G3151467 - Habilidades motrices e expresivas en Educación Primaria (Optativo Mención en Educación Física) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| CLE_01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | SI | NON |
| TI-ECTS_01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia habilidades motrices e expresivas pretende dotar ao alumnado dos coñecementos, vivencias, valores e habilidades necesarias para levar ás práctica das habilidades e experiencias motrices, provocando nos alumnos o coñecemento das bases necesarias para o desenvolvemento dunha linguaxe motriz e corporal propios, vehículo de comunicación co contorno e os seus componentes para poder
programar, dirixir e desenvolver actividades físicas no ámbito educativo no marco da Educación Física escolar
Para alcanzar este obxectivo xeral e desenvolver as competencias que se establecen no Plano de Estudos para esta materia proponse os seguintes obxectivos específicos:
• Recoñecer as posibilidades educativas das habilidades motrices específicas individuais e expresivas como aprendizaxes motrices válidas nas sesións de Educación Física para a Educación Primaria.
• Coñecer e comprender a oportunidade pedagóxica da combinación das diferentes das habilidades motrices específicas e expresivas.
• Coñecer, comprender e practicar a metodoloxía axeitada no proceso de ensinanza das habilidades motrices específicas e expresivas, coa finalidade de acadar as estratexias precisas para que o alumnado progrese no proceso de aprendizaxe sen inseguridades e en función das súas posibilidades.
• Ser quen de programar unidades didácticas referidas ás habilidades motrices específicas e expresivas no marco da educación Física da Educación Primaria.
ContidosCONTIDOS TEÓRICOS:
BLOQUE TEMÁTICO I: FUNDAMENTOS DAS HABILIDADES MOTRICES ESPECÍFICAS.O ACROSPORT E ACROXIMNASIA.
Tema 1. Os xiros:
Tema 2: Os equilibrios:
Tema 3: Os apoios invertidos:
Tema 4: Os saltos:
Tema 5: Saltos sobre minitramp
Tema 6: O acrosport.
BLOQUE TEMÁTICO II. ESTRATEXIAS DIDÁCTICAS PARA O ENSINO E APRENDIZAXE DAS HABILIADDES MOTRICES ESPECÍFICAS. ACROSPORT E ACROGIMNASIA.
Tema 7. Metodoloxía: aspectos a ter en conta no proceso de ensinanza-aprendizaxe das habilidades motrices específicas: das formas xogadas ás destrezas.
Tema 8. Medidas xerais de protección e seguridade.
Tema 9. Os métodos da práctica.
BLOQUE TEMÁTICO III. AS POSIBILIDADES EXPRESIVAS DO CORPO: A EXPRESIÓN CORPORAL.
Tema 10. Expresión corporal: conceptualización e principios didácticos e metodolóxicos.
Tema 11. Toma de conciencia do corpo expresivo: zonas e centros corporais, o xesto, a mirada. Propostas didácticas
Tema 12. Exploración expresiva do contorno: o espacio, o tempo, a enerxóia, os boxetos e a música.
Tema 13. Algúns xogos de expresión corporal: o xogo dramático
Bibliografía básica e complementaria• ALVAREZ-NOVOA, C. (1995): “Dramatización. El teatro en el aula”. Octaedro. Barcelona.
• BERGE, Y. (1985): “Vivir tu cuerpo”. Nárcea. Madrid.
• BOSSU, H. (1984): “Expresión corporal: método y práctica” Mártinez Roca. Barcelona.
• DROPSY, J. (1987): “Vivir en su cuerpo. Expresión corporal y relaciones humanas”. Paidós. Barcelona.
• GARCIA RUSO, H.Mª. (1997): “La danza en la educación”. INDE. Barcelona.
• GARCÍA, L. y MOTOS, T. : “Expresión corporal”. Editorial Alhambra.
• ESTAPÉ TOUS, Elisa (2002): La acrobacia en Gimnasia Artística. Su teoría y su práctica. Barcelona, INDE
• GUTIERREZ, Alejandro; ESTAPÉ, Elisa (2001): “Una metodología sencilla para el análisis cinemático en dos dimensiones: desequilibrio y despegue del flic-flac en suelo”, en Apunts de Educación Física y Deportes, nº 65 (53-58).
• MATEU SERRA, M. y otros. (1992): “1000 ejercicios y juegos aplicados a las actividades corporales de expresión” Volúmenes 1 y 2. Paidotribo. Barcelona.
• MOTOS, t. (2002): “Elementos del movimiento expresivo”. Apuntes del VII Simposio Internacional de didáctica da educación física. Escuela de Magisterio. Universidad de Santiago de Compostela. Campus de Lugo. Sin publicar.
• REY, A., y TRIGO, U. (1995): Abriendo líneas de investigación en la creatividad motriz”- Comunicación para el II Congreso de las Ciencias de la Actividad Física y el Deporte. Universidad de Lérida. Sin publicar.
• SÁEZ PASTOR, Francisco (2002): Gimnasia artística.
• SÁNCHEZ, G. (1998): “La expresión corporal en la educación física”. Apuntes del Curso Expresión Corporal. Escuela de Magisterio. Universidad de Santiago de Compostela. Santiago. Sin publicar
• SCHIMCA, M. (1989): “Psicomotricidad, ritmo y expresión corporal”. Escuela Española SA. Madrid.
• SCHIMCA, M. (2000): “Expresión corporal: técnica y expresión del movimiento”. Práxis. Barcelona.
