Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS DURANTE O CURSO 2013/14 NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS DURANTE O CURSO 2013/14 NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

Venres, 27 de setembro de 2013

No Diario Oficial de Galicia do 27 de setembro de 2013 publicouse a Orde do 19 de setembro de 2013 pola que se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de estudos universitarios durante o curso 2013/14 nas universidades do Sistema universitario de Galicia e se establecen as bases reguladoras.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Polo tanto, neste caso o prazo de presentación de solicitudes remata o día 28 de outubro de 2013.

Ligazón á disposición da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130927/AnuncioG0164-200913-0003_gl.pdf