Venres, 04 de outubro de 2013
O Diario Oficial de Galicia do 4 de outubro de 2013 publica a Orde do 24 de setembro de 2013 pola que se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para estudos universitrarios conducentes á obtención do título oficial de máster universitario, destinadas a titulados universitarios en situación laboral de desemprego, para o curso 2013/14, e se establecen as bases reguladoras.
Poderán solicitar esta axuda os titulados que se atopen en situación labral de desemprego e estean inscritos como demandantes de emprego, matriculados no curso 2013/14 nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo en estudos universitarios conducentes á obtención dun título oficial de máster universitario dos relacionados no anexo II da Orde. Entre estes estudos figura o Máster en Dirección de actividades educativas na natureza que se imparte nesta Facultade.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Polo tanto, o día final do prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Ofical de Galicia, é dicir, o 4 de novembro de 2013.
Ligazón á Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131004/AnuncioG0164-260913-0003_gl.pdf