Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  INAUGURACIÓN DO MÁSTER DAEN 2013-14

INAUGURACIÓN DO MÁSTER DAEN 2013-14

Luns, 23 de setembro de 2013

O xoves 26 de setembro, ás 17:00 horas, no Salón de Actos da Facultade terá lugar o acto académico de inauguración da edición do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza correspondente ao curso 2013-2014.

O acto estará presidido polo Sr. Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo e contará coa presenza dunha representación da Deputación Provincial de Lugo, do Coordinador do Máster e do Decano da Facultade.

Despois da apertura, o profesor Antonio Rigueiro, catedrático do Departamento de Produción Vexetal da Escola Politécnica Superior, impartirá a conferencia "Soutos e bosques de ribeira: ecosistema en perigo en Galicia".