
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Formación do Profesorado
Avda. de Ramón Ferreiro, s/n.
27071
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 245/2011 do 15 de decembro (DOG do 03/01/2012)
Data de publicación no BOE: sen publicar
Data da última acreditación: 24/02/2012
Responsable do título:
Coordinador do título: OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Os obxectivos xerais que se perseguen con este máster sintetízanse nas seguintes metas a alcanzar:
a) Capacitar a educadores e profesores na alta dirección pedagóxica de actividades relacionadas co tempo de lecer, o aire libre e o contacto coa natureza.
b) Mostrar a estes educadores os valores educativos das actividades na natureza e xerar actitudes educativas no traballo que desenvolven.
c) Exercitar ao alumnado na organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas básicas na natureza e ao aire libre.
d) Desenvolver calidades humanas para a dirección pedagóxica de actividades de lecer e tempo libre en contornas naturais.
e) Aplicar o conxunto destas aprendizaxes nun proxecto posible e sostible nunha contorna real.
COMPETENCIAS XERAIS:
1.- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
2.- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
3.- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro, sen ambigüidades e os requisitos esixibles a todo traballo científico.
4.- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1.- Que os estudantes sexan capaces de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornas naturais, en concreto saberá deseñar unha actividade educativa orixinal sobre unha contorna natural previamente elixida.
2.- Que os estudantes sexan capaces de coordinar e dirixir organizacións relacionadas coa educación en contornas naturais.
3.- Que os estudantes sexan capaces de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
4.- Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
5.- Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primixenios.
6.- Que os estudantes teñan coñecementos integrais sobre o que é un medio natural.
7.-Que os estudantes adquiran habilidades para a xestión, a toma de decisións e a resolución de conflitos e imprevistos que se poidan presentar na organización e desenvolvemento de actividades.
8.- Que os estudantes sexan capaces de colaborar e traballar en equipo con outros profesionais e desenvolver a capacidade de intercomunicación.
Este título atende a unha demanda crecente na sociedade actual, que necesita de persoas expertas e con formación intelectual para atender as accións educativas que con cada vez maior expansión se realizan en contornas naturais, e que son promovidas tanto desde o ámbito da educación formal como non formal.
Debido á extraordinaria expansión de todo tipo de institucións que teñen como obxectivo a realización de actividades recreativas ou educadoras na naturaza como as granxas escola, as aulas da naturaza, os clubs de deportes límite, trazado de carreiros, actividades con persoas discapacitadas, turismo rural, protección de paisaxes, xestión ambiental, etc., así como as máis clásicas que implican actividades con escolares, ábrese un conxunto de tarefas humanas neste campo que desbordan as actividades clásicas dos clubs de montaña e organizacións escultistas que, ata entón, eran os activistas máis entusiastas visitantes das contornas naturais.
Este máster está dirixido a todos aqueles educadores tanto do ámbito da educación formal como da educación non formal que asumen tarefas de dirección pedagóxica na organización de actividades de lecer e tempo libre na natureza, e que traballan fóra da contorna escolar e familiar. A meta do curso é dotar dunha formación pedagóxica específica aos profesores que traballan estes aspectos no sistema educativo, aos educadores, dirixentes e xestores das asociacións xuvenís ou deportivas, aulas da natureza e outras institucións de educación non formal que organizan actividades reguladas en contornas naturais, e que xa posúen unha titulación universitaria xeneral, pero que carecen do marco epistemolóxico e teórico que pode ofrecer unha formación específica e integral reunida no conxunto de estudos que compón este proxecto.
Créditos totais: 60.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 24
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións preferentes:
1. Diplomado/graduado Mestre (todos os Títulos) (18 prazas)
1. Grado/Diplomado en Educación Social
1.Licenciado/graduado en Pedagoxía e Psicopedagoxía
1• Grado/Licenciado en Bioloxía
1• Grado/Licenciado en Actividad Física e Deporte
1. Master en Educación Secundaria
1. Grado/Licenciado en Veterinaria
1. Enxeñeiro Agrónomo ou de Montes
1 . Diplomado/Graduado en Turismo ou CC. Empresariais
1.• Licenciado/ Grado en Xeografía
2• Enxeñeiro Técnico Forestal ou Agrícola
2• Licenciado en Humanidades
2 - Enxeñeiro Técnico en Obras Públicas ou Topografía
3.Outros titulados en CC. Sociais
3. Outras titulacións en CC. da Saúde
3. Outras titulacións en Ciencias
3- Outras titulacións en Humanidades
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3281101 | A natureza como medio educador | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3281102 | Ética e natureza | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3281103 | Historia ambiental | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3281104 | Música e natureza | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3281105 | A artes plásticas e a natureza | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3281201 | Linguaxe e expresión poética da natureza | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3281202 | A natureza na literatura | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3281106 | Ecosistema e biodiversidade | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3281107 | Coñecemento xeográfico do medio natural | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3281108 | Natureza, paisaxe e arquitectura rural | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3281109 | Dirección de grupos e resolución de conflitos | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3281110 | Equipamentos e organización de actividades | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3281111 | Lexislación e xestión económica | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3281112 | Bases e recursos para o desenvolvemento da Educación Ambiental | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3281113 | Deseño e organización de actividades motrices ao aire libre | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3281114 | O excursionismo e a vida ao aire libre: fundamentos e modelos | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3281203 | Recursos para actividades motrices para persoas con diversidade funcional | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3281204 | Recursos para actividades de Ciencias da Vida e a Terra con escolares | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3281115 | Practicum | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3281116 | Traballo fin de Máster | 6.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable