G3151470 - Educación física inclusiva (Optativo Mención en Educación Física) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
- Centro: Facultade de Formación do Profesorado
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| CLE_01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | SI | NON |
| TI-ECTS_01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia Conceptualizar significativamente terminoloxía relacionada cos contidos da materia.
Coñecer como as patoloxías que provocan diversidade funcional sensorial, motriz e/ou postural no alumnado de Primaria, poden modificar as capacidades perceptivas, de execución e socialización deste alumnado.
Como futuras e futuros docentes de educación física, dar respostas axeitadas ás posibilidades e necesidades motrices, afectivas e de socialización do alumnado con diversidade funcional.
Coñecer as enfermidades crónicas habituais que padece a infancia. Comprender e analizar as posibles respostas fisiolóxicas do organismo deste alumnado ante situacións de movemento e/ou esforzo.
Adaptar as sesións de educación física de xeito que contribúan a favorecer un desenvolvemento global e equilibrado de todo o alumnado.
Tomar conciencia das posibilidades educativas da cooperación e da competición como estratexias para o desenvolvemento global do alumnado.
Expresarse oralmente en galego, de xeito que a mensaxe sexa clara, coherente e convincente.
Recoñecer e empregar a linguaxe non verbal como un reforzo á comunicación verbal, evitando que aquela contradiga a mensaxe enviada coa palabra.
ContidosAs actitudes ante a diversidade. Toma de conciencia e estratexias para o cambio.
Os factores que condicionan a execución motriz no alumnado de educación primaria.
As posibilidades e necesidades perceptivas, motrices, afectivas e de socialización do alumnado con diversidade funcional.
A adquisición de hábitos e estilos de vida saudables mediante a práctica de actividade física en función das características do alumnado:
• Efectos do exercicio no alumnado con enfermidades crónicas: asma, cardiopatías, anemias, hemofilia, diabetes, nefropatía, epilepsia.
• A autonomía e a autoestima a través do coñecemento, o desenvolvemento motriz e o coidado do propio corpo.
Estratexias para a inclusión: adaptacións, reforzos educativos e traballos por proxectos.
• Criterios didácticos para a adaptación das sesións.
• Propostas didácticas para construír unha educación física intercultural.
• As posibilidades educativas da cooperación e da competición como ferramentas para a participación de todo o alumnado nas sesión de educación física.
Sesións prácticas: prácticas de ensinanza referidas aos contidos teóricos da materia.
Bibliografía básica e complementariaAIXLINE, V.(1984): Terapia de juego. México D.F., Diana.
ALMONACID; CARRASCO (1989): El juego en los niños ciegos y deficientes visuales. Madrid, ONCE.
ALLAUX, J.P. (1983): Enseñemos a respirar a nuestros hijos. Bilbao, Mensajero.
ARRÁEZ, Juán Miguel (1998): Teoría y práxis de las adaptaciones curriculares en educación física. Málaga, Aljibe.
ARRÁEZ, Juán Miguel (1998): Motricidad, autoconcepto e integración de los niños ciegos. Granada, Universidad de Granada.
ARRÁEZ, Juán Miguel (2000): ¿Puedo jugar yo?. El juego modificado. Propuestas para la integración de niños y niñas con necesidades educativas especiales. Proyecto Sur de Ediciones. S.L.
BOTELLA AMENGUAL, Elena (1992): L’esport i la parálisi cerebral. Barcelona, Generalitat de Catalunya, Departament de Benestar Social.
CALLABED, Joaquín; COMELLAS, María Jesús; MARDOMINGO, María Jesús (1997): Las enfermedades psicosomáticas y su relación con la familia y la escuela. Barcelona, Laertes.
CAMPAGNOLLE, S.H. (1998): La silla de ruedas y la actividad física. Barcelona, Paidotribo.
CASTILLO, Tomás (2007): Déjame intentarlo. La discapacidad: hacia una visión creativa de las limitaciones humanas.
CONDE CÁVEDA; VÍCIANA GARÓFANO (1997): Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Málaga, Aljibe.
GAREL, Jean-Pierre (dir.) (2007): Educación física y discapacidades motrices. Barcelona, INDE
GIL VERONA, J.A. (1999): Problemas médicos en la escuela y su entorno. Madrid, Médica Panamericana.
GONZÁLEZ MANJÓN (1993): Adaptaciones curriculares. Guía para su elaboración. Málaga, Aljibe.
HERNÁNDEZ, J.; HOSPITAL, V.; LÓPEZ, C (1997): Educación física, Deporte y Atención a la diversidad. Málaga, Instituto del deporte andaluz.
LEWIS, V.(1991): Desarrollo y déficit. Ceguera, sordera, déficit motor, síndrome de Down, autismo. Barcelona, Paidós.
LINARES, Pedro(1993): Fundamentos psicoevolutivos de la educación física especial. Granada, Universidad de Granada.
LLORCA, Miguel; SÁNCHEZ, Josefina (2003): Psicomotricidad y necesidades educativas especiales. Málaga, Aljibe.
RÍOS HERNÁNDEZ, Mercedes(1998): El juego y los alumnos con discapacidad. Barcelona, Paidotribo.
RODRÍGUEZ MÁRQUEZ (1994): Tú puedes. La azarosa historia de los minusválidos en el deporte. Morata.
SERRA, Màrius (2008): Quieto. Barcelona, Empúries.
TOLEDO GONZÁLEZ (1983): Juntemos es sol. Estrategias para la defensa de la persona con discapacidad. Polibea.
TOLEDO GONZÁLEZ (1998): La parálisis cerebral. Mito y realidad. Universidad de Sevilla.
TORO BUENO, S. (1994): Deficiencia visual: aspectos psicoevolutivos y educativos. Málaga, Aljibe.
TORO BUENO, S. (1995): Educación física para niños y niñas con necesidades educativas especiales. Malaga, Aljibe.
TOUTAT, Jean (1991): Esos niños especiales. La respuesta del amor. Madrid, Rialp.
VERDUGO, M.A. (1995): Personas con discapacidad. Perspectivas psicopedagógicas y rehabilitadoras. Madrid, Siglo XXI.
VERDUGO, M.A. y cols.(1994): Actitudes hacia las personas con minusvalía. Madrid, INSERSO.
ZAMBRANA, J.M., (1986): La educación física y los disminuidos psíquicos. Madrid, Alhambra.
ZAUNER, R. (1991): Tratamiento natural de los dolores de espalda. Barcelona. Integral.
CompetenciasXerais:
G.4. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G15. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos e que conformen os valores da formación cidadá.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónomo e cooperativo e promovelo entre o estudantado.
Específicas:
E6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
E15 Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
E58 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social dende a educación física.
E60 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fóra da escola.
Básicas:
B.2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Transversais:
T.1 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza As actividades de gran grupo terán unha orientación formativa e nelas desenvolveranse os contidos da materia que supoñen unha maior complexidade para o alumnado. Estas bases teóricas abordaranse partindo sempre do convencemento de que o alumnado adquiriu convenientemente as aprendizaxes das materias obrigatorias vinculadas á mención. A aclaración de conceptos, a presentación do glosario da materia e a interrelación de contidos novidosos cos xa adquiridos, contribuirán a favorecer as aprendizaxes.
A docente empregará varias técnicas expositivas e, nalgunhas ocasións o estudantado realizará determinados exercicios referidos aos contidos tratados.
As actividades en grupo mediano centraranse nas sesións prácticas específicas da materia, a análise reflexivo das mesmas, os debates sobre as citadas propostas, o estudo de casos e análise de documentos de texto e/ou audiovisuais, e a toma de conciencia das propias actitudes cara á diversidade. Estas sesións buscarán, a partir da propia experiencia e análise reflexivo da mesma, reforzar os contidos teóricos e, simultaneamente, mellorar o autocoñecemneto e o respecto á diversidade humana.
As sesións de titoría estarán orientadas tanto cara á atención e supervisión dos grupos de traballo –dúbidas, recursos, problemas de relación e traballo en equipo–, como ao alumnado de xeito individual.
Coa finalidade de contribuír que o alumnado –futuras mestras e mestres– sexa capaz de empregar competentemente a lingua galega, tanto na comunicación oral como escrita, a materia desenvolverase en galego e o alumnado deberá realizar os traballos e resto de dinámicas avaliables nesta lingua.
Sistema de evaluaciónParticipación nas sesións prácticas: 30% da nota final. O alumnado deberá ter asistido como mínimo ao 80% das sesións prácticas e implicarse activamente nelas para poder ter cualificación neste apartado e superar a materia na 1ª oportunidade. Controlarase a asistencia.
(Competencias que se pretende avaliar: G4, G15, G10, E6, E15, E58, E60, B2, B4, T1, T3)
Probas específicas: 40% da nota final. Haberá unha proba final obrigatoria para todo o alumnado.
(Competencias que se pretende avaliar: G4, G15, G10, E6, E15, E58, E60, B2, B4, T1, T3.
Informes escritos e outras producións: 20% da nota final. Consistirán en informes realizados a partir do traballado nas sesións prácticas –a docente concretará no seu momento os criterios para a elaboracións dos mesmos–, e un traballo en grupo sobre unha temática da materia –que será detallado na guía docente da materia ou programa ampliado, conxuntamente coa data de entrega–.
(Competencias que se pretende avaliar: G4, G15, G10, E6, E15, E58, E60, B2, B4, T1, T3)
Presentacións orais: 10% da nota final. Que consistirán en exposicións sobre os traballos de grupo, en presentacións e dirección de sesións prácticas, en debates sobre os casos estudados, etc. Nos traballos de grupo só serán avaliadas no apartado de presentacións orais as persoas que leven a cabo a exposición.
(Competencias que se pretende avaliar: G4, G15, G10, E6, E15, E58, E60, B2, B4, T1, T3)
Para aprobar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10), sumando as valoracións dos catro apartados, e ter superado a proba específica.
O alumnado que non supere a materia na 1ª oportunidade –xaneiro– pode atoparse nunha das seguintes circunstancias
• Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións interactivas ou prácticas e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, presentarase ao exame da 2ª oportunidade, en xullo, e manteránselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
• Se no período ordinario non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba específica de xullo que o alumnado que se atopa no caso anterior, pero a súa cualificación será de 7 puntos como máximo e deberá obter un mínimo de 5 puntos para superala. Neste caso non se terán en conta as cualificacións de traballos que entregara previamente, nin se admitirán outro tipo de traballos.
O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) poderá:
• Optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario dende inicios do semestre e, neste caso, acadará novas cualificacións nos diversos apartados de avaliación.
• Optar por non participar da actividade ordinaria da materia, neste caso manteránselle as cualificacións obtidas no curso anterior, podendo mellorar só aquelas referidas a informes ou producións individuais –estes traballos serán entregados como data límite o día da proba final–, ademais terá que presentarse de novo á proba específica.
Todo o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto coa docente (empregando o horario de titorías) nas primeiras semanas de semestre, para concretar o seguimento da materia.
No caso do alumnado con dispensa de docencia teórica (exención parcial), este deberá pasar a falar coa docente necesariamente na mesma semana na que solicita a exención, para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é preciso, acordar as adaptacións avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
Este mesmo criterio se seguirá co alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sempre que a súa situación estea xustificada.
Tempo de estudo e traballo persoal122,5 horas totais (38,5 presenciais e 74 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
- Actividades expositivas en grupo grande: 18 horas presenciais e 25 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 18 horas presenciais e 36 de traballo autónomo.
- Actividades titoriais en pequeno grupo: 2,5 horas presenciais e 13 de traballo autónomo.
Recomendacións para o estudo da materia- Entrega da ficha persoal á docente durante os primeiros días de curso.
- Asistencia continuada ás sesións prácticas e expositivas, e participación activa nelas.
- Realización dos traballos e actividades programadas.
- Adquisición na fotocopiadora do centro do programa ampliado ou guía docente que a profesora deixará a inicios de semestre. Nese documento detallaranse os aspectos referentes ao desenvolvemento da materia.
-Nos traballos e documentos que o alumnado presente, seguiranse as seguintes normas:
• Todos os traballos da materia se escribirán en galego e, previamente á entrega, se pasará o corrector pertinente. Con isto se busca desenvolver a competencia comunicativa escrita nesta lingua.
• Se empregará unha linguaxe non sexista que consistirá na utilización de xenéricos reais ou no nomeamento explícito dos dous xéneros lingüísticos. Visibilizando a presenza das mulleres sempre que esa sexa a realidade presentada nos textos ou na fala.
• Non se empregará ningún tipo de plastificado. Reducindo o petróleo necesario para a elaboración do citado material.
• Sempre que sexa posible se imprimarán as follas polas dúas caras. Reducindo o uso de papel.
• Se limitará o uso das “negriñas” e maiúsculas. Reducindo o gasto de tinta ou tóner.
ObservaciónsA USC é unha universidade presencial, polo que é preceptiva a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de aula. As adaptacións desta norma xeral a casos específicos exporanse na guía docente da materia; pero sempre se buscará garantir a equidade na avaliación e a igualdade de oportunidades entre todo o alumnado.
En tales circunstancias, o alumnado non asistente habitual deberá respectar as datas establecidas de entrega de traballos, sendo tamén recomendábel que manteña contacto co docente a través das titorías para asegurar o axeitado progreso na materia e a superación dos seus obxectivos de aprendizaxe.