Luns, 30 de setembro de 2013
O Diario Oficial de Galicia do 30 de setembro de 2013 publica a Orde do 19 de setembro de 2013 pola que se resolve a concesión de premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2012 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Entre os premiados figuran dúas antigas alumnas desta Facultade: Marta Álvarez Fernández (Mestra, especialidade de Educación Física) e Lucía Dariba Rodríguez (Mestra, especialidade de Educación Primaria). Ademais, Lucía Darriba obtivo o premio presentando o mellor expediente académico de Galicia, cunha nota media de 9,32. Parabéns!
Ligazón á Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130930/AnuncioG0164-200913-0004_gl.pdf
Ligazón á entrevista realizada por V Televisión:
http://www.vtelevision.es/informativosv/2013/10/04/0031_26_189878.htm