Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  CONVOCATORIA DE APOIO TITORIAL EXTRAORDINARIO 2013/2014

CONVOCATORIA DE APOIO TITORIAL EXTRAORDINARIO 2013/2014

Xoves, 05 de setembro de 2013

Poderá solicitar apoio titorial extraordinario o alumnado matriculado en calquera titulación oficial da USC que reúna os seguintes requisitos:

a) Que as materias pendentes para rematar a titulación non sumen máis de 18 créditos. Deberá ter esgotadas polo menos dúas convocatorias en cada unha das materias. Só se poderá solicitar o apoio titorial extrarodinario para un máximo de 18 créditos en cada titulación.

b) Que teña unha soa materia pendente, aínda que non teña esgotada ningunha convocatoria. Neste cómputo exclúense as materias tipo Traballo Fin de Grao, Prácticas Externas, Proxecto Fin de Carreira, Prácticum, etc.

O prazo de solicitude será dende o 31 de xullo ata 10 de outubro de 2013, no primeiro período, e dende o 28 de xaneiro ata o 14 de marzo de 2014, no segundo período, coa finalización do prazo de modificación da matrícula de materias do segundo cuadrimestre do curso 2013/14. No segundo período o apoio titorial poderá solicitarse para materias do segundo cuadrimestre e para as materias anuais.

Os impresos de solicitude, dirixidos aos directores de departamento responsables das materias, estarán a disposición do alumnado nos centros nos que se imparte a titulación e nas Unidades de Xestión Académica. As solicitudes deberán facese chegar aos departamentos.

Arquivos adxuntos:

  • [pdf - 1364Kb]