Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Formación do Profesorado  »  EXPOSICIÓNS

EXPOSICIÓNS

Mércores, 08 de maio de 2013

Carlos Valcárcel: Fotografías (1962-2002)

Exposición doada polo autor á USC. Atópase instalada de xeito permanente no segundo andar da Facultade.

 

Woman Emprende

Exposición itinerante organizada por Uniemprende e dedicada ao emprendemento feminino. Consta de catro paneis: 1) Emprender, unha actitude ante a vida; 2) Dos soños á realidade; 3) Tantas mulleres..., tantas emprendedoras; 4) Que inventen elas! Atópase no vestíbulo dereito de entrada á Facultade.

 

O pobo xitano en Lugo

Exposición organizada pola Asociación de Promoción e Integración Gitana en Lugo, coincidindo cos cursos sobre intervención social e educativa en relación co colectivo xitano. Consta de 20 paneis referidos a distintos aspectos da vida deste colectivo en Lugo: a orixe, primeiras familias xitanas, a escola, talleres, demografía, vivenda, celebracións, etc. Atópase nos corredores de acceso ao Salón de Actos.