamente, e dende unha perspectiva multidimensional, xunto con outros profesionais como orientadores, logopedas, psicólogos, pedagogos, fisioterapeutas, médicos rehabilitadores, etc.
BLOQUE 1: A DETECCIÓN PRECOZ NO AMBITO DAS DIFICULTADES E PROBLEMAS DA LINGUAXE ORAL E ESCRITA
1. Indicadores de risco das dificultades de aprendizaxe en xeral
1.1. Indicadores de risco de dificultades cognitivas, motóricas, sensoriais, socioafectivas
2. Indicadores de risco dos problemas da linguaxe oral e escrita
2.1. Indicadores de risco das dificultades ou problemas da linguaxe oral, fala e voz
2.2. Indicadores de risco das dificultades da linguaxe escrita: psicomotricidade fina e dificultades perceptivo-lingúísticas concretas.
BLOQUE 2: A AVALIACIÓN DA LINGUAXE E A FALA
1. Formulación da avaliación
1.1.Enfoque teórico
1.2. Formulación do proceso de avaliación
2. A avaliación formal e non formal: descrición e definición, aplicación, vantaxes e inconvenientes
3. O fin da avaliación: diagnóstico, o diagnóstico presuntivo versus clínico
BLOQUE 3. O PROCESO DE AVALIACIÓN: FASES, ASPECTOS DE AVALIACIÓN E INSTRUMENTOS
1. A entrevista clínica: anamnese e ficha técnica
2. As probas previas e complementarias.
3. Avaliación da linguaxe oral
3.1. Avaliación formal: As probas estandarizas para a avaliación da linguaxe elicitado
3.1.1. Probas xerais da linguaxe
3.1.2. Probas específicas para avaliación da fonoloxía e fonética
3.1.3. Probas específicas para a valoración do léxico e as relacións semánticas
3.1.4. Probas específicas para a avaliación da morfosintáxis: morfoloxía e sintaxe
3.2. A Avaliación non formal: avaliación da linguaxe espontánea
3.2.1. A recollida dos datos: técnicas e situacións de recollida
3.2.2. Rexistro e análise dos datos
4. A avaliación da linguaxe escrita
4.1. Probas estandarizadas de lectoescritura
4.2. Avaliación non formal da lectoescritura: rexistro e análise
5. A Avaliación do fala e a voz
5.1. Os métodos e instrumentos de exploración do aparato bucofonador
5.2. A avaliación da articulación segundo o punto e modo de articulación
5.2. Avaliación dos parámetros vocais. Ton, timbre, intensidade, fluencia e velocidade
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFIA BASICA
ACOSTA, V. M. (dir.) y otros: La evaluación del lenguaje. Teoría y práctica del proceso de evaluación de la conducta lingüística infantil, Málaga, Aljibe, 1996.
ACOSTA, V. M. y otros: Dificultades del habla infantil: un enfoque clínico. Investigación, teoría y práctica Málaga, Aljibe, 1998.
ALEMAN GOMEZ, N; ARDANAZ, J., ECHEVARRIA,N., y otros. Evaluación de la comunicación y el lenguaje. ECOL. Gobiernos de Navarra. 2006.
BASSEDAS, E. y otros: Evaluación y seguimiento en parvulario y ciclo inicial. Pautas de observación. Madrid:Aprendizaje Visor. 1986.
BELINCHÓN, M. y otros: Psicología del lenguaje. Investigación y teoría, Madrid, Trotta, 1992.
BOADA H.: El desarrollo de la comunicación en el niño, Barcelona, Anthropos, 1992.
BRUNER, J. S.: El habla del niño, Barcelona, Paidos, 1986.
BUELA CASAL,G., y SIERRA,J.C. Manual de Evaluación Psicológica.. Madrid:Siglo XXI. 1997.
BUSTOS, I.: Discriminación fonética y fonológica, Madrid, CEPE, 1990.
FERNANDEZ, P. La evaluación del lenguaje oral en los trastornos específicos de desarrollo del lenguaje. Revista Galego portuguesa de Psicología e Educación, 6 (8), 399-407 , 2002
GARCÍA, J. N.: Evaluación y desarrollo de la intención comunicativa, Valencia, Promolibro, 1992.
GONZÁLEZ, Mª J.: Dificultades fonológicas: Evaluación y tratamiento, Valencia, Promolibro, 1994.
HALLIDAY, M.: Exploraciones sobre las funciones del lenguaje, Barcelona, Médica y Técnica, 1982.
MARTÍNEZ, J. D.: Manual de audición y lenguaje: enfoque multidisciplinar, Cáceres, Universidad de Extremadura, 2001.
MENDOZA LARA, E. La evaluación del lenguaje: orientaciones alternativas. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología, 30 (4), 167-173. 2010
MAYOR, M. A.: "Evaluación del lenguaje oral", en M. A. Verdugo: Evaluación curricular. Una guía para la intervención psicopedagógica, Madrid, Siglo XXI, 1994.
NARBONA, J. y CHEVRIE-MULLER, C.: El lenguaje del niño. Desarrollo normal, evaluación y trastornos,Barcelona, Masson, 1997.
NIETO, M.: Exploración del nivel lingüístico en edad escolar, México, Francisco Méndez Oteo, 1984.
PEÑA-CASANOVA, J.: Manual de logopedia, Barcelona, Masson, 2001.
PERELLO, J.: Evaluación de la voz, lenguaje y audición, Barcelona, Lebón, 1996.
PÉREZ, J.: Método de logoterápia, Bilbao, Universidad del País Vasco, 1984.
PÉREZ, C.: Evaluación del Lenguaje oral en la etapa 0 - 6 años, Madrid, Siglo XX,
1995.
PORTELLANO PEREZ, J.A. Dislexia y Dificultades de Aprendizaje. Madrid:CEPE, 1994.
PUYUELO, M. y RONDAL, J.A.: Manual del desarrollo y alteraciones del lenguaje: aspectos evolutivos y patológicos en el niño y en el adulto, Barcelona, Masson, 2003.
PUYUELO, M. y otros.: Evaluación del Lenguaje, Barcelona, Masson, 2000.
REYZABAL, M. V.: "Evaluación de la comunicación oral" en M. A. Casanova y M. V. Reyzabal: La comunicación oral y su didáctica, Madrid, La Muralla, 1993.
RIVAS TORRES, R.M., y FERNANDEZ, P. Dislexia, Disortografía y Disgrafía.(9ªed.) Madid:Pirámide. 2011
RODRÍGUEZ, M.P. y RODRÍGUEZ, F.: Ayudamos a hablar (Programa de estimulación y prevención de dificultades en el lenguaje oral en Ed. Infantil), Sevilla, Fundación ECOEM, 2007.
SIGUÁN, M. y otros.: En Metodología para el estudio del lenguaje infantil, Vic, Abril, 1990.
SOLANAS, A., PUYUELO, M., RENOM,J. Estimación de curvas de desarrollo de habilidades psicolongüísticas. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología, V,25 (3); 174-188. 1995.
TRIADÓ, C. y FORNS, M.: La evaluación del lenguaje: una aproximación evolutiva, Barcelona, Anthropos,1992.
VILLEGAS, F.: Materiales de logopedia. Evaluación e intervención de las dificultades fonológicas, Madrid,
Pirámide, 2010.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA.
AGUADO, G.: TSA: El desarrollo de la morfosintaxis en el niño, Madrid, CEPE, 1989.
AGUILAR, E. y SERRA, M.: A-RE-HA. Análisis del retraso del habla. Protocolos para el análisis de la fonética y la fonología infantil, Barcelona, Edicions Universitat de Barcelona, 2003.
AGUINAGA, G. y otros: PLON: Prueba de lenguaje oral de Navarra, Pamplona, Departamento de Educación y Cultura, 1989.
AGUINAGA, G. y otros: PLON-R: Prueba de lenguaje oral de Navarra-Revisada, Madrid, TEA 2004.
BAYLEY, N.: Escalas Bayley de desarrollo infantil: Escala de psicomotricidad, mental y del comportamiento del niño, Madrid, TEA, 1977.
BLUMA, S. M. y otros: Guía Portage de educación preescolar, Wisconsin, C.E.S.A., 1978.
BOEHM, A. E.: Test Boehm de conceptos básicos, Madrid, TEA, 1990.
BOSCH, L.: "El desarrollo fonológico infantil: Una prueba para su evaluación", en M. Siguán: Estudios sobre psicología del lenguaje infantil, Madrid, Pirámide, 1984.
BOSCH, L.: Evaluación fonológica del habla infantil, Barcelona, Masson, 2004.
BRONCAL, M. y otros: Evaluación de la discriminación auditiva y fonológica (EDAF), Barcelona, Lebón,1998.
BRUNET, O. y LEZINE, J.: Batería de tests para medir el desarrollo motor y la escala de visión de la primera infancia, Madrid, PSYMTEC, 1997.
CERVERA, M., Y TORO, J.. TALE, Test de análisis de lectoescritura. (6ª edición). Barcelona: Visor. 2008
CUETOS, F., RODRÍGUEZ, B., RUANO, E. Y ARRIBAS, D. PROLEC-R. Batería de Evaluación de los Procesos Lectores (4ª ed.). Madrid: TEA. 2012
CUETOS, F., RAMOS, L., Y RUANO, E. .PROESC. Evaluación de los procesos de escritura (2ª ed.). Madrid: TEA.2004
DUNN, l. M. y otros: Peabody: Test de vocabulario en imágenes (PPVT-III), Madrid, TEA, 2006.
EDWARDS, S. y otros: RDLS: Escalas de desarrollo del lenguaje. REYNELL-III, Windsor,NFER-NELSON, 1997.
FERNÁNDEZ, I. (coord.) y otros: Escala Haizea-Llevant. Tabla de desarrollo, Vitoria, Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco, 1991.
GALVE, J. L. y otros: Concebas: Test de conceptos básicos para la educación infantil y primaria, Madrid, CEPE, 1993.
GARCÍA, E. M. y otros: Examen logopédico de articulación ELA-ALBOR. Manual técnico, Madrid, CEPE,1991.
GOODGLASS, H.: "Test de vocabulario de Boston", en La evaluación de la Afasia y de Trastornos relacionados, Buenos Aires, Ed. Médica Panamericana, 2005.
GOTZENS, A. M. y MARRO, S.: Prueba de valoración de la percepción auditiva, Barcelona, Masson, 1999.
JONHSON-MARTÍN, N. M. y otros.: Currículo Carolina, Madrid, TEA, 1994.
KIRK, S.A. y otros: ITPA Test Illinois de aptitudes psicolingüísticas, Madrid, TEA, 2004.
LÓPEZ, M. J. y otros: Exploración del Lenguaje Comprensivo y Expresivo - ELCE, Madrid, CEPE, 1998.
LÓPEZ, S. y otros: Inventario de Desarrollo Comunicativo MacArthur. Evaluación de los niveles de lenguaje y comunicación de los niños pequeños, Madrid, TEA, 2005.
MAYOR,A., TUÑAS,A., ZUBIAUS, B., FERNANDEZ AMADO,M.L., y PERALBO, M y otros. LOLEVA:Lenguaje oral y escrito-Evaluación. Madrid:TEA. En prensa
McCARTHY, D.: MSCA. Escalas McCarthy de aptitudes y psicomotricidad para niños, Madrid, TEA, 2006.
MENDOZA, E., y otros: CEG. Test de comprensión de estructuras gramaticales, Madrid, TEA, 2005.
MONFORT, M. y JUAREZ, A.: Registro fonológico inducido, Madrid, CEPE, 1999.
MOOG, J.S. y otros: GAEL-P: Análisis gramatical del lenguaje provocado: nivel preoperacional, Madrid, Ecoda, 1987.
NEWBORG, J. y otros: Inventario de desarrollo BATELLE, Madrid, TEA, 1996.
PEREZ, Mª. I. y LORENZO, Mª. J.: IDAT. Inventario de Desarrollo Atención Temprana, Salamanca, Amarú Ediciones, 2001.
PEREZ,E., LLANO REPISO, C., y VILA VINOS, M.C. TEYL.Test de Escritura y Lectura. Barcelona:Lebon. 2006.
PUYUELO, M. y otros: BLOC: Batería de Lenguaje Objetiva y Criterial, Bacelona, Masson, 2000.
RAMOS, J.L., CUADRADO, I., FERNANDEZ, I.: ELO: Prueba para la evaluación del lenguaje oral. Madrid EOS, 2008.
SECADAS, F.: La escala observacional del desarrollo, Madrid, TEA, 1988.
TAMARIT, J.: Prueba Acacia, Madrid, ALCEI-6, 1994.
TERMAN, L. M. y M
Bibliografía básica e complementariaERRILL, M. A.: Medida de la Inteligencia, Madrid, Espasa-Calpe, 1975.
VALLÉS, A.: PAF. Evaluación de la dislalia. Prueba de articulación de fonemas, Madrid, CEPE, 1990.
CompetenciasCompetencias Xerais: G2 - G3 - G4 - G6 - G10 - G11
G2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente coma en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G3.- Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües.
Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G4.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G6.- Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
G11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias básicas: B1 - B2 - B3 - B4 - B5
B.1.- Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5.- Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas: E4 - E6 - E11 - E44 - E46 - E47 - E50 - E51
E4.- Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
E5.- Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseados na aprendizaxe de competencias.
E6.- Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
E11.- Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
E44.- Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación.
E46.- Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura
E47.- Falar, ler e escribir correcta e axeitadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
E50.- Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas.
E51.- Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
Competencias transversais: T1- T2- T3-T4
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía do proceso de ensino-aprendizaxe diversificarase en tres tipos de traballo que implican sesións de distinta natureza, con grupos de distinta composición de acordo ao seu tamaño e, en consecuencia, ás posibilidades de desenvolver actividades de diferente índole.
a) Sesións expositivas en gran grupo: inclúen clases de natureza explicativa e expositiva, nas cales se facilitarán aos alumnos os conceptos fundamentais dos temas do programa, destacando os aspectos máis relevantes do contido de cada un dos temas. Empregaranse apoios didácticos como presentacións ppt, ou materiais audiovisuais que faciliten o seguimento e a comprensión do contido por parte dos alumnos. O seu fin último é a consecución de ideas e coñecementos básicos que o alumno necesitará para outro tipo de traballos posteriores na materia.
b) Sesións en grupo mediano (grupo interactivo): inclúen sesións de natureza comprensivo-significativa, nas cales se tratará de afondar nos contidos básicos dos temas, impartidos nas clases expositivas, a través de actividades de lectura persoal, reflexión e formulación de dúbidas, ou cuestionamento da información. Por outra parte, utilizaranse estes tempos de sesións con grupos interactivos para organizar e orientar as directrices para a elaboración dos diversos traballos prácticos daqueles temas ou aspectos do temario que o requiran. Tamén se realizarán nestas sesións as presentacións ou exposicións dos traballos en grupo ou individualmente, segundo o indique o profesor para cada traballo. Finalmente, nestas sesións facilitaranse aos alumnos instrucións para o desenvolvemento da competencia informacional, en canto a uso de recursos BUSC (bibliográfico-documentais) ou da plataforma virtual empregada para o desenvolvemento da materia.
c) Sesións en pequeno grupo (grupo de titorías). Organizaranse os alumnos en pequenos grupos a partir dos grupos de traballo establecidos nas sesións interactivas. Nestas sesións realizarase o seguimento e tutorización dos traballos, e estableceranse as pautas de reorientación necesarias para a elaboración oportuna destes. Tratando de reservar as titorías ordinarias para a atención de necesidades individuais.
Sistema de evaluaciónPara obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas.
Os traballos individuais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado supoñerá o suspenso na materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria. Para efectos evaluativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, salvo nas actividades programadas de forma coordinada.
A avaliación da materia inclúe os seguintes aspectos:
1) PROBAS ESPECÍFICAS: Un exame -proba obxectiva- (test e/ou preguntas curtas) que avalía os coñecementos fundamentais da materia, tanto teóricos coma prácticos (mínimo 50% da puntuación final). Os contidos do exame son os relativos aos aspectos desenvolvidos polo profesor nas clases teóricas así como as lecturas incluídas no informe correspondente.
2) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS: a cualificación provirá da avaliación de informes, realización de rexistros, clasificación e análise de probas e
instrumentos, ou outras producións escritos resultantes fundamentalmente do traballo nos seminarios e clases interactivas.
3. EXPOSICIÓNS ORAIS: froito de traballo individual ou en grupo realizarase nalgún momento exposición oral pública dos contidos dalgún dos traballos ou temas considerados na materia, co fin de poder desenvolver e valorar a competencia de comunicación oral nos alumnos.
4. ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN
Controlarase a asistencia nas sesións presenciais, tanto expositivas coma interactivas. O número de faltas de asistencia será unha consideración importante para poder superar a materia.
O alumnado con asistencia entre o 50 e o 80% das sesións presenciais. Non terá puntuación no apartado 4, de participación na aula, tendo que realizar as exposicións que se concreten para poder ter puntuación no apartado de presentacións orais (apartado 3).
O alumnado con asistencia de menos do 50% das sesións presenciais. Poderá acudir ao exame final. As puntuacións dos apartados 2 (informes escritos e outras producións) e 3 (presentacións orais) poderán obterse con traballos voluntarios que se concretarán co alumno antes de que se supere a metade do cuadrimestre.
O alumnado sen asistencia e sen puntuación nos apartados 2, 3 e 4, na primeira convocatoria deberá de falar co docente en horario de titorías e dentro das dúas primeiras semanas do semestre, para concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia. Este alumnado deberá polo menos superar as condicións indicadas no apartado 1 das presentes casuísticas de avaliación. A puntuación máxima que poderá obter nunca poderá superar os 7 puntos.
O alumnado de 2ª ou posteriores convocatorias: Este alumnado deberá polo menos superar as condicións indicadas no apartado 1 das presentes casuísticas de avaliación. Se o alumno ten puntuación/é nos apartados 2, 3 e 4, manteráselle actualizada a devandita puntuación e mesmo poderá realizar os traballos e as lecturas que se lle indiquen para mellorala se a devandita puntuación non alcanza a cualificación máxima.
O alumnado con exención de docencia. O alumnado con exención de docencia deberá informar o docente na mesma semana que solicite a súa exención, co fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliación específica da materia. O tratamento evaluativo vai estar acorde ás características temporais do alumno e en todo caso deberá axustarse como mínimo ao punto 1 do presente apartado.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten un total de 4,5 créditos que se distribuen entre as clases expositivas, as interactivas, as titorías e a avaliación.
Estimación de horas para o traballo do alumno:
Actividades presenciais..........Horas..........Traballo persoal do estudante..........Horas
Clases expositivas...................18..............Estudo................................................40
Clases interactivas..................18..............Elaboración traballos..........................30
Titorías......................................2
Total horas..............................38..............Total horas.........................................70
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase aos alumnos:
1. A organización e secuencialización do traballo segundo os criterios establecidos polo profesor.
2. O mantemento dunha comunicación continuada co profesor que garanta o seguimento oportuno da materia, e a consulta de todas aquelas cuestións que lle poidan formular dúbida ou conflito para a máxima comprensión do contido.
3. A dispoñibilidade dun ordenador con acceso a rede, ou no seu defecto a posibilidade de uso dos ordenadores do centro. Este requisito é indispensable para o seguimento da materia a través da plataforma virtual que se utilizará como recurso didáctico na materia.
4. É imprescindible para o seguimento da materia darse de alta na plataforma virtual que se empregará como recurso didáctico fundamental.
Ademais tamén se poden considerar os seguintes requisitos:
1. Ter superada a materia Dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento, Psicoloxía do desenvolvemento (6-12) e Psicoloxía da Educación, do 1º curso.
2. Asistencia e implicación activa na dinámica de clase.
3. Interese polo estudo da disciplina en relación coa titulación.
4. Dominio básico da lingua inglesa.
5. Posuír competencias informacionales e informáticas básicas.