Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151468 - Xogos populares e xogos regulados en Educación Primaria (Optativo Mención en Educación Física) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MIRANDA PENA, MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
TI-ECTS_01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Distinguir e establecer as características concretas e específicas necesarias para a organización e dirección de xogos nos seus diferentes ámbitos de aplicación
    - Seleccionar e secuenciar xogos infantís en función de intereses, necesidades e posibilidades do alumnado ao que van dirixidos.
    - Coñecer e distinguir os recursos que ofrecen estas actividades no campo da recreación e do lecer escolar.
    - Entender e comprender a vinculación que os xogos populares teñen cos intereses culturais e históricos dos pobos e comunidades, os seus desarraigamentos e a susceptibilidade que orixina a súa recuperación na sociedade actual.
    Contidos
    - Tema 1.- Os xogos e deportes populares: introdución, conceptos e clasificacións.
    - Tema 2.- Xogos e deportes de lanzamento, locomoción, loita e forza. Propostas prácticas.
    - Tema 3.- Os xogos regulados antesala ou alternativa ao deporte: definicións e tipos. Propostas prácticas.
    - Tema 4.- A iniciación deportiva na escola: consideracións básicas e propostas metodológicas.
    - Tema 5.- Outros xogos e deportes. Propostas prácticas
    Bibliografía básica e complementaria
    ANTÓN GARCÍA, J.L. (coord..)(1989): “El entrenamiento deportivo en la edad escolar”Unispor Andalucía. Málaga.
    BAYER, C. (1992): “La enseñanza de los juegos deportivos colectivos”. Hispano Europea. Barcelona
    BLANCO-GARCÍA, T. (1993): “Para jugar, como jugábamos”. Diputación de Salamanca. Salamanca.
    BLAZQUEZ, D. (1982): “Iniciación a los deportes de equipo”. Martínez Roca. Barcelona.
    BLÁZQUEZ, D. (1995): “La iniciación deportiva y el deporte escolar”. INDE. Barcelona.
    CAMERINO FOGUET, O. (2000): “Deporte recreativo”. Inde. Barcelona.
    CASTEJÓN OLIVA, F.J. (1995): “Fundamentos de iniciación deportiva y actividades físicas organizadas”. Dykinson. Madrid.
    DEVÍS DEVÍS, J., e PEIRÓ VELERT, C. (1992): “Nuevas perspectivas curriculares en Educación Física: la salud y los juegos modificados”. Inde. Barcelona.
    GRAÇA, A e OLIVEIRA, J. (1994): “O ensino dos jogos desportivos”. Universidad de Oporto. Oporto.
    GRUPPE, O. (1976): “Teoría pedagógica de la Educación Física”. INEF. Madrid.
    HERNÁNDEZ MORENO, J. (1994): “Fundamentos del deporte: análisis de las estructuras del juego deportivo” INDE Publicaciones. Barcelona.
    HERNÁNDEZ MORENO, J. (2000): “La iniciación a los deportes desde su estructura y dinámica” INDE Publicaciones. Barcelona.
    LASIERRA, G. e LAVEGA, P. (1993): “1015 juegos y formas jugadas de iniciación a los deportes de equipo”. Vol. 1, II. Paidotribo. Barcelona .
    PARLEBAS, P. (1988): “Elementos de sociología del deporte”. U.I.O.A, Málaga
    PÉREZ, VWEDWA, R. e TABERNERO BALSA, X.A. )1986): “Xogos populares en Galicia”. Consellería de Turismo, Xuventude e Deporte. La Coruña
    ROMANÍ, A. (1983): “Xogos infantiles de Galicia”. Editorial Follas Novas. Santiago.
    SÁNCHEZ BAÑUELOS, F. (1986): “Bases para una didàctica de la educación física y los deportes” Editorial Gymnos. Madrid
    VARIOS: “El entrenamiento deportivo en la edad escolar” Unisport Andalucía. Málaga 1989
    Competencias
    Deben adquirir as competencias que oficialmente establécense na ficha correspondente á materia:
    - Xerais: G2-G5-G7.
    - Específicas: E56-E59-E60.
    - Básicas: B2-B3.
    - Transversais: T1-T3.
    Metodoloxía da ensinanza
    Será activa, colaborativa e participativa para que axude ao alumnado a recompilar e organizar a información e os seus coñecementos de tal forma que poida transmitir os conceptos dun contexto a outro, fomentando e reforzando unha aprendizaxe significativa.
    A organización das sesións será en función do grupo de clase que se desenvolva e onde a vivencia persoal tanto individual como en grupo será un elemento fundamental para coñecer as particularidades desta materia e a súa posterior aplicación na escola.
    Sistema de evaluación
    O Espazo Europeo de Educación Superior, especifica en normativa que estes estudos teñen carácter presencial e que a asistencia a clase é obligatoria, polo menos a un 80%. Ao ser esta materia dun alto compoñente práctico, esta norma é ineludible e inexcusable.
    Para superar a materia establécese o seguinte baremo:
    - Participación no aula 10%
    - Probas específicas 50%
    - Informes escritos ou outros 30%
    - Presentacións 10%
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais
    - Clases expositivas, debates, prácticas en gran grupo e avaliación: (Total horas: 18)
    - Actividades grupo mediano e prácticas específicas: (Total horas: 18)
    - Actividades en pequeno grupo ou individuais: (Total:horas; 2,5)
    Tempo de estudo e de traballo persoal
    - Actividades en gran grupo: 25 horas.
    - Actividades en grupo mediano: 36 horas.
    - Actividades en pequeno grupo ou individuais: 13 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases expositivas é un nexo de unión fundamental para a parte práctica e interactiva e onde o esforzo individual e en grupo debe ser determinante para acadar o seu coñecemento e o nivel adecuado de aprendizaxe.
    Observacións
    Advírtese que é necesario aprobar a "Proba específica" para poder superar a materia.
    Faise constar que é necesario cumprir coa porcentaxe de asistencia, e que é fundamental nas clases interactivas, imprescindible para poder efectuar os correspondentes informes escritos e cumprir con este apartado da avaliación final.