• SEFCHOVICH, G., e WALSBURD, G. (1992): “Expresión corporal y creatividad”. Tillas. México.
• STOKOE, P. (1990): “Expresión corporal. Arte, salud y educación”. Humanitas. Buenos Aires.
• STOKOE, P. e HARF, R, (1992): “La expresión corporal en el jardín de infantes”. Paidós. Barcelona.
• STOKOE, P. e SCHATER, A. (1994): “La expresión corporal”. Paidós. Barcel.
VERNETTA SANTANA; LÓPEZ BEDIYA; PANADERO BAUTISTA (1996): El acrosport en la Escuela. Barcelona, INDE.
• VALÍN, A. (2010): “Expresión corporal: teoría y práctica”. Librerias Deportivas Esteban Sánz. Madrid.
• VICIANA GARÓFANO, V. e ARTEAGA CHECA, M. (1997): "Las actividades coreográficas en la escuela: danzas, bailes, funky, gimnasia-jazz .." Inde Publicaciones. Barcelona
• VIEDMA, José Manuel (2001): Talleres extraescolares de educación física. Sevilla, Wanceulen.
• WICKSTROM, R.L. (1990): Patrones motores básicos. Madrid, Alianza Editorial.
• ZUBIAUR, Marta; GUTIERREZ, Alfonso (2003): “El miedo en el aprendizaje motor”, en Apunts de Educación Física y Deportes, nº 72 (21-26).
CompetenciasCompetencias xerais
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G5. Fomentar la convivencia en el aula y fuera de ella, resolver problemas de disciplina y contribuir a la resolución pacífica de conflictos. Estimular y valorar el esfuerzo, la constancia y la disciplina personal en los estudiantes.
G7.Colaborar cos diferentes sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
Competencias específicas
E58. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde a Educación Física.
E59. Coñecer o currículo escolar da Educación Física.
E60. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fóra da escola.
Competencias básicas
B.2.Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.4. Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado.
Competencias transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
Metodoloxía da ensinanza Tendo en conta as características da materia é necesario desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para iso combinaranse as sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións de laboratorio centradas na aplicación práctica dos coñecementos. As actividades iniciais estarán orientadas a obter información que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes significativas. A metodoloxía docente empregada nas actividades formativas porá máis énfases na aprendizaxe autónoma e significativo do alumno, sen esquecerse que a aprendizaxe é un proceso dependente do ensino. A metodoloxía será activa, colaborativa e participativa axudando ao estudante a recompilar e organizar a información, a formar e construír conceptos, a construír e verificar hipóteses partindo das súas indagacións, a expresar os seus coñecementos e transferir os conceptos dun contexto a outro. En definitiva, estáselle ensinando de xeito activo, colaborativa e participativa a “aprender a aprender”.
Tanto a metodoloxía como todas as actividades enunciadas están, en maior ou menor medida, relacionadas con todas as competencias enunciadas. Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados pola profesora tanto a través da guía docente e materiais en formato impreso como a través da plataforma virtual da USC.
Ademáis, e para una mellor comprensión da materia e a súa implicación na formación integral do alumnado, realizaranse saídas de campo para realizar prácticas específicas de sendeirismo, rutas por baixa e media montaña así coma actividades recreativas acuáticas e acampada
Sistema de evaluación1. Participación no aula: 40% do total da nota. Rexistrarase a asistencia mediante firma en lista que se pasará nas sesións interactivas/laboratorio e saídas de campo.
2. Probas específicas: 40% do total da nota. Exame final na data indicada.
3. Informes escritos e outras producións: 15 % do total da nota. Traballo de grupo final e actividades.
4. Presentacións orais:5% do total da nota. Presentacións orais dos traballos realizados.
Condicións para superar a materia.
A. ASISTENCIA: Como mínimo o alumno/a debe asistir ao 80% das sesións interactivas/laboratorio para poder puntuar neste apartado. Para recibir cualificación neste apartado, ademáis de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante deberá implicarse activamente nas sesións.
B. PUNTUACIÓN MINIMA EN EXAME: Para superar a materia, o alumno/a debe obter un mínimo da metade da cualificación máxima no exame final. É dicir, o exame valorarase sobre 10, de tal xeito que sacar un 10 no exame, significa ter un 4 na nota final da materia, polo que para superar a materia, todo o alumnado debe alcanzar un 4 no exame para que poida sumar coas demais cualificacións( Participación no aula, Informes escritos e outras producións e presentacións orais).
C. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acuda a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia sen puntuar nos apartados anteriores.
D. RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supere a materia no período ordinario, pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
a. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse unicamente ao exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
b. Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se atopa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidese realizar durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
c. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena de curso.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais
- Clases expositivas, debates, prácticas en gran grupo e avaliación: (Total horas: 18)
- Actividades grupo mediano e prácticas específicas: (Total horas: 18)
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: (Total:horas; 2,5)
Tempo de estudo e de traballo persoal
- Actividades en gran grupo: 25 horas.
- Actividades en grupo mediano: 36 horas.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: 13 horas.
Recomendacións para o estudo da materia1. A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
2. É recomendable dispor de computador con conexión a internet e coñecementos de informática a nivel básico de usuario.
3. Mostrar unha actitude activa e participativa nas sesións de ensino aprendizaxe da materia.
ObservaciónsA USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia a clase.
O alumnado que necesite algún tipo de adaptación ou apoio específico por NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só teranse en conta a lestes efectos aqueles casos que sexan valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/