Mércores, 17 de abril de 2013
Os Premios á calidade lingüística tratan de fomentar unha cultura de calidade entre o alumnado ligada ao uso do galego. Con este obxectivo, a USC premia os mellores traballos académicos do curso, de fin de grao (TFG) ou proxectos de fin de carreira (PFC), así como traballos de fin de mestrado (TFM) escritos en galego. Estes premios contan co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Toda a información na seguinte ligazón: http://www.usc.es/gl/servizos/snl/dinamizacion/calidade.html
Prazos de presentación dos traballos:
- Traballos académicos de curso: ata o 21 de xuño (ampliado)
- Traballos de fin de grao (TFG) e proxectos de fin de carreira (PFC): ata o 25 de setembro
- Traballos de fin de mestrado (TFM): ata o 4 de outubro