Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  PROGRAMA DE MOBILIDADE POR CONVENIO BILATERAL

PROGRAMA DE MOBILIDADE POR CONVENIO BILATERAL

Martes, 10 de setembro de 2013

Vense de publicar a 1ª convocatoria do Programa de Mobilidade por Convenio Bilateral para estudantes de grao, másteres ou antigas licenciaturas da USC cara a países extracomunitarios, semestre xaneiro-xullo 2014, con prazo de presentación de solicitudes ata o 30 de setembro.

Esta convocatoria presenta 2 particularidades:

1) que funde nunha as anteriores convocatorias de América Latina e países de fala inglesa;

2) que o período básico da mobilidade é agora o semestre, con posibilidade de renovación por un semestre máis, o que lle permite ao alumnado adaptarse aos distintos calendarios académicos (febreiro-xullo e agosto-xaneiro).

Podedes consultar toda a información sobre esta convocatoria en:

http://www.usc.es/gl/perfis/internacional/programas/convenio_bilateral/estudantes_outgoing.html