Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  Información da Materia

G3151469 - Actividades motrices e recreativas na naturaleza (Optativo Mención en Educación Física) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
  • Centro: Facultade de Formación do Profesorado
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
NAVARRO PATON, RUBEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
TI-ECTS_01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Galego


  • Obxectivos da materia
    • Achegar unha visión xeral da importancia e das posibilidades das Actividades Motrices e Recreativas na Natureza como unha parte integrante das actividades físicas, tanto no contexto educativo como no recreativo e deportivo.
    • Preparar aos alumnos dunha forma teórica e práctica nas actividades físico deportivas no medio natural e a súa aplicación nos diferentes ámbitos de intervención.
    • Contribuír a través das Actividades Motrices e Recreativas na Natureza e a educación ambiental á concienciación do alumno sobre a importancia do coñecemento e conservación da natureza e o seu uso racional nos diferentes ámbitos de aplicación.
    • Inculcar en el futuro profesional una mentalidade da seguridade básica para a planificación e desenvolvemento óptimo de calquera intervención nol medio natural.
    • Capacitar al alumno para desenvolver programas de Actividades Motrices e Recreativas na Natureza.
    • Transmitir a inquietude cara a formación continua e investigación nas Actividades Motrices e Recreativas na Natureza

    Contidos

    BLOQUE TEMÁTICO I: FUNDAMENTOS DAS ACTIVIDADES MOTRICES E RECREATIVAS NA NATUREZA.
    Tema 1. Conceptualización e introdución ás actividades motrices e recreativas no medio natural.
    Tema 2. Características das actividades motrices e recreativas no medio natural. As dinámicas de grupos.
    Tema 3. Fundamentos pedagógicos das actividades motrices e recreativas no medio natural. Consideracións didácticas

    BLOQUE TEMÁTICO II. XOGOS, ACTIVIDADES E DEPORTES MOTRICES E RECREATIVOS NA NATUREZA E A súa DIDÁCTICA.
    Tema 4. Técnicas e procedementos para a orientación no medio natural.
    Tema 5. O desprazamento e a permanencia no medio natural.
    Tema 6. Actividades recreativas na natureza.
    6.1. Iniciación ao piragüismo.
    6.2. Iniciación á escalada en rocódromo e en rocha.

    BLOQUE TEMÁTICO III. ASPECTOS PREVENTIVOS E DE SEGURIDADE NA PRÁCTICA DE ACTIVIDADES MOTRICE E RECREATIVAS NO MEDIO NATURAL.
    Tema 7. A importancia dos primeiros auxilios na formación do profesional da educación, a educación física e o deporte.
    Tema 8. O soporte vital básico e a cadea de supervivencia.
    Tema 9. Obstrucción de vía aérea e manobra de Hemlich
    Tema 10. Traslados e inmovilizaciones.
    Bibliografía básica e complementaria
    • CASTERAD, J.; GUILLÉN, R. Y LAPETRA, S. (1995). Una propuesta Curricular de Actividades Físicas en la Naturaleza para la Educación Primaria. Actas del II Congreso nacional de EF de Facultades de Educación y XII de E.U. de Magisterio. Zaragoza y Jaca. 153-158.
    • GARCÍA, MARTÍNEZ, PARRA, QUINTANA Y ROVIRA (2005). Actividad Física en el medio natural para Primaria y Secundaria. Editorial Wanceulen.
    • GUILLÉN, R.; LAPETRA, S.; CASTERAD, J.; (2000). Actividades en la naturaleza. Editorial Inde. Barcelona.
    • PINOS QUÍLEZ, M.; (1997). Actividades fisico- deportivas en la naturaleza. Ed. Gymnos. Madrid.
    • FARIAS, E. y TORREBADELLA, X (1995) Hacia una metodología de análisis de los espacios deportivos naturales susceptibles a la práctica de actividades físicas de aventura en la naturaleza.
    • COLORADO, J. (2000): Trekking. Tu primer viaje a otro mundo. Grandes Espacios, 45, pp. 26-34.
    • COLORADO,J. (2001): Montañismo y trekking, Desnivel, Madrid.
    • CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL Y TURISMO. Decreto 116/1999, de 23 de abril, por el que se regula la actuación de las empresas turismo activo. Doga 6/5/99.
    • ELZIERE,C.(1999): Caminar por la montaña, Desnivel, Madrid
    • EUROPEAN RESUSCITATION COUNCIL– ERC (2010): Guidelines for Resuscitation 2010. Resuscitation 81 (2010) 1219-1276.
    • GARCIA, J.L.; NAVARRO, R. (2011): Primeros auxilios para el camino. En Preparación Psicofisiológica para largas marchas. Re-corriendo el Camino de Santiago (pp 155-168). Miami. EEUU. Interamerican Academy of Applied Cognitive Neuroscience.
    • GARCIA, J.L.; NAVARRO, R.; BORES, A. y BARCALA, R. (2011): Conceptos básicos sobre anatomía de actividad física y el deporte. En Arufe, V.; Lera, A.;Varela, L.; Fraguela, R. (Eds.). La mención de Educación Física el Grado en Educación Primaria. (pp 201- 246). La coruña. Sportis formación deportiva.
    • GARCIA, J.L.; OLEAGORDIA, A.; AGRASAR, C.; SANMARTIN, M.; MARTINEZ, P. y BARCALA, R. (2003): Primeros Auxilios y conceptos básicos de Anatomía y Fisiología. A Coruña: Xaniño Editorial.
    • GUILLEN, R; LAPETRA, S. y CASTERAD, J. (2000): Actividades en la naturaleza, Inde, Barcelona.
    • KRONLUND, M. (1991): Carrera de orientación: Técnica, táctica y estrategia, Martin H.A. Kronlund, Madrid.
    • MURCIA, M. (1996): Prevención, seguridad y autorrescate, Desnivel, Madrid.
    • MARTÍNEZ, E. y ÁLVARO, S. (2002): El sentimiento de la montaña, Desnivel, Madrid.
    • MUGARRA,A. (2000): Sin dejar huella, Desnivel, Madrid.
    • PERARD, W. y ZANETELLO, T. (1998): Orientación, Grijalbo, Barcelona.
    • QUEROL, S. y MARCO, J. (1998): Créditos variables de actividades en la naturaleza, Paidotribo, Barcelona.
    • REGUERO, M. (1994): Ecoturismo. Bosch. Barcelona.
    • SAMSÓ, X. (2001): Equipos de protección individual, en EEAM, Seminario sobre seguridad en montaña, EEAM, Benasque, pp. 11-23.
    • VÁZQUEZ, G. (2001): Equipo y material, en EEAM, Cursos de técnicos deportivos 2001, EEAM, Benasque, pp. 7-14.
    • VV.AA.(1997): Geografía del turismo. Síntesis. Madrid.
    • VV.AA.(1999): 50 Años del turismo español. Centro de estudios Ramón Araces. Madrid.
    • V.V.A.A.(2002): Enciclopedia del turismo. Síntesis. Madrid.
    • V.V.A.A. (2001): Deporte y naturaleza, Talasa, Madrid.
    • VV.AA.(1998): La montaña. Métodos de orientación, Alpina, Barcelona
    • WINTER, S.(2000): Escalada deportiva con niños y adolescentes. Desnivel. Madrid.
    • ZUANON, J.P. (2000): Deportes de nieve, Desnivel, Madrid..

    Competencias
    Competencias xerais

    G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    G7. Colaborar cos diferentes sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
    G9. Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.

    Competencias específicas

    E58. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde a Educación Física.
    E59. Coñecer o currículo escolar da Educación Física.
    E60. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fóra da escola.



    Competencias básicas
    B.2.Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.

    B.3.Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.


    Competencias transversais
    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    T.4.- Competencia informacional.

    Metodoloxía da ensinanza
    Tendo en conta as características da materia é necesario desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para iso combinaranse as sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións de laboratorio centradas na aplicación práctica dos coñecementos. As actividades iniciais estarán orientadas a obter información que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes significativas. A metodoloxía docente empregada nas actividades formativas porá máis énfases na aprendizaxe autónoma e significativo do alumno, sen esquecerse que a aprendizaxe é un proceso dependente do ensino. A metodoloxía será activa, colaborativa e participativa axudando ao estudante a recompilar e organizar a información, a formar e construír conceptos, a construír e verificar hipóteses partindo das súas indagacións, a expresar os seus coñecementos e transferir os conceptos dun contexto a outro. En definitiva, estáselle ensinando de xeito activo, colaborativa e participativa a “aprender a aprender”.

    Tanto a metodoloxía como todas as actividades enunciadas están, en maior ou menor medida, relacionadas con todas as competencias enunciadas. Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.

    Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
    Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados pola profesora tanto a través da guía docente e materiais en formato impreso como a través da plataforma virtual da USC.
    Ademáis, e para una mellor comprensión da materia e a súa implicación na formación integral do alumnado, realizaranse saídas de campo para realizar prácticas específicas de sendeirismo, rutas por baixa e media montaña así coma actividades recreativas acuáticas e acampada

    Sistema de evaluación
    1. Participación no aula: 40% do total da nota. Rexistrarase a asistencia mediante firma en lista que se pasará nas sesións interactivas/laboratorio e saídas de campo.
    2. Probas específicas: 40% do total da nota. Exame final na data indicada.
    3. Informes escritos e outras producións: 15 % do total da nota. Traballo de grupo final e actividades.
    4. Presentacións orais:5% do total da nota. Presentacións orais dos traballos realizados.

    Condicións para superar a materia.

    A. ASISTENCIA: Como mínimo o alumno/a debe asistir ao 80% das sesións interactivas/laboratorio para poder puntuar neste apartado. Para recibir cualificación neste apartado, ademáis de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante deberá implicarse activamente nas sesións.

    B. PUNTUACIÓN MINIMA EN EXAME: Para superar a materia, o alumno/a debe obter un mínimo da metade da cualificación máxima no exame final. É dicir, o exame valorarase sobre 10, de tal xeito que sacar un 10 no exame, significa ter un 4 na nota final da materia, polo que para superar a materia, todo o alumnado debe alcanzar un 4 no exame para que poida sumar coas demais cualificacións( Participación no aula, Informes escritos e outras producións e presentacións orais).

    C. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acuda a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia sen puntuar nos apartados anteriores.


    D. RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supere a materia no período ordinario, pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
    a. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse unicamente ao exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
    b. Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se atopa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidese realizar durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
    c. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena de curso.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    .
    Recomendacións para o estudo da materia
    1. A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
    2. É recomendable dispor de computador con conexión a internet e coñecementos de informática a nivel básico de usuario.
    3. Mostrar unha actitude activa e participativa nas sesións de ensino aprendizaxe da materia.

    Observacións
    A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
    Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia a clase.

    O alumnado que necesite algún tipo de adaptación ou apoio específico por NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só teranse en conta a lestes efectos aqueles casos que sexan valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
    URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